Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de maio de 2016

O alcalde expresa "o compromiso do Goberno local coa lingua galega e coa difusión e promoción da obra de Manuel María"

Xulio Ferreiro participou na apertura oficial da mostra expositiva itinerante sobre o autor ao que este ano están adicadas as Letras Galegas

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou hoxe no acto oficial de apertura da mostra expositiva itinerante Manuel María. Beleza, Amor e Compromiso (1924-2004), que poderá visitarse na Biblioteca Pública da Coruña ‘Miguel González Garcés’ dende hoxe e até o 14 de maio. Na inauguración da mostra, deseñada pola propia Casa Museo Manuel María --que percorrerá até decembro as catro provincias galegas pasando tamén por Outeiro de Rei, Compostela, Vilalba, Monforte de Lemos, Marín, Celanova, Noia, Vigo, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra-- o primeiro edil coruñés salientou o “compromiso inquebrantable do autor coa lingua galega”. “Nós temos que continuar con ese compromiso cara ao noso idioma, igual que debemos difundir a súa obra e a súa memoria”, afirmou o rexedor.

Ferreiro, nun acto no que estaban presentes o conselleiro de Educación, así como representantes da Real Academia Galega e da Casa Museo Manuel María, destacou que “actuacións como esta serven para achegar á cidadanía a súa figura e obra. Serve para garantir que os seus poemas sempre seguirán vivos”.

O alcalde fixo fincapé “no gran cariño que a Coruña lle profesa a Manuel Mariña, e o gran cariño que el lle profesaba a esta cidade, que escolleu para pasar a última etapa da súa vida”. “O seu comprimiso con esta cidade plasmouse, entre outras moitas accións, no seu apoio decido á Universidade, e polo tanto, ao fomento da riqueza a da cultura deste Concello”, sinalou Ferreiro.  “Esta mostra contribúe a que A Coruña manteña sempre vivo a un dos seus veciños máis ilustres”, concluíu.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión