26 de marzo de 2024
O Goberno de Inés Rey avanza na posta en valor do patrimonio coruñés, cumplindo cunha demanda veciñal do barrio
O Concello da Coruña iniciou os procedementos administrativos para a restauración do 'Cruceiro de Labañou'. O Goberno de Inés Rey avanza así na posta en valor do patrimonio cultural e histórico da cidade, cumplindo cunha demanda dos veciños e veciñas do barrio de Labañou.
O denominado 'Cruceiro de Labañou' foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) pola súa relevancia material e cultural cuxa orixe podería estar vinculada principalmente a dous factores. Dunha banda, á instauración dos canons iconográficos trentinos, fundamentalmente tras a finalización do Concilio Provincial de Compostela no 1565. Por outra, ao afianzamento e expansión do franciscanismo laico da Venerable Orde Terceira (VOT) na Coruña entre os anos 1673 e 1834. Ambas cuestións contribuíron á conformación do novo imaxinario relixioso do período e, posiblemente, ao reforzamento e predominio dos cruceiros na cultura popular de Galicia.
A restauración, que conta cun orzamento de 14.000 euros, atenderá tanto ás necesidades de reparación existentes como á mellora do estado de conservación e preservación do elemento para os vindeiros anos. Os traballos centraranse, principalmente, no tratamento de faltantes e restablecemento de elementos decorativos, xunto coa limpeza e eliminación de vexetación e microorganismos e a aplicación de métodos de control para a ploriferación dos mesmos (especialmente vexetación adventicia, briofitos, fungos, algas e liques). Tamén se nivelarán e modificarán, se procede, os rasantes e firmes actuais mellorando a planitude da superficie.
Para a execución dos traballos levarase a cabo o desmonte, siglado e clasificación das pezas do cruceiro, que serán restauradas e reinstaladas posteriormente. O proceso conta cunha duración total estimada de nove meses, tendo en conta a realización dos traballos e a posterior entrega e valoración pola dirección xeral de Patrimonio Cultural de Galicia, de acordo coa súa natureza de Ben de Interese Cultural. A restauración será coordinada pola restauradora e conservadora Rocío Barreiro Lopo, graduada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
20 de mayo de 2024
19 de mayo de 2024
16 de mayo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible