Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 10/07/2026
Convócanse probas selectivas para cubrir un posto de RESPONSABLE DE INNOVACIÓN (ASIMILABLE A RESPONSABLE DE SISTEMAS CALIDAD) (GII BI N2) de carácter fixo, polo procedemento de concurso-oposición.
Ata o 15/07/2026
O Concello da Estrada convoca proceso selectivo para cubrir unha praza de Conserxe para o CEIP de Oca, como persoal laboral fixo, polo sistema de oposición.
Ata o 13/07/2026
O Concello de Castroverde convoca proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a superior de Arquitectura (persoal funcionario), Grupo A1, mediante o sistema de oposición.
13/07/2026
Organizado pola Fundción Mulleres. A idea é crear entre todas un evento de intercambio entre empresarias, emprendedoras e persoas que barallan o emprendimiento como unha opción laboral e están interesadas en profundar en é.
Agosto 2026 - Xaneiro 2027.
Ata o 17/08/2026
Programa gratuíto de orientación laboral para axudar a persoas en desemprego a reactivar a súa procura de traballo con novas técnicas, acordes ao novo mercado laboral, para o que contan co asesoramento de persoal técnico especializado.
Xullo e agosto de 2026.
O Museo Arqueolóxico organiza varias actividades de verán destinadas a nenas e nenos entre 6 e 12 anos, desenvolvidas os sábados dos meses de xullo e agosto no Museo de San Antón e no Castro de Elviña, coa intención de difundir a arqueoloxía e a historia dunha forma práctica e lúdica. Cada taller terá unha capacidade de 20 nenas e nenos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible