11 de octubre de 2018
Os días 18 e 19 de outubro no Paraninfo da Universidade da Coruña o Concello vai a desenvolver un Foro centrado na alimentación saudable das persoas consumidoras tendo en conta a influencia dunha boa alimentación na nosa saúde.
A protección fronte a riscos que poidan comprometer a saúde e seguridade dos consumidores é un dereito das persoas consumidoras que é obxecto de especial protección para as Administracións Públicas. Por isto o Concello da Coruña a través do Servizo de Consumo e dentro do seu programa anual de formación e educación en consumo organiza esta Foro, como un espazo de encontro onde todas as partes implicadas, persoas consumidoras, comerciantes e profesionais da saúde, poidan analizar e atopar hábitos saudables que contribúan a unha boa saúde.
O Foro desenvolverase no Paraninfo da Universidade da Coruña , na Rúa Maestranza, 9, e pode solicitar a inscrición na web www.consumoealimentacionsaudable.gal
A asistencia é de balde pero precisa inscrición previa.
Horario:
Inscrición: www.consumoealimentacionsaudable.gal.
Máis información: 981 1898 20 / 010
24 de abril de 2024
19 de abril de 2024
25 de marzo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible