| Denominación | Requisitos | Datas | Prezo / Dotación | Información |
|---|---|---|---|---|
| Charlas de educación viaria | Data: Dende o 14/04/2026 ata o 26/05/2026 | De balde | Calendario de sesións:
Contacto:Concello da Coruña Praza de María Pita 15001- A Coruña Tel atención á cidadanía: 010 (dentro do termo municipal), 981 184 278 (fóra do termo municipal). | |
| Actividades de abril nas Naves do Metrosidero |
| Data: Dende o 04/04/2026 ata o 26/04/2026 | Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Bótalles un ollo a continuación: Iniciación ao skate Clases de skate de iniciación. Data e hora de realización: 04/04/2026 de 12:00 a 13:30h e 25/04/2026 de 12:00 a 13:30h. Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95 Requisitos: É obrigatorio o emprego de casco. Temos préstamo gratuito de skate e proteccións. Número máximo de prazas: 8 persoas. Torneo de Ping Pong Torneo de Ping Pong individual. Data e hora de realización: 11/04/2026 de 18:00 a 20:00h. Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95 Número máximo de prazas: 16 persoas. Club de podcasting Obradoiro no que achegar ás persoas usuarias ao medio do podcast e do seu proceso de produción. Data e hora de realización: 12/04/2026 de 18.00 a 19.30h. Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95 Número máximo de prazas: 8 persoas. Terrario nun tarro Obradoiro de como facer un pequeno terrario nun tarro reciclado. Data e hora de realización: 17/04/2026 de 18.00 a 19.30h. Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95 Requisitos: Poderán traer os seus tarros sempre que quepa a man para facer o terrario. Número máximo de prazas: 12 persoas. Deseña o teu marcapáxinas metálico Obradoiro de marcapáxinas de aluminio utilizando a técnica de repuxado. Data e hora de realización: 18/04/2026 de 12:00 a 13:30h. Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95 Número máximo de prazas: 8 persoas. . Elabora o teu xabón caseiro Obradoiro para aprender a elaborar xabón co uso de aceite reciclado. Data e hora de realización: 19/04/2026 de 18:00 a 19:30h Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95 Requisitos: As persoas participantes poderán traer o seu propio aceite usado da casa que poderán colar para usar no seu xabón, ou utilizar o que proporcionemos nós. Da mesma maneira, poden traer os seus propios moldes ou recipientes de plástico nos que gardar o xabón feito e poder levalo a casa. Número máximo de prazas: 8 persoas. Lettering de Neón Nesta actividade as persoas participantes aprenderán a facer letras estilo neón empregando diferentes técnicas de debuxo. Data e hora de realización: 24/04/2026 de 18:00 a 20:00h Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95 Número máximo de prazas: 12 persoas. Obradoiro de flores de chenilla Obradoiro de facer flores de distintas cores empregando limpiapipas. Data e hora de realización: 26/04/2026 de 18:00 a 19:30h Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95 Número máximo de prazas: 12 persoas. Contacto:Teléfono/WhatsApp: 621.183.095 | |
| Actividades no Planetario - Semana Santa | Data: Dende o 28/03/2026 ata o 06/04/2026 |
*Menores de 16 años; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo. |
Contacto:Casa das Ciencias Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña Tel.: +(34) 981 189 844 | |
| Filmoteca de Galicia: programación abril 2026 | Data: Dende o 01/04/2026 ata o 30/04/2026 |
As sesións de entrada de balde (ata completar a capacidade) notificaranse no programa. | Contacto:Filmoteca de Galicia Rúa Durán Loriga, 10, baixo (15003 A Coruña) Tel.: 881 881 270 correo-e: filmotecadegalicia@xunta.gal | |
| Garufa Club: abril | Data: Dende o 02/04/2026 ata o 01/05/2026 |
Contacto:Garufa Club R/ Riazor, 5 (15004 A Coruña) | ||
| Sala Mardi Gras: abril | Data: Dende o 01/04/2026 ata o 01/05/2026 |
Contacto:Sala Mardi Gras Travesía da Torre, 8 (15002 A Coruña) Tel.: 677 428 150 Correo electrónico: salamardigras@gmail.com | ||
| Actividades de abril no Espazo Xuvenil O Remanso | Idades: de 12 a 30 anos. | Data: Dende o 05/04/2026 ata o 25/04/2026 | Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Bótalles un ollo a continuación: ABRIL
Contacto:Espazo Xuvenil O Remanso Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña Tel.: 621 183 038 | |
| Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña | Data: Dende o 01/04/2026 ata o 30/04/2026 | gratis | TALLER E TORNEO DE GO: ESTRATEXIA MILENARIA NO MUSEO O MUNCYT acolle un taller de presentación do xogo do Go, a súa historia e curiosidades, e o primeiro torneo oficial de Go de Galicia, un xogo de taboleiro con 4.000 anos de historia que aínda supón un reto intelectual fascinante. De orixe chinesa e moi popular en Asia, con regras extremadamente sinxelas ofrece combinacións, estratexias e tácticas case infinitas. As actividades coinciden cun fito na historia da IA: AlphaGo, IA adestrada mediante redes neuronais e aprendizaxe por reforzo, derrotou por primeira vez a un campión mundial de Go hai unha década. SÁBADO 18 (TALLER). SÁBADO 25 E DOMINGO 26 (TORNEO). XORNADA SOBRE AS VIOLENCIAS MACHISTAS DIXITAIS O rexurdimento do discurso de odio contra as mulleres e o conservadurismo relacional, así como o uso violento das novas tecnoloxías, é unha realidade que se intensifica no mundo dixital e deixa a súa pegada no mundo real. Nesta xornada, a Deputación da Coruña reunirá a profesionais, investigadoras/es e expertos/as para compartir coñecementos, experiencias e boas prácticas. Unha oportunidade para compartir os desafíos actuais, crear unha rede de contactos e impulsar cambios reais nun contexto que require perspectivas diversas, rigorosas e comprometidas. XOVES 23, DAS 9.30-19.00 H. Público xeral. Reserva previa en https://defronte.gal/. CHARLA CORBI CON ANA BELÉN CRUJEIRAS Doutora en Bioloxía pola Universidade de Navarra, lidera o grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición no CHUS-IDIS e é membro de CIBEROBN. A súa investigación céntrase en como a alimentación e o estado nutricional inflúen na saúde a través de mecanismos epixenéticos, con especial interese na obesidade, as súas comorbilidades e o cancro de mama. Entre outras actividades, é profesora no programa de Doutoramento de Endocrinoloxía na Universidadde Santiago de Compostela e do Máster de Nutrición da Universidade de Vigo. MÉRCORES 29 ÁS 19.30 H. Público xeral, entrada libre ata completar a capacidade. PROXECTO DIDÁCTICO "A PROXECCIÓN SONORA V" Baixo o título "Aqua Matrix", o proxecto inclusivo dirixido a persoas con diversidade funcional culminará nunha instalación que combinará unha serie de esculturas e obxectos sonoros relacionados coa auga, acompañados de pezas de videoarte. Durante os talleres, as persoas participantes traballarán con técnicas de creación plástica, narración oral, teatro, danza ou experimentación con ferramentas dixitais para crear pezas sonoras e audiovisuais. SÁBADOS ÁS 11.15 H. Público xeral (consultar os requisitos de participación). Reserva previa. EXPOSICIÓN TEMPORAL "OS INSTRUMENTOS DE HUMBOLDT" En xuño de 1799, Humboldt partía do porto da Coruña a bordo da fragata Pizarro para emprender a súa grande exploración de América. Con el levaba unha colección de 42 dos instrumentos de medida máis modernos e precisos da época. Con este fito como punto de arranque, a exposición profunda nunha das facetas máis descoñecidas -e paradoxalmente máis decisivas- de Humboldt. Popularizado como naturalista e ecólogo, xeralmente pásase por alto a súa fascinación coa tecnoloxía punta e a súa obsesión coa metroloxía. Estaba convencido de que só efectuando unha medición sistemática e precisa da maior cantidade posible de fenómenos e variables chegaría a inferir as leis e relacións que rexen a natureza. Como así foi. EXPOSICIÓN TEMPORAL "EN DEFENSA DA ANTÁRTIDA" A exposición busca difundir o labor científico que España desenvolve na Antártida de forma ininterrompida desde a primeira Campaña Antártica Española (1987-1988). O percorrido pon en valor as características destas campañas e os programas de investigación, técnica e innovación apoiados polo Ministerio de Defensa, ademais de mostrar o modelo de cooperación entre institucións coordinado polo Comité Polar Español, adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. A mostra ofrece un itinerario visual e didáctico sobre os aspectos xeográficos, biolóxicos, ambientais e históricos do continente, e destacan tamén o papel das Forzas Armadas. O seu contido preséntase mediante paneis e unha recreación con materiais utilizados nas campañas. PROGRAMACIÓN EXTRAORDINARIA DA SEMANA SANTA O museo ofrecerá entre o 31 de marzo e o 5 de abril, un programa de actividades dirixidas ao público infantil e familiar que permitan achegarse ao patrimonio científico e tecnolóxico do museo e á exposición temporal "Os instrumentos de Humboldt: ferramentas para unha nova visión da natureza". Contacto:MUNCYT Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña Tel.: 689 578 727 Correo electrónico: reservascor@muncyt.es | |
| TRC Danza Primavera 2026 | Data: Dende o 11/04/2026 ata o 30/05/2026 |
(*descontos: Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20% ; familias numerosas: -25%) VENDA DE ENTRADAS:
| PROGRAMACIÓN PRIMAVERA 2026:
Contacto:Teatro Rosalía de Castro R/ Rego de Auga, 37A (15001 - A Coruña) correo-e: trc@coruna.gal | |
| Jazz Filloa: abril | Data: Dende o 01/04/2026 ata o 30/04/2026 |
Contacto:Jazz Filloa R/ Cega, s/n (15003 - A Coruña) correo-e: jazzfilloa@jazzfilloa.com (reserva de entradas) | ||
| Falando a boca chea 2026 | Data: Dende o 15/04/2026 ata o 18/04/2026 |
Venda de entradas:
| PROGRAMA: Biblioteca Infantil Fórum Metropolitano (2-4 anos):
Vestíbulo do Fórum Metropolitano (todos os públicos):
Auditorio do Fórum Metropolitano (todos os públicos):
Contacto:Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 correo-e: forummetropolitano@coruna.gal | |
| III Ciclo "Museos de Cine" no Museo de Belas Artes | Data: Dende o 08/04/2026 ata o 29/04/2026, os mércores | entrada libre ata completar capacidade | PROGRAMA:
LUGAR: Salón de Actos do Museo de Belas Artes Contacto:Museo de Belas Artes da Coruña Rua Zalaeta, s/n (15002 - A Coruña) Tel.: 881 881 700 correo-e: mu.belas.artes.coruna@xunta.gal | |
| Programa especial de actividades en Semana Santa en Muncyt Coruña | Data: Dende o 31/03/2026 ata o 05/04/2026 | Gratuíta con reserva previa ou no despacho de billetes |
Contacto:MUNCYT Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña Tel.: 689 578 727 Correo electrónico: reservascor@muncyt.es | |
| VII Semana do Cinema Galego | Data: Dende o 07/04/2026 ata o 10/04/2026 | entrada de balde ata completar capacidade | PROGRAMA:
Contacto:Academia Galega do Audiovisual Tel.: 981 227 701 correo-e: info@academiagalegadoaudiovisual.gal | |
| Aves que alumean os nosos días | Data: ata o 29/05/2026 | De balde | 'Aves que alumean os nosos días' presenta unha pequena mostra de aves presentes nos nosos bosques e cidades, especies que acompañan os nosos camiños cotiáns e que, moitas veces, pasan desapercibidas. A exposición propón unha invitación a deter a mirada e descubrir a riqueza da fauna que convive con nós, convertendo a simple observación nun momento de sorpresa e tamén nun espazo de desconexión do ritmo diario. As obras parten dun soporte singular: lámpadas LED con forma de paxaro que o artista transforma para achegalas ao aspecto das aves reais. A partir destes obxectos sen vida, as pezas reconstrúen formas e cores inspiradas nas especies que podemos atopar na natureza próxima, creando un diálogo entre o obxecto artificial e a vida silvestre que o inspira. Para a súa elaboración empregáronse técnicas e materiais diversos, desde pinturas acrílicas, sprays e vernices sintéticos, ata elementos reciclados recollidos tanto no bosque como na cidade. Cada soporte está deseñado especificamente para a ave que representa, co obxectivo de crear unha peza única. Contacto:CEIDA Castelo de Santa Cruz s/n 15179 Liáns - Oleiros (A Coruña) Tel: 981 630 618 E-correo: ceida@ceida.org | |
| Novo período de solicitude dos Locais de Ensaio |
| Data: Data de inscriciónDende o 25/03/2026 ata o 09/04/2026 | Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto. Inscrición Deberase facilitar toda a documentación requerida ao enderezo electrónico xuventude@coruna.gal. As inscricións deberán achegar:
Calendario
Contacto:Locais de Ensaio R/ Francisco Pérez Carballo 2 (Coliseum) 15008 - A Coruña Email: locaisdensaio@gmail.com | |
| Antropoceno | Data: ata o 30/06/2026 | Entrada xeral: 10 € Entrada reducida: 4 € | Contacto:Aquarium Finisterrae Paseo Alcalde Francisco Vázquez nº34 15002 - A Coruña Tel: 981 189 842 | |
| Presentación do documental ‘Basal’ | Data: 14/04/2026 | Calendario 27 marzo - Boiro 14 abril - A Coruña 15 abril - Santiago de Compostela 23 abril - Carral 24 abril - Muros 28 abril - Ortigueira 29 abril - Cee 8 maio - Arzúa 16 maio - Ortigueira 4 xuño - Vedra Contacto:Deputación da Coruña Avenida Porto da Coruña nº2 15003 - A Coruña Tel: 981 415 319 E-correo: deputacion@dacoruna.gal | ||
| O documental do mes: "Baixo as bandeiras, o sol" | Data: 09/04/2026 |
Venda de entradas:
| LUGAR: Cines Fórum Metropolitano (Sala Marilyn Monroe) Contacto:Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel..: 981 184 293 correo-e: forummetropolitano@coruna.gal | |
| Explora Europa con DiscoverEU |
| Data: Data de inscriciónDende o 08/04/2026 ata o 22/04/2026 | Acódelas candidatas seleccionadas recibirán bonos de viaxe para explorar Europa entre o 1 de xullo de 2026 e o 30 de setembro de 2027. Nestes meses, os participantes poderán utilizar o seu bono de viaxe para viaxar en tren durante 7 días dentro do período máximo de 30 días que elixan. Ademais, as persoas seleccionadas recibirán un cartón de descontos de DiscoverEU co que obter descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida. | Na primavera de 2026, a Comisión Europea e a Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA) teñen previsto conceder a uns 40.000 novos bonos de viaxe e cartóns de descontos para explorar Europa. DiscoverEU ofrece á xente nova de dezaoito anos a posibilidade de vivir unha experiencia única e explorar Europa, principalmente en tren, á vez que promove o seu sentido de pertenza á Unión Europea. Contacto:Axencia Nacional Española para a Mocidade (INJUVE) Rúa José Ortega e Gasset 71, 28006 Madrid Tel. 91 782 78 23 Email: erasmusplus@injuve.es Formulario de contacto Eurodesk |
| Unha historia de pingüíns | Data: Dende o 01/02/2026 ata o 30/06/2026 | Esta exposición non conleva precio a maiores da entrada. Xeral: 10€ Reducida: 4€ | Sergey Antonenko, como apaixonado viaxeiro, dedicou gran parte da súa obra ao tema da auga e os seus habitantes, fotografándoos en lugares como Groenlandia, Islandia, a Antártida, Terra de Lume e Sudáfrica. Os seus traballos foron galardoados en concursos internacionais, como o Prix da Photographie que recibiu en 2025, ou o Paris (PX3) de bronce na categoría «Natureza/Auga», pola súa serie «Icebergs». As fotografías desta exposición mostran diferentes aspectos da bioloxía, comportamento e hábitat dos pingüíns, así como as ameazas ás que están expostos. Son aves adaptadas á contorna antártica mariña, e a súa historia biolóxica está condicionada polos cambios climáticos que afectan á expansión e contracción dos xeos. Das 18 especies coñecidas, 11 están ameazadas, e o quecemento climático está a provocar o descenso das súas poboacións. Contacto:Aquarium Finisterrae Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña Tel: 981 189 842 | |
| VI Edición Encontro mundial de humorismo, EMHU | Data: Dende o 23/04/2026 ata o 03/05/2026 | Desde 17,90 €. Para más información consultar en https://emhu.es/gl/entradas/. | O Encontro Mundial de Humorismo é a cita coa comedia máis relevante e multitudinaria de España. Impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e baixo a dirección artística de Luis Piedrahita, o EMHU reúne cada ano na Coruña os espectáculos máis escachantes e de maior éxito do momento. Teatro Colón
Palacio de la Ópera
Sede Afundación
Palexco
Contacto: | |
| Exposición: Auga e soño | Data: ata o 12/04/2026 | Gratis | Contacto:Palexco Avda. Porto da Coruña nº 1 15003 - A Coruña Tel: 981 228 888 E-correo: secretaria@palexco.com | |
| IV Carreira solidaria "Costa Ártabra 2026" | Data: 19/04/2026Data de inscrición Ata o 15/04/2026 | Cotas de inscrición: Ata o 08/04/26: 17 € Ata o 15/04/26 : 20 € Trofeo para a primeira persoa clasificada de cada categoría, tanto masculina como feminina, por participación en carreira 10k. | Percorrido:
Contacto:CASCO, Comité Antisida A Coruña Tel.: 617 996 722 (whatsapp) correo-e: comicasco@gmail.com | |
| XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña | Data: Dende o 14/03/2026 ata o 04/06/2026 | Neste certame, participan compañías de toda Galicia, con máis de 70 obras que serán representadas no teatro do IES Rosalía Mera, de luns a sábado, e o acceso a todas elas será de balde. Competirán distribuídas en 4 categorías: benxamín, infantil, cadete, e afeccionada, optando a numerosos premios por categoría que se entregarán nunha gala que, como cada ano, celebrarase no Teatro Colón o día 12 de Xuño. Contacto:IES Rosalía Mera | ||
| Reflexos do amor escuro | Data: 13/04/2026 | Gratis até completar cabida | O documental "Reflexos do amor escuro" parte dunha curtametraxe de ficción, feita en super 8 mm, no ano 1977, e relata as vivencias duns homes acaecidas na cidade de A Coruña naquela época. O que Garcia Lorca chamou Amores escuros. No documental inclúese a teatralización dos seus Sonetos sobre ditos amores. Contacto:Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos nº1 15006 - A Coruña Tel: 981 184 293 E-correo: forummetropolitano@coruna.gal | |
| Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional 2026 en espazos naturais |
|
Data: Fins de semana desde o 13 de marzo ata o 13 de setembro. Data de inscrición Dende o 05/03/2026 | Actividade gratuíta. Inclúe desprazamento, manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas. | Están programadas accións nos seguintes espazos:
As actividades das persoas voluntarias participantes centraranse na preservación, limpeza e conservación destes espazos, eliminación de lixo de praias, ríos e montes, sensibilización, coñecemento dos ecosistemas, visualización mediática de rutas e análise de todas aquelas actuacións con posible incidencia no medio natural continental desde un punto de vista técnico, detectando os distintos efectos e/ou impactos ambientais. Contacto:Dirección Xeral de Xuventude Complexo administrativo de San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela Tel.: 981 544 807 Servizo de Xuventude e Voluntariado do Departamento Territorial da Coruña Edificio Administrativo de Monelos R/ Vicente Ferrer, 2, 3º andar. A Coruña Telf. 881 881 240 - 881 881 238 - 881 881 241 - 881 881 237 |
| Xornadas de portas abertas no club Rosalía Mera |
|
Data: Dende o 06/04/2026 ata fin de curso | Gratuíto | Contacto:Infórmate no teléfono 698 138 794 ou a través do correo electrónico clubrosaliamera@gmail.com |
| XI C-TRAIL Bombeiros Coruña |
| Data: 11/04/2026Data de inscrición Ata o 08/04/2026 |
Haberá agasallos e trofeos para o 1º, 2º e 3º clasificados/as das diferentes categorías da Trail | LUGAR: saída/meta Pavillón Polideportivo Novo Mesoiro (o percorrido será circular, na súa maior parte por pistas, camiños e sendeiros, excepto a saída e chegada, que transcorre polo asfalto) DISTANCIA:
Contacto:ADC Bombeiros Coruña |
| Campos de voluntariado internacional 2026 |
| Data: Data de inscrición Dende o 05/03/2026 | A cota de participación é de 110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos: Carné xove, Carné de familia numerosa, Familia monoparental, Familia de acollida). Esta cota de participación inclúe os gastos de manutención, aloxamento, os derivados das propias actividades dos campos e o seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non inclúe os gastos da viaxe e a cota extra de participación, xa que algúns campos de voluntariado, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional ou cota extra que a persoa voluntaria deberá satisfacer a organización estranxeira á chegada ao campo, salvo indicación contraria. | O programa de Campos de Voluntariado Inssternacionais (SVI) procede directamente das organizacións internacionais que se integran na Alianza de Organizacións de Voluntariado Europeo, polo tanto a competencia e a responsabilidade na organización dos campos corresponde ás respectivas organizacións. Non obstante, Galicia participa na Alianza a través da representación do Instituto da Xuventude de España, INJUVE, e a Dirección Xeral de Xuventude traballa como intermediaria entre as persoas voluntarias e a entidade que promove o campo. Existen campos de voluntariado orientados a diversas áreas ou temáticas: medioambiente, rehabilitación do patrimonio histórico, acción comunitaria e intervención social, proxectos culturais e artísticos, educación e dinamización xuvenil. Contacto:Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Complexo administrativo San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela Tel. 981 957 115 - 881 999 314 Servizo de Xuventude e Voluntariado na Coruña Tel. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241 Injuve - Instituto da Xuventude Correo electrónico svi@injuve.es |
| Guía Ti Elixes! 2026 | Data: | Esta publicación está enmarcada nas III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) , organizadas polo Concello da Coruña en colaboración os centros públicos de Formación Profesional da cidade e a EASD Pablo Picasso, que se celebrará os días 23, 24, 25 de febreiro e 2 de marzo de 2026, dirixida ao alumnado de ESO e bacharelato. A recompilación da información foi realizada pola Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que pon a disposición da mocidade unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as dúbidas e cuestións de interese para a comunidade educativa, como poden ser a oferta de estudos, bolsas, residencias universitarias, etc. Contacto:Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña Tel.: 981 189 888 (ext. 34324/ 34325) | 981 184 294 | 981 189 895 WhatsApp / Telegram: 606 362 366 Correo electrónico: cmix@coruna.gal | ||
| Martes da UNED | Necesitan inscrición previa en liña. | Data: Dende o 10/02/2026 ata o 21/04/2026 | gratis. | Actividades do ciclo: ► 10 de febreiro de 2026. A primeira coruñesa estaba morta. ► 24 de febreiro de 2026. Prevención da Depresión e do Suicidio. ► 3 de marzo de 2026. A arte Total chámase Louise. Descrición variada de Louise Bourgeois. ► 17 de marzo de 2026. A vida das mulleres en Roma. ► 7 de abril de 2026. Urbanismo monumental, banquetes púnicos e escrituras descoñecidas. Novas investigacións no Castro de Elviña. ► 21 de abril de 2026. Veni vidi vinci. A viaxe das ideas. Contacto:UNED A Coruña R/ Educación, 3. 15011- A Coruña tel: 981 145 051 e-correo: info@a-coruna.uned.es |
| Aquí e agora | Data: Dende o 11/12/2025 ata o 26/04/2026 | Gratis | Contacto:Fundación Luis Seoane San Francisco nº27 15001 - A Coruña Tel: 981 216 015 E-correo: info@fundacionluisseoane.gal | |
| Presentación do documental "Todo pode esperar" | Data: 07/02/2026 | gratis | Contacto:Asociación veciñal Agra E-correo: agra@galizacultura.gal | |
| Ciclo de conferencias "Redefinir a educación ou revolución educativa" | inscrición previa en www.paideia.es/ciclo-redefinir-a-educacion. | Data: Dende o 12/02/2026 ata o 28/05/2026 | gratis | PROGRAMA:
LUGAR: Salón de Actos da Fundación Paideia Contacto:Fundación Paideia Praza de María Pita, 17 (15001 - A Coruña) tel.: 981 223 927 correo-e: paideia@paideia.es |
| Bautismos de vela Esforza - Inverno 2025-2026 | Data: Data de inscrición Ata o 11/06/2026 | Búscase crear un ambiente inclusivo onde todos poidan gozar da experiencia de navegar e conectarse co mar, gozando da vela de maneira inclusiva, promovendo a integración e o desenvolvemento persoal de todos os participantes. Deseñada para grupos reducidos (ao redor de 6 participantes) acompañados por persoal da entidade. Cando: Todos os xoves de 10:00 a 15:00 h. Dirección: Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, peirao das Ánimas, 15002 A Coruña. (AULA Náutica FMJJ) Contacto:Fundación Mº José Jove C/ Galileo Galilei 6. Edificio Work CenterA Grela. 15008 A Coruña Tel.: 981 160 265 | ||
| Ciclo "Sen Numerar", primavera 2026 | Data: Dende o 30/01/2026 ata o 22/05/2026 | Prezo: 9,00 € Descontos Carné novo + 65 anos ou persoas desempregadas 7,00 € * Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo. | PROGRAMACIÓN: 30 de xaneiro: Cámara escura 20 de febreiro: Rumbo desconocido 6 de marzo: Nada se sabe 10 de abril: Sinte 8 de maio: Menina, soy una puta obra de Velázquez 22 de maio: Made in Galicia VENDA DE ENTRADAS: Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h Despacho de billetes Forum Metropolitano: día de función desde 1 hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles. Venda en liña: www.ataquilla.com Contacto:Auditorio do Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos nº1 15006 - A Coruña Tel: 981 184 293 E-correo: forummetropolitano@coruna.gal | |
| CICLO TODO PÚBLICO - Primavera 2026 | Data: Dende o 14/02/2026 ata o 30/05/2026 | Prezo: 6,00 € Abono 3 (3 localidades para a mesma función): 15,00 € Menores de 3 anos: 2,00 € | PROGRAMACIÓN: 14 de febreiro: Pum!, Pum! Quen hai? (público + 4 anos) 28 de febreiro: Carnaval animal (público + 4 anos) 28 de marzo: Berenguela na gaiola (público + 5 anos) 25 de abril: Teatro de papel (público + 5 anos) 16 de maio: As palabras perdidas (público + 4 anos) 30 de maio: Mr. Bo (público + 4 anos) VENDA DE ENTRADAS: Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de función dende 1 hora antes, coa condición de que queden entradas dispoñibles. Venda en liña: www.ataquilla.com Contacto:Auditorio do Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos nº1 15006 - A Coruña Tel: 981 184 293 E-correo: forummetropolitano@coruna.gal | |
| Latexos urbanos | Data: Dende o 08/12/2025 ata o 03/02/2026 | Gratis | Contacto:ARGA Rúa Costa Rica núm. 1, baixo D 15004 A Coruña Tel.: 698 146 278 Correo electrónico: arga@arga.es |