Boletín rede municipal de información xuvenil - 21/12/25
Prácticas na FAO
Datas de inscrición: Ata o 15/02/2026
O programa de prácticas da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) ofrece a persoas estudantes e recentemente graduadas unha oportunidade para combinar os seus coñecementos académicos con experiencia práctica en agricultura, alimentación e campos relacionados.
Duración: entre 3 y 11 meses
28 bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación da Coruña
Datas de inscrición: Dende o 16/03/2026 ata o 16/04/2026
A Deputación Provincial da Coruña convoca 28 bolsas destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos presenciais ou semipresenciais fóra de Galicia.
Duración: Os estudos deberán desenvolverse no curso académico 2026-2027, cunha duración mínima de tres meses.
20 bolsas de investigación da Deputación da Coruña
Datas de inscrición: Dende o 16/03/2026 ata o 16/04/2026
A Deputación Provincial da Coruña convoca bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria co obxectivo de dar apoio á actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.
Duración: Os traballos de investigación deberán desenvolverse no período 2026-2027, cunha duración mínima de nove meses.
Residencias Artísticas Mariñán 2026
Datas de inscrición: Ata o 16/02/2026
A Área de Cultura da Deputación da Coruña, co fin de continuar coa súa labor de apoio á creación artística, presenta unha nova convocatoria das Residencias Artísticas Mariñán, un programa que ten por obxecto seleccionar 16 proxectos para desenvolver a súa residencia creativa no Pazo de Mariñán distribuídos nas áreas da música, literatura e pensamento e creación de contidos socioculturais en redes sociais.
Servizos de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Tlf.: 981 184 294 | WhatsApp / Telegram: 606 362 366
cmix@coruna.gal