Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de setembro de 2019

Os centros educativos da Coruña poderán inscribirse en Todo Público a partir do mércores 18 de setembro

O período de inscrición para os demais centros abrirase o venres día 20. A inscrición neste programa estará dispoñible ata que se esgoten as entradas

Para realizar a inscrición na programación de teatro para centros escolares que oferta o IMCE para o curso 2019-2020, ademais de cubrir a ficha de solicitude xeral, hai que cubrir directamente en liña a ficha específica "Despacho de billetes do IMCE: Todo Público".

Para acceder á ficha, aqueles centros que non estean incorporados á "Intranet Educativa Municipal", poderán utilizar a clave de acceso que se lles adxudicou o curso pasado ou solicitala no "Servidor Central" (teléfono 981 902 327).

A compra de entradas tamén se poderá realizar a través do teléfono 981 184 297, en horario de 9:00 a 14:00 horas, a partir do martes 24 de setembro.

Programación

A oferta teatral do IMCE prolongarase desde o 3 de outubro de 2019 ao 5 de xuño de 2020.

Consulta o calendario de programación para escolares de educación Infantil e Primaria, e a dirixida ao alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP:

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión