8 de agosto de 2016
A lista poderá consultarse en horario de 08.00 a 14.00 horas nos centros
O vindeiro 25 de setembro a cidadanía galega citarase nas urnas para escoller ás e aos seus representantes no Parlamento de Galicia. O Concello da Coruña, a través da Concellería de Participación Cidadá e Innovación Democrática, informa que, en cumprimento do calendario electoral, desde hoxe a até o vindeiro 13 de agosto, as listas do censo electoral estarán expostas desde as 08.00 horas da mañá ata as 14.00 horas nos centros socioculturais Ágora e Fórum Metropolitano, así coma no rexistro de María Pita.
Seguindo as indicacións da Xunta Electoral de Galicia, constituída inicialmente o pasado 5 de agosto, desde o luns 8 até o vindeiro sábado, día 15, terá lugar nos Concellos e Consulados a exposición pública do censo. Asemade dará comezo o prazo para a reclamación administrativa por parte das e dos electores sobre a súa inclusión ou exclusión na lista ante a Delegación Provincial do Censo. No caso coruñés, tanto o prazo de exposición pública como o de reclamación administrativa sobre os datos censais rematará o sábado 13, xa que os tres espazos municipais permanecerán pechados os días 14 e 15 por ser festivos. O martes 16 comezará o prazo para a resolución das reclamacións sobre datos censaris, que rematará o día 18 coa notificación as e aos reclamantes, Concellos e Consulados, e a exposición pública da lista final o día 19.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible