Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2016

O Concello e Inditex asinan o convenio trianual Coruña Emprega, por un total de 846.000 euros, destinado á inserción sociolaboral de colectivos vulnerables

“A nosa intención como Goberno local é reforzar todo o posible as políticas de inserción social e este acordo permitiranos facer o maior investimento en materia de emprego no Concello desde que se teñen datos”, salienta o concelleiro Alberto Lema, quen indica que o programa beneficiará a 630 persoas, con especial atención ás mulleres

A Concellería de Emprego e Economía Social vén de asinar con Inditex o convenio de colaboración Coruña Emprega, un proxecto a tres anos dirixido a favorecer a inserción sociolaboral de persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables do municipio, e que ten entre os seus obxectivos o deseño e posta en marcha de accións innovadoras a través dun traballo continuo de prospección laboral. O proxecto terá unha duración inicial de 36 meses e porá especial atención nas mulleres, ás que se destinan o 70% das 630 prazas totais. Outros colectivos aos que se dirixe o programa son o das persoas de menos de 30 anos -para o que se reservan 97 prazas, entre mozos e mozas-, maiores de 45 anos -con 147 prazas-, persoas paradas de longa duración -72 prazas- e persoas desempregadas para formar no sector servizos -60 prazas-, así como outras en situación de desfavorecemento, para as que se destinan 254 prazas. "Neste Concello, as políticas de fomento de emprego de calidade son unha prioridade, e mais en tempos coma estes, nos que a procura de instrumentos que melloren a empregabilidade, que permitan a creación de epostos de traballo de calidade e de futuro, é unha obriga e unha responsabilidade de todos os gobernos", manifestou o concelleiro desta área, Alberto Lema, quen apuntou tamén a importancia de prestar especial atención, a través de políticas inclusivas, a aqueles colectivos que, pola súa situación de especial vulnerabilidade ou desprotección, teñen máis dificultades para acceder a un posto de traballo que permita acadar a autonomía personal. 
En virtude deste convenio, Inditex achegará  un total de  846.000 euros -282.000 por ano-, o que permitirá a contratración dun equipo formado por sete profesionais, que traballará en exclusiva no desenvolvemento do programa. "Este acordo permitiranos facer o maior investimento en materia de emprego no Concello desde que se teñen datos. A nosa intención como Goberno local é reforzar todo o posible as políticas de insercións sociais", incidiu a este respecto o responsable municipal de Emprego.
O plan terá como beneficiarias a un total de 630 persoas e contempla a creación dunha decena de itinerarios formativos de entre 80 e 480 horas, definidos en función dos resultados dos estudos sobre necesidades de innovación para a mellora da competitividade e a creación de emprego, e relativos ás oportunidades de emprego e desenvolvemento sustentable, que lle foron encargados á Universidade da Coruña, así como prospección laborais previas. Estes estudos permitiron detectar aqueles sectores con maior oportunidade de empregabilidade na Coruña, como son: as actividades sociosanitarias e para o coidado das persoas, o comercio (por xunto ou polo miúdo), o turismo e as áreas de lecer e hostalería e, por último, as actividades e servizos administrativos auxiliares. Deste xeito, os itinerarios integrados de inserción contemplan áreas que van desde a atención sociosanitaria a persoas no domicilio, a atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, a atención especializada a persoas con discapacidade ou a atención especializada en demencias, así como a limpeza en edificios e locais e itinerarios dirixidos  a operacións auxiliares no punto de venda, actividades auxiliares en almacén, elaboración culinaria básica, servizos básicos en restaurante-bar ou relativos ao arranxo de habitacións e zonas comúns en aloxamentos. Todos eles contarán con formación teórica e práctica e estarán específicamente dirixidos a colectivos vulnerables, con cotas de entre o 60% e o total das persoas beneficiarias, dependendo da modalidade.
Segundo pon de relevo o responsable municipal de Emprego e Economía Social, o deseño e a execución de accións innovadoras terá formato en rede, e farase a través da reactivación do Pacto Local polo Emprego, no que participan un total de 22 institucións e entidades, nas que se inclúen desde ONG e asociacións sociais ou sociosanitarias a centrais sindicais, ademais da Xunta, a Universidade da Coruña e a Cámara de Comercio, presentes xunto co Concello. A metodoloxía que se seguirá será a través de Itinerarios Personalizados de Inserción (IPI), "mediante a cal procurarase a cada unha das persoas unha formación individualizada, en función das súas necesidades específicas e das carencias detectadas", destaca o concelleiro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión