Denominación | Requisitos | Datas | Prezo / Dotación | Información | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Campamento de verán - Recrea 2022 |
|
Data: Quendas desde finais de xuño a principios de agosto. |
Servizo madrugadores (con almorzo) 16 euros. | Quendas:
Contacto:Residencia universitaria Rialta A Zapateira. Rua de Laxe 122-124. 15174 Culleredo (A Coruña) E-mail: rialtadeporte@rialta.net Teléfono: 981 179 500 (luns a venres de 09:00h a 11:30h) | ||||||||||||||||||||
Encontro Xuventude Axenda Urbana da Coruña 2030 | Se tés interese en participar podes inscribirte enviando un correo ao enderezo acoruna2030@coruna.gal indicando no asunto "Inscrición Encontro Xuventude" e os teus datos: Nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e correo electrónico. | Data: 30/05/2022 | Coñeces o Espazo Xuvenil O Remanso? É un espazo municipal aberto á xuventude da cidade no que atoparás multitude de actividades pensadas para a mocidade. Convidámoste a que te achegues a coñecelo e participar no encontro que se realizará o vindeiro luns, día 30 de maio. Celebraremos un encontro dirixido a mozas e mozos da Coruña entre os 16 e os 30 anos, dentro das actividades para a elaboración da Axenda Urbana da Coruña 2030. Este é un plan estratéxico para deseñar unha cidade sostible para o futuro. Como queremos que sexa a Coruña para o ano 2030? No encontro poderás coñecer de primeira man a elaboración deste plan e aportar as túas visións e propostas para mellorar a cidade e facela máis sostible e amigable para as persoas. Contacto:Teléfono para máis información: 604 047 337 Enderezo electrónico: acoruna2030@coruna.gal | |||||||||||||||||||||
Charla: Enfermidades ambientais | Data: 30/05/2022 | De balde. | Enfermidades ambientais Con Ana M. González Tizón e Icía Lista Pombo. A nosa actividade diaria está sometida a ruídos, aire contaminado, emisións de gases, po. Que comes? Que bebes? Que respiras? Que escoitas? A túa vida diaria repercute na túa saúde? A resposta é si e imos saber como e por que.
Profesora de Xenética e trekki total. Entre clases, investigación, cinema, e outros variados mesteres fago oco para divulgar e liar aos estudantes novos a que tamén o fagan.
Ola! Son bióloga molecular e futura (espero) Policía Científica (cruzamos dedos). A rama que máis me gusta da Bioloxía é a Xenética, pero no que a divulgación se refire non podería ser tan concreta, e apúntome a un bombardeo. Podes escoitarme falar sobre bacterias e antibióticos, sobre microplásticos, plantas carnívoras...O mesmo che fago un xabón en 3 minutos que che ensino vexetais que se moven! Contacto:Biblioteca Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos nº 1 15006- A Coruña Tel: 981 184 298 Mail: bforum@coruna.gal | |||||||||||||||||||||
(S8) XIII Mostra de Cinema Periférico | Data: Dende o 27/05/2022 ata o 05/06/2022 | entrada libre ata completar a capacidade | Esta edición do S8 porá o foco nas cineastas das novas xeracións que cuestionan e rompen os parámetros do cinema experimental ou da vangarda orixinal. A súa programación presencial de cinema galego complementarase cun contido en liña creado para o festival nesta edición. Trátase do proxecto Ultreia et Suseia, un monográfico de cinema galego formado por entrevistas en exclusiva a cineastas como Carla Andrade, Diana Toucedo, Helena Girón e Samuel Delgado,... Ademais, contará con varios programas e actividades con referentes da creación vangardista a nivel mundial, como Lee Ranaldo, fundador da banda Sonic Youth, e a escritora e artista visual Leah Singer Programación completa en https://s8cinema.com LUGARES:
Contacto:Mostra de Cinema Periférico (S8) correo-e: info@s8cinema.com | |||||||||||||||||||||
Actividades do mes de xuño nas Casas da Mocidade de Oleiros | Ter entre 14 e 30 anos. | Data: Dende o 03/06/2022 ata o 26/06/2022 | De balde. | Programación:
Ademais destas actividades, haberá as seccións de entrevistas de "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista cun contacto de SEDRA- FPFE; todo isto a través da canle de Instagram. Contacto:PIX As Pedras: Avenida Rosalía de Castro nº114 15172- Perillo (Oleiros) Tel: 981 977 944 Mail: pix.aspedras@gmail.com PIX Portaberta: Rúa Daniel Castelao nº5 15179- Liáns (Oleiros) Tel: 981 614 083 Mail: pix.portaberta@gmail.com | ||||||||||||||||||||
Campus de voluntariado ambiental "1Planet4All" | Data: Dende o 01/08/2022 ata o 07/08/2022Data de inscrición Ata o 01/06/2022 | Gratuíto, incluíndo:
| Lugar: Sierra Norte de Madrid (aloxamento basee en Berzosa de Lozoya) Prazas: 30 (na selección de participantes valoraranse experiencias previas de traballo en equipo, boa condición física, participar en accións de voluntariado e coñecementos básicos e/ou interese na temática de sustentabilidade e cambio climático) Contacto:Fundación Axuda en Acción C/ Serrano Anguita, 13 (28004 - Madrid) Tel.: 900 85 85 88 correo-e: eiglesia@ayudaenaccion.org | |||||||||||||||||||||
RUNKI Carreira dos Superheroes |
| Data: 05/06/2022Data de inscrición Ata o 31/05/2022 |
| RUNKILLAMADA! sábado 28 de maio
RUNKI, Carreira dos Superheroes Sábado 5 de xuño Inscricións: en liña a través da pasarela de pago www.enkiproyecto.com/inscripcion ata as 23:59 h. do 31 de maio ou ata que se esgoten os 5.000 dorsais da proba (tamén presencialmente nos establecementos do Corte Inglés) Circuíto: percorrido de 7 km aprox., con saída desde Riazor ás 10.00 h. ata a Praza de Maria Pita Contacto:RUNKI, Carreira dos Superheroes correo-e: carrera@runki.org | ||||||||||||||||||||
Tempo de verán e ciencia. Campamentos Aquarium Finisterrae | Terán preferencia os menores e as menores empadroadas no Concello da Coruña e aqueles cuxos proxenitores e proxenitoras estean ambos traballando, ou teletraballando no caso de familias monoparentais. |
Data: Dende o 27/06/2022 ata o 28/07/2022 - 1ª Quenda: 27 de xuño ao 29 de xuño. - 2ª Quenda: 4 de xullo ao 6 de xullo. - 3ª Quenda: 11 de xullo ao 13 de xullo. - 4ª Quenda: 18 de xullo ao 20 de xullo. - 5ª Quenda: 26 de xullo ao 28 de xullo. Data de inscriciónDende o 23/05/2022 ata o 25/05/2022 | 29,09€ por grupo e quenda. | Campamentos onde poderedes realizar actividades relacionadas co mar e os habitantes mariños desta fiestra ao Océano Atlántico. A proposta é unha combinación única de lecer e ciencia para que pasedes unhas mañás diferentes. CALENDARIO
QUENDAS, 3 días de duración por quenda:
ESPAZO DE REALIZACIÓN: Aquarium Finisterrae. Contacto:Oficinas do Aquarium Finisterrae Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002- A Coruña tel.: 010 / 981 189 842 | ||||||||||||||||||||
Tempo de verán e experiencias. Campamentos de mocidade | Terán preferencia os menores e as menores empadroadas no Concello da Coruña e aqueles cuxos proxenitores e proxenitoras estean ambos traballando, ou teletraballando no caso de familias monoparentais. |
Data: Dende o 04/07/2022 ata o 29/07/2022 1ª Quenda: do 4 ao 15 de xullo 2022. 2ª Quenda: do 18 ao 29 de xullo de 2022. Data de inscriciónDende o 23/05/2022 ata o 25/05/2022 | De balde. Inclúe o transporte. *Ao ser unha actividade de carácter gratuíto e con alta demanda, a falta inxustificada suporá a baixa inmediata da persoa participante na actividade. | Un campamento no que poderedes gozar duns días xeniais coñecendo a outras mozas e mozos da túa idade, practicando divertidas actividades ao aire libre, espertando a conciencia ambiental e o respecto e goce da natureza... CALENDARIO
QUENDAS
ESPAZO DE REALIZACIÓN: Polideportivo de Labañou. A actividade combinará unha sede fixa coa saída a espazos urbanos para a realización de actividades ao aire libre. TRANSPORTE: Habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con 6 paradas establecidas pola organización. TIPOLOXÍA DE ACTIVIDADES
REUNIÓN COAS FAMILIAS Finalizado o proceso de inscrición enviarase un correo electrónico ás persoas que obteñan praza para a realización dunha reunión informativa. Contacto:Máis información e inscricións en: | ||||||||||||||||||||
Campamento náutico + inglés - UDC |
|
Data: 2 quendas no mes de xullo de 2022. Data de inscrición Dende o 20/05/2022 |
Descontos: 10% 2º fillo/a. 10% familia numerosa. Prezo comedor (as tarifas de comedor non teñen desconto):
| Períodos de realización (de luns a venres):
Prazos de inscrición:
Contacto:Universidade da Coruña. Área de Deportes Pavillón de Deportes Campus de Elviña, s/n 15071 A Coruña Tfno.: 981 167 000 Ext. 1904 | ||||||||||||||||||||
Campamento multideportivo - UDC |
| Data: Data de inscrición Dende o 20/05/2022 |
Descontos: 10% 2º fillo/a. 10% familia numerosa. Prezo comedor:
As tarifas de comedor non teñen desconto. | Períodos de realización (de luns a venres):
Prazos de inscrición:
Contacto:Universidade da Coruña. Área de Deportes Pavillón de Deportes. Campus de Elviña, s/n. 15071 A Coruña Tel.: 981 167 000 Ext. 1904 | ||||||||||||||||||||
Ruta da Fervenza das Hortas - Arzúa |
| Data: 28/05/2022Data de inscrición Ata o 26/05/2022 |
Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade. |
Contacto:O Carroucho Tel. 618 61 77 99 (de 20 a 22h) | ||||||||||||||||||||
Navegacións diúrnas na goleta Juan de Lángara |
| Data: |
| Contacto:Asociación Juan de Lángara | ||||||||||||||||||||
Neox Music Day |
| Data: 30/07/2022 | Contacto:Proactive S.L Praza Gal·la Placídia nº 1 08006 Barcelona Tel: 933 18 44 96 Mail: entradas@proactiv.es | |||||||||||||||||||||
XI Encontro Artes Pola Integración | Data: Dende o 17/06/2022 ata o 19/06/2022 | de balde | PROGRAMA:
Contacto:Artes pola Integración Tel.: 630 65 86 03 correo-e: experimentadanza@yahoo.es | |||||||||||||||||||||
X Campus de Verán XuvenCiencia da USC |
| Data: Dende o 03/07/2022 ata o 09/07/2022Data de inscriciónDende o 20/05/2022 ata o 26/05/2022 | 250 € A matrícula inclúe aloxamento e pensión completa con acompañamento de monitores titulados, participación nas actividades do Campus, o programa de tarde e noite Lumieira Acompaña, material necesario para o Campus, seguro e diploma de participación da USC | O programa do Campus de Verán XuvenCiencia oferta actividades nos ámbitos científico-técnico e científico-social, así como no campo das artes e das humanidades. O reparto de ditas actividades faise segundo as preferencias indicadas na preinscrición. A partir das 18:00 h levaranse a cabo actividades lúdicas dentro do programa Lumieira Acompaña. Preinscrición: do 20 de maio a partir das 15:30 h. ata o 26 de maio ás 23:59 h. no formulario electrónico dispoñible na web https://xuvenciencia.org/campus A metade das prazas ofertadas adxudicarase por orde de recepción de solicitudes, mentres que o resto serán sorteadas entre todo o alumnado inscrito Matrícula: As listaxes de admitidos publicaranse na web https://xuvenciencia.org. Para cada lista de admitidos establécese o seu correspondente prazo de matrícula:
Contacto:Grupo XuvenCiencia Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía da USC Dúbidas sobre o Campus XuvenCiencia: xuvenciencia@usc.es Dúbidas sobre o programa de tarde e noite e o aloxamento: A.D.C. Lumieira: lumieiralugo@gmail.com | ||||||||||||||||||||
Documental: A Virxe Roxa | Data: 06/06/2022 | Entrada de balde até completar aforo. | O 9 de xuño de 1933, un crime convulsiona á opinión pública española: Aurora Rodríguez Carballeira mata a tiros á súa propia filla, Hildegart, unha brillante e reputada intelectual, mentres esta durmía. A nova, con só 18 anos era unha das feministas máis destacadas da Segunda República española. Anos antes, a súa nai elaborara un plan con todos os detalles perfectamente estudados: dar a luz á muller que guiará a España por unha nova orde social. Educar a unha filla para que fose o ser perfecto, a muller do futuro. Pero Hildegart faise maior e cada vez demanda máis autonomía. sente con desexos de experimentar a intimidade sexual sobre a que tanto escribía. Unha liberdade que non entraba nos plans da súa nai. Contacto:Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros Rúa Merced nº 56 - baixo 15009 - A Coruña Tel: 981 29 81 22 | |||||||||||||||||||||
Campamentos verán 2022 específicos para persoas con discapacidade |
| Data: Data de inscrición Ata o 03/06/2022 | 125 euros. Descontos: 50% para membros de familia numerosa e familia monoparental. 25% para as persoas usuarias do Carné xove (en vigor no momento de efectuar o pagamento). | Ofértanse 200 prazas, en diferentes quendas, nas seguintes instalacións:
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
SOLICITUDES: As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia procedemento PR004A, dirixíndoas á Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e indicando no asunto relacionado "Campamentos discapacidade 2022". Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Contacto:Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade Edificio administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela Teléfonos 981 547 437 / 981 546 737 / 981 544 640 Enderezo electrónico: autonomiapersoal.sxps@xunta.gal Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal. Xefatura Territorial da Coruña Rúa Concepción Arenal, nº 7-9 15006 A Coruña Teléfono: 881 881 528 | ||||||||||||||||||||
Acción de verán 2022. Campamentos en Galicia e noutras Comunidades |
| Data: Data de inscriciónDende o 18/05/2022 ata o 26/05/2022 | Entre 117,36 e 284,50 euros, según actividade. Descontos: 50% persoas con título de familia numerosa ou familia monoparental. 25% persoas usuarias do Carné xove (vixente no momento do pagamento). Os descontos en ningún caso serán acumulables. | As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
SOLICITUDES:
Contacto:Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consellería de Política Social Edificio administrativo San Lázaro, s/n, planta 0. 15781 Santiago de Compostela Teléfonos: 881 99 90 25/ 881 99 91 94/ 981 54 52 93/ 881 99 93 14 Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado Espazo Amizar, Gregorio Hernández, 2-4. 15011 A Coruña Teléfonos: 881 88 12 40/ 881 88 12 38/ 881 88 12 39 Publicación: DOG 16/05/2022 | ||||||||||||||||||||
En feminino : Conversa + networking | É precisa inscrición previa. | Data: 26/05/2022 | Contacto:Ese Sitio Rúa Orzán nº194 15003 - A Coruña Tel: 687 13 91 39 Mail: info@esesitio.com | |||||||||||||||||||||
Ruta ao Exilio 2022 |
| Data: Dende o 15/07/2022 ata o 30/07/2022Data de inscrición Ata o 27/05/2022 | gratuíto | "Ruta ao Exilio 2022: Os presentes desterrados" é unha viaxe formativa no que 40 mozos percorrerán, do 15 ao 30 de xullo, as rutas transpirenaicas do exilio republicano español, desde o Alt Empordà ata o sueste de Francia. A expedición realizarase, fundamentalmente, a pé e en autobús e a actividade da ruta consistirá na realización de talleres históricos e culturais, marchas pola montaña e visitas a museos e memoriales. Contacto:Instituto da Mocidade (INJUVE) Proxecto Ruta ao Exilio correo-e: holarutaalexilio@gmail.com | ||||||||||||||||||||
II Plogging Tour A Coruña | Data: 12/06/2022 | O termo "plogging" vén das palabras "jogging" (trotar, correr) e "plocka upp", que en sueco significa recoller. A idea do plogging" é que mentres practicas o teu exercicio habitual, vaias recollendo o lixo que se che atravese no camiño e deposítela na túa bolsa. O Plogging Tour celebrarase en diferentes cidades de España. A 2ª edición da Coruña, na que colabora o Concello da Coruña, terá lugar na Praia de Bens o domingo 12 de xuño Contacto:Plogging Tour correo-e: comunidad@ploggingtour.com | ||||||||||||||||||||||
Visita ao Muncyt | Data: 18/05/2022 | De balde. |
Contacto:Asociación de Amigosda Casa das Ciencias Parque de Santa Margarita s/n 15005 - A Coruña Tel: 981 189 846 | |||||||||||||||||||||
Acción de verán 2022. Campos de voluntariado en Galicia, noutras Comunidades e no estranxeiro |
| Data: Data de inscrición Dende o 18/05/2022 |
A cota inclúe: os gastos de manutención, aloxamento e os derivados das propias actividades dos campos (como materiais e algunhas actividades complementarias), así como o seguro médico. Non inclúe: os gastos de traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade. | Destinos:
Prazos de solicitude:
As solicitudes, tanto da primeira como da segunda convocatoria, presentaranse mediante un formulario en liña, dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es. Cada persoa elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes. Contacto:Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Teléfono: 981 957 115 Servizo de Xuventude e Voluntariado A Coruña Teléfonos: 881 881 238 - 881 881 240 | ||||||||||||||||||||
Esforza Verán 2022 |
| Data: Dende o 27/06/2022 ata o 16/09/2022Data de inscriciónDende o 23/05/2022 ata o 03/06/2022 |
*consultar nas Bases as modalidades de gratuidade por renda e desemprego | Ver inclusiva: na aula Esforza Fundación María José Jove en Mariña Coruña (Dique de abrigo) desde o 27 de xuño ao 16 de setembro, en 6 quendas, con 2 grupos en cada quenda Piragüismo Inclusivo: na aula Esforza Fundación María José Jove en Mariña Coruña (Dique de abrigo) desde o 27 de xuño ao 16 de setembro, en 6 quendas, con 2 grupos en cada quenda Axuda na Praia: na Praia de Oza do o 29 de xuño ao 15 de setembro, en 3 quendas, con 4 grupos en cada quenda INSCRICIÓNS: do 23 de maio ás 10.00 ata o 3 de xuño ás 14.00 h. en liña, a través do "Portal de Inscricións" de www.fundacionmariajosejove.org. Contacto:Fundación María José Jove Polígono da Grela (Edif. Workcenter). C/ Galileo Galilei, 6 (15008 - A Coruña) Tel.: 981 160 265 correo-e: info@fundacionmariajosejove.org | ||||||||||||||||||||
Campamentos en Asturias - Factoría Nhorte |
|
Data: Xullo e agosto de 2022. |
Son cotas de tarifa reducida (non acumulables): veteranos (que xa participasen nalgún campamentos) e participantes con irmán/s ou irmá/s (aplícase a cada un deles)/deles). | Datas dos campamentos:
Contacto:FAC NHORTE S.L. Leira os Malatos, Argüero 33314 (Asturias) Tel 985 99 95 18 | ||||||||||||||||||||
Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo | Inscrición previa en https://www.paideia.es/voluntariado-europeo/#formulario_sve (prazas limitadas) | Data: 26/05/2022 | de balde | O Voluntariado Europeo é un proxecto internacional de voluntariado financiado pola UE e pertencente ao programa Erasmus+, que permite á mocidade entre 18 e 30 anos realizar un programa de voluntariado nunha organización ou institución de Europa por un periodo de longa duración (entre 6 e 12 meses). Contacto:Fundación Paideia Praza de María Pita, 17 (15001 - A Coruña) Tel.: 981 223 927 correo-e: evs@paideia.es | ||||||||||||||||||||
Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña | Data: Dende o 02/05/2022 ata o 31/05/2022 | gratis. | DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS Cada ano desde 1977, o ICOM celebra o 18 de maio o Día Internacional dos Museos, un momento excepcional para a comunidade museística internacional. O tema de 2022, "O poder dos museos" quere mostrar o poder dos museos de transformar o mundo que nos arrodea. Esta edición coincide ademais co 10º aniversario da inauguración do MUNCYT A Coruña, unha grande ocasión para celebrar! FESTIVAL RESIS: "A PROXECCIÓN SONORA" Os participantes e os músicos de Pulso Ensemble mostrarán os resultados do proxecto didáctico en diversos espazos do museo. Os obradoiros, dirixidos a público con discapacidade auditiva, permitíronlles achegarse a prácticas sonoras de música contemporánea e experimental a través da improvisación, música escrita, multimedia e novos medios tecnolóxicos para crear a actuación final. Público xeral, con reserva previa ou en despacho de billetes. SÁBADO 7 Ás 20.00 HORAS. CHARLA CORBI CITIZEN SCIENCE A psiquiatra e divulgadora científica Iría Veiga e a psiquiatra Eva Bobadilla conversarán sobre as consecuencias que provocou na saúde mental dos máis novos a enfermidade da COVID. Público xeral, entrada libre ata completar capacidade. XOVES 26 Ás 19.30 HORAS CHARLA DÍA INTERNACIONAL DE ACCIÓN POLA SAÚDE DA MULLER A asociación "A ciencia é feminino" organiza unha xornada informativa e de debate en colaboración co museo na que expertas en áreas como a saúde cardiovascular, a saúde mental, a xinecología e a sexualidade entre outras moitas farannos reflexionar desde unha perspectiva de xénero. Desde 1987 celébrase este día mundial con campañas sobre temas relacionados coa saúde da muller, co obxectivo de reafirmar que o dereito á saúde é un dereito humano ao que as mulleres deben acceder sen restricións ou exclusión algunha. Público xeral, con reserva previa ou en despacho de billetes. SÁBADO 28 DE 11.00-19.00 HORAS OBRADOIRO TECNOLOXÍA EN FAMILIA Proxectos a partir de aparellos tecnolóxicos descartados para entender o seu funcionamento e fomentar a sostibilidade. Conexións sobre unha placa dun transmisor de mensaxes por internet en sistema binario. Enviarase unha mensaxe a un servidor remoto coa axuda de pulsadores e dun Arduino conectado a un router. Sábado 14 ás 12.00 h. Reserva previa, público familiar (8-12 anos) CHARLA "ALIMENTACIÓN, UN FEITO CULTURAL CHEO DE CIENCIA" A asociación "A ciencia é feminino" organiza unha xornada informativa e de debate en colaboración co museo na que expertas en áreas como a saúde cardiovascular, a saúde mental, a xinecología e a sexualidade entre outras moitas farannos reflexionar desde unha perspectiva de xénero. Desde 1987 celébrase este día mundial con campañas sobre temas relacionados coa saúde da muller, co obxectivo de reafirmar que o dereito á saúde é un dereito humano ao que as mulleres deben acceder sen restricións ou exclusión algunha. Público xeral, con reserva previa ou en despacho de billetes. SÁBADO 28 DE 11.00-19.00 HORAS CHARLA "ALIMENTACIÓN, UN FEITO CULTURAL CHEO DE CIENCIA" Diálogos CorBI, Unha Cultura Humana. Ao longo da historia da humanidade, todas as culturas xeraron unha cociña propia adaptada estacionalmente aos recursos dispoñibles en cada zona, e que se preservou durante milenios. Esta tradición e cultura gastronómica local está hoxe en perigo polo impacto da globalización, o cambio nos modos de vida e a influencia da denominada "comida rápida". O impacto que esta ruptura do trinomio cultura-comida-saúde poida ter a longo prazo é moi preocupante. Unha experta biomédica, María Pardo e un restaurador, Pablo Galego, debaterán sobre esta particular relación. Público xeral, entrada libre ata completar capacidade. MÉRCORES 18 Ás 19.00 HORAS. CINEMA "METRÓPOLIS" CON MÚSICA EN DIRECTO DE CASPERVEK TRIO Proxección do clásico do cinema mudo "Metropolis" de Fritz Lang. "En Metropolis" mestúrase a crítica social e unha interesante formulación distópica. A ciencia e a tecnoloxía están presentes ao longo de toda a metraxe: ambientes futuristas, masivos medios de transporte e equipos de telecomunicación impensables na época. Caspervek Trío fundouse en 2013 polo pianista Brais González e o percusionista Blas Castañer. Nos últimos anos, Caspervek converteuse nunha referencia dos cinema-concertos, con máis de 200 actuacións 14 países. Público xeral, con reserva previa ou en despacho de billetes. VENRES 20 Ás 19.00 HORAS. CHARLA "QUE A CIENCIA TE ACOMPAÑE: DIÁLOGOS DE PELÍCULAS CON ERROS CIENTÍFICOS" DE MIGUEL BARRAL PRECEDO Se un se fiase das películas, o noso planeta e en particular a especie humana atópanse permanentemente ao bordo da apocalipse baixa a ameaza dunha infinidade de catástrofes en grao sumo variadas: asteroides, pandemias, terremotos, pragas... Sorte que aínda hai guionistas que porfían en que estas sexan unha ameaza pantasma. Actividade na que o público identificará erros científicos en guións de películas e o autor dará a explicación científica. Público xeral, entrada libre ata completar capacidade. MÉRCORES 25 Ás 19.00 HORAS. Contacto:MUNCYT Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña 689 578 727 | |||||||||||||||||||||
Festival da Luz Boimorto | Data: Dende o 26/08/2022 ata o 28/08/2022 | Entrada sábado: 15 euros. Entrada domingo: 15 euros Entrada tres días: 20 euros. Podes adquirir as entradas en: https://www.festivaldelaluz.es/entradas/ | Contacto:Facebook: @festivaldelaluz.galicia Instagram: festivaldelaluz_boimorto Twitter: @festivaldelaluz | |||||||||||||||||||||
Programa de actividades do Espazo Xuvenil O Remanso | Data: Dende o 11/05/2022 ata o 22/06/2022con diferentes prazos de inscrición para cada actividade | DESCUBRE UN NOVO ESPAZO PARA A MOCIDADE... 1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver pdf adxunto coa programación completa). Estás destinadas a xente moza entre os 12 e os 30 anos, ainda que algunha, pola temática, pode ter acotadas as idades dentro desta franxa. Hai actividades con inscrición e outras de acceso libre. 2. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises. Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible. 3. Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización a menores Programa de actividades do Espazo Xuvenil O Remanso ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza. 5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico xuventude@coruna.gal ACTIVIDADES MAIO: inscrición do 05/05/2022 ás 16.00 h. ata o 10/05/2022 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.
ACTIVIDADES XUÑO: inscrición do 23/05/2022 ás 16.00 h. ata o 27/05/2022 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.
Contacto:Enderezo electrónico: nocturniacoruna@gmail.com | ||||||||||||||||||||||
Programa Asesórate na Rede | Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ([Asset Included(Id:1453798130062;Type:Contenido)]), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza. | Data: Dende o 12/05/2022 ata o 09/06/2022con diferentes prazos de inscrición para cada actividade | Desta maneira ofértanse 4 obradoiros de carácter gratuíto co fin de asesorar de maneira precisa sobre cuestións concretas vinculadas aos seguintes ámbitos: mobilidade xuvenil, emprego, saúde e voluntariado europeo. As inscricións ábrense o 04/05/2022 ás 16:00h e pecharanse o día anterior do comezo de cada obradoiro. Unha vez que se esgoten as prazas, abrirase unha listaxe de agarda para cada obradoiro na que te poderás inscribir chamando ao teléfono 981.18.42.94 OBRADOIROS
Horario: 18.00 a 20.00 h Idade: 12 a 30 anos Lugar: Espazo Xuvenil Remanso Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Cristina González González
Como realizar unha entrevista de traballo? Horario: 18.00 a 20.30 h Idade: 16 a 30 anos Lugar: Espazo Xuvenil Remanso Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Cendá Consulting
Como realizar un voluntariado europeo? Data: 2 de xuño Horario: de 18.00 a 19.30 h Idade: 18 a 30 anos Lugar: Espazo Xuvenil Remanso Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Fundación Paideia
Recalculando ruta: Obradoiro motivacional e de xestión emocional tras os efectos da covid-19 Horario: de 18.00 a 19.30 h Idade: 16 a 25 anos Lugar: Espazo Xuvenil Remanso Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Centro Quérote+ NOTA: Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises. Contacto:Rede Municipal de Espazos de Información Xuvenil Teléfono Servizo de Información Xuvenil- Centro Ágora: 981 189 888 (ext. 34324 / 34325) Teléfono Servizo de Información Xuvenil - Centro Cívico Cidade Vella: 981 189 885 (ext. 10803 / 10804) Teléfono Servizo de Información Xuvenil -Fórum Metropolitano: 981 184 294 Whatsapp/Telegram: 606 362366 Email: cmix@coruna.es | |||||||||||||||||||||
Recalculando ruta: Obradoiro motivacional e de xestión emocional tras os efectos da covid-19 | Idade: de 16 a 25 anos. | Data: 09/06/2022 | Gratuito. | Contido do obradoiro: Obradoiro motivacional e de xestión emocional tras os efectos da covid-19. É frecuente que cando estamos atravesando unha situación complexa, vivindo un momento de dificultade, ou experimentando un período de crise como a que ven acaecida pola Covid19, determinadas emocións e pensamentos negativos sexan os que ocupen o primeiro plano, ocultando todos os demais (fortalezas, oportunidades, potencialidades...). Percibimos as dificultades e ameazas asociadas a esa situación e adoitan aparecer pensamentos invasivos que dificultan a maneira de abordar esos episodios da forma máis obxectiva, racional e positiva. Os recursos que nos pode proporcionar a educación emocional, poden facer que esa situación mude completamente e incluso, o que nun primeiro momento se plantexaba como unha experiencia negativa, poida supor unha aprendizaxe que nos impulse cara a novos retos con maior fortaleza e recursos de xestión emocional. OBXECTIVOS:
| ||||||||||||||||||||
Como realizar un voluntariado europeo? | Idade: de 18 a 30 anos. | Data: 02/06/2022 | Gratuito. | Contido do obradoiro: O Voluntariado Europeo é un proxecto internacional de voluntariado enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidariedade. Permite colaborar nun proxecto de longa duración (até 12 meses) nunha organización ou nunha institución sen ánimo de lucro de Europa. Neste taller poderás coñecer todo sobre esta modalidade de voluntariado e a forma de participar neste proxecto:
| ||||||||||||||||||||
Como realizar unha entrevista de traballo? | Idade: de 16 a 30 anos. | Data: 19/05/2022 | Gratuito. | Contido do obradoiro:
| ||||||||||||||||||||
Excursións e viaxes de ornitoloxía e natureza con SEOBirdLife |
| Data: | Prezo segundo excursión ou viaxe. Consulta na web de SEOBirdLife a ficha correspondente a cada actividade. | Algunhas viaxes e excursións para os próximos meses (máis actividades na web de SEOBirdLife):
Contacto:SÉ/BirdLife Melaquiades Biencinto, 34. Madrid Telf. 91 434 09 10 Correo-e: excursiones@seo.org | ||||||||||||||||||||
Programación Sala Marilyn Monroe, maio 2022 | Data: Dende o 05/05/2022 ata o 28/05/2022 | 3 € (+65 anos, persoas desempregadas ou carné xove, 2 €) Venda de entradas:
|
Contacto:Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 correo-e: forum@coruna.gal | |||||||||||||||||||||
Programación Sala Fernando Rey, maio 2022 | Data: Dende o 05/05/2022 ata o 28/05/2022 | 3 € (+65 anos, persoas desempregadas ou carné xove, 2 €) Venda de entradas:
|
Contacto:Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 correo-e: forum@coruna.gal | |||||||||||||||||||||
Campamentos TEMPUS 2022 - ETL Tempus |
| Data: Data de inscrición Ata o 27/06/2022 |
| Datas:
Día da reunión para familias: 27 de xuño ás 19:00h no Cámping Río Xuvia. Contacto:ETL Tempus Correo-e: campamentostempus@gmail.com Tfnos: 616 890 418 - 657 926 913 | ||||||||||||||||||||
SIMPLE MINDS "40 Years of Hits Tours 2022" - Ciclo Xacobeo Importa | Data: 27/07/2022 |
| Simple Minds é unha das bandas máis lonxevas da historia do rock de estadio, chegando a vender máis de 60 millóns de álbums. Na súa longa traxectoria, o grupo escocés foi protagonista de concertos históricos como o de Night of the Proms en Róterdan, ou o mítico concerto no estadio de Wembley ante máis de 50.000 persoas. O seu single máis éxitoso, Don't You (Forget About Me), está incluído na lista das 100 cancións máis vendidas da historia: con 6,5 millóns de copias distribuídas. Ademais, Simple Minds conta con máis de 20 discos ás súas costas, logrando que 6 deles, Sparkle in the Rain (1984), Once Upon a Time (1985), Live in the City of Lixeiro (1987), Ballad of the Streets (1989), Street Fighting Years (1989) e Glittering Prize (1992) alcanzasen os primeiros postos nas listas en máis de 20 países. Neste 2022 a banda embarcarase nunha extensa xira mundial (que tivo que ser atrasada pola pandemia) para celebrar os seus 40 anos de traxectoria. Con motivo deste aniversario, tamén editaron un disco que recolle os directos da súa xira máis extensa por Estados Unidos, Live in the City of Angels, e un recompilatorio cos hits da súa carreira: 40:The Best of - 1979-2019 Case 20 anos despois do seu último concerto nun escenario galego, chegan nun gran momento de forma para repasar un repertorio emblemático diante da gran cantidade de fans que ten o grupo en Galicia. Lugar: Coliseum Contacto:Coliseum Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008- A Coruña tel.: 981 134 450 | |||||||||||||||||||||
Base Surf Camp verán 2022 |
|
Data: Quendas desde finais de xuño a principios de setembro. | 150 euros. Opción con transporte + 20€. | Datas verán 2022:
Contacto:Base Surf Camp Don Bosco, 3. 15002 A Coruña Tel: 637 972 405 | ||||||||||||||||||||
Mañás de Verán 2022 | Data: Dende o 27/06/2022 ata o 02/09/2022Data de inscrición Ata o 13/06/2022 | O prezo da inscrición a pagar por cada participante dependerá do número de semanas nas que participe, habendo tamén variacións no caso de que participen irmá/ns.
No caso de irmá/ns aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións da segunda irmá/n en adiante.
* Ao servizo opcional de madrugadores non se lle aplica descontos polo que costa 5€ por nena/o e semana no caso de solicitalo. Estes prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadoras/es, uso de instalacións e merendas de media mañás. |
Contacto:Centro Xuvenil Abeiro R/ Don Bosco, 1. 15002- A Coruña tel.: 693 846 023 e-correo: cxabeiro@cxabeiro.org | |||||||||||||||||||||
Eu son de aquí. María Casares | Data: Dende o 02/05/2022 ata o 31/05/2022 | de balde. | "Eu nacín aquí. Meus pais naceran aquí e mais meu avó paterno e a miña avoa paterna, e tamén a miña avoa materna e máis lonxe na miña ascendencia os meus antepasados e a súa proxenie." Así se expresaba María Casares nas súas memorias "Residente privilexiada" referíndose á súa cidade, A Coruña. As Bibliotecas Municipais da Coruña súmanse ao aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Casares para celebrar o Ano Internacional María Casares en 2022 cunha exposición itinerante polas Bibliotecas da Rede. A exposición estará formada de 8 paneis ilustrativos que dan conta da traxectoria vital e artística da actriz coruñesa. O obxectivo é contribuír ao coñecemento desta importante e singular figura de orixe coruñesa que tivo gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX entre a poboación dos barrios da nosa cidade. Contacto:Biblioteca Municipal Monte Alto Vereda do Polvorín, 2-4, 3º. 15002- A Coruña tel.: 981 184 382 e-correo: bmontealto@coruna.gal | |||||||||||||||||||||
Atlantic Pride 2022 | Data: Dende o 03/07/2022 ata o 10/07/2022 | Contacto:Atlantic Pride E-mail: info@atlanticpride.es | ||||||||||||||||||||||
Campamentos de verán 2022 - FervenzAventura |
| Data: | 620 €. Tarifa especial 590 € (a partir do 2º irmán participante, grupos de 5 ou máis participantes). Inclúe: actividades, aloxamento, pensión completa, monitores 24 h, seguros... | Programa de actividades:
Datas 2022:
Contacto:FervenzAventura Centro de actividades na natureza Reboreda-Abades, 6. 36589 Silleda (Pontevedra) Tel. 986 696 622 // 695 069 933 Correo-e: info@fervenzaventura.com | ||||||||||||||||||||
Ciclo de concertos da Plataforma Cultural Km. C | Data: Dende o 30/04/2022 ata o 03/07/2022 | Gratuíto | Programa:
Contacto:Plataforma Cultural Km. C | |||||||||||||||||||||
Campamentos de verán 2022 - O Kiriko |
| Data: Data de inscrición Ata o 15/06/2022 | Kiriko aventura:
Campamento granxeiro:
Estancia en réxime de pensión completa, aloxamento en cuartos múltiples con baños, póliza de accidentes e responsabilidade civil . | Modalidades de campamentos e datas:
Contacto:Granxa Escola O Kiriko Soutosico, 20. 36847 Fornelos de Montes (Pontevedra) Tel. 986 76 86 00 - 687 57 80 19 Email: reservas@kirikonatura.com | ||||||||||||||||||||
Atlantic Fest - Vilagarcia de Arousa | Data: Dende o 15/07/2022 ata o 17/07/2022 | Venda de entradas: https://atlanticfest.com/entradas/ | Contacto:New Live E mail: atlanticfest@newlive.es | |||||||||||||||||||||
Campamentos +18 - Asociación Vento Norte Sur |
| Data: |
|
Contacto:Asociación Vento Norte Sur Praza Toledo s/n, baixo, Murcia 30009 Tel. 630 683 008 Correo-e: info@vientonortesur.org | ||||||||||||||||||||
XXVII edición do Campus Milenium - Básquet Coruña |
| Data: Dende o 27/06/2022 ata o 08/07/2022Data de inscrición Ata o 17/06/2022 |
| Contacto:Club Básquet Coruña Cale Arquitecto Rey Pedreira, 3. 15011 A Coruña Tel. 981 264 022 | ||||||||||||||||||||
Morriña Fest 2022 |
Data: Dende o 15/07/2022 ata o 16/07/2022 Entradas a venda a partir do 27/04/2022 ás 12h. | O prezo dos abonos de 2 días irá dende os 49 € + gastos a 138 € + gastos. | Contacto:Promociones Noroeste Just Music Calle Medico Duran nº25 15005 - A Coruña | |||||||||||||||||||||
Exposición dos debuxos orixinais do cómic 'Emilia Pardo Bazán' | Data: Dende o 25/04/2022 ata o 31/05/2022 | De balde. | Contacto:Casa-Museo Emilia Pardo Bazán Rúa Tabernas nº 11 15001- A Coruña Tel: 981 207 308 | |||||||||||||||||||||
Paseos pola Coruña literaria, primavera 2022 |
| Data: Dende o 30/04/2022 ata o 28/05/2022, os sábados | del balde, con inscrición previa |
Nº Prazas: 55 para cada paseo Contacto:Servicio de Normalización Lingüística do Concello da Coruña Centro Ágora. Lugar da Gramela, 17 (15010 - A Coruña) tel.: 981 184 200 ext. 34311 / 34310 correo-e: lingua@coruna.gal | ||||||||||||||||||||
Maio Jazz 2022 | Data: Dende o 01/05/2022 ata o 29/05/2022, os domingos | de balde, previa retirada de convite en https://entradas.ataquilla.com | Programa:
Contacto:Teatro Colón Avenida da Marina, 7A (15001 - A Coruña) correo-e: teatrocolon@coruna.gal | |||||||||||||||||||||
VI Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio | Data: Dende o 09/06/2022 ata o 11/06/2022 | O Encontro Internacional Acampa pola Paz transforma o centro da Coruña durante tres días nun foro de reflexión e debate sobre a situación das persoas migrantes e refuxiadas. Todas as actividades desenvólvense en torno a un campo, instalado nos Xardíns de Méndez Núñez: exposicións, presentacións de libros e relatorios con activistas e expertos forman parte do programa do Encontro, centrado nesta edición na pandemia de fame que afecta a 811 millóns de persoas no mundo e que é un dos principais desencadenantes dos desprazamentos masivos de persoas no planeta LUGAR: Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña) PROGRAMA: https://coruna.redeacampa.org/gl/programa-2022 Contacto:Acampa E-correo: acampa@redeacampa.org | ||||||||||||||||||||||
Actividades do mes de maio nas Casas da Mocidade de Oleiros | Ter entre 14 e 30 anos. | Data: Dende o 01/05/2022 ata o 28/05/2022 | De balde. | Programación:
Ademais destas actividades, haberá as seccións de entrevistas de "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista cun contacto de SEDRA- FPFE; todo isto a través da canle de Instagram. Contacto:PIX As Pedras: Avenida Rosalía de Castro nº114 15172- Perillo (Oleiros) Tel: 981 977 944 Mail: pix.aspedras@gmail.com PIX Portaberta: Rúa Daniel Castelao nº5 15179- Liáns (Oleiros) Tel: 981 614 083 Mail: pix.portaberta@gmail.com | ||||||||||||||||||||
Club da Raíña Lupa |
| Data: Dende o 29/04/2022 ata o 25/11/2022 | De balde. | As sesións terán lugar na Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18h do último venres dos meses de abril, maio, setembro, outubro e novembro. Calendario de lecturas e encontros:
Contacto:Biblioteca Provincial da Coruña Rúa Riego de Agua, 37. 15001 A Coruña Tel. 981 08 01 75 E-correo: biblioteca.info@dacoruna.gal | ||||||||||||||||||||
V Festival RESIS | Data: Dende o 21/04/2022 ata o 04/06/2022 | de balde, con reserva previa de entradas para algúns dos eventos (+info en https://resisfestival.com) | PROGRAMA:
Toda a información en https://resisfestival.com/programa-2022 Contacto:Resis Festival Tel.: 644 769 679 correo-e: resisfestival@gmail.com | |||||||||||||||||||||
De meu, de teu, de seu: a importancia da convivencia interxeracional na sociedade | Data: Dende o 15/04/2022 ata o 15/06/2022 | De balde. | PROGRAMA: - Mostra de material bibliográfico e documental do ciclo temático "De meu, de teu, de seu": do 15 de abril ao 15 de xuño - Actividades:
Contacto:Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos nº 1 15006- A Coruña Tel: 981 184 298 Mail: bforum@coruna.gal | |||||||||||||||||||||
Nocturnia Primavera-Verán 2022 | Data: Dende o 01/04/2022 ata o 30/07/2022con diferentes prazos de inscrición para cada actividade | PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA... 1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver pdf adxunto coa programación completa). Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo. 2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao esgotar as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez. 3. Para acceder as actividades será obligatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, o uso de mascarilla e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante. 4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises. Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible. Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización para menores actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza. 5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com Inscrición nas actividades desde o 23/05/2022 ás 16.00 h. ata o 26/05/2022 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas. VENRES 27 DE MAIO 2022: Itinerarios xogados: María Pita, unha muller na historia
Taller de parkour: iniciación básica
SÁBADO 28 DE MAIO 2022:
Palitroques: taller de arquitectura
Roteiro interpretación natural: "Fraga de Catasós" (Lalín), árbores centenarias
E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, traxe de baño e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou un SMS indicándocho. Contacto:Enderezo electrónico: nocturniacoruna@gmail.com | ||||||||||||||||||||||
Charlas de divulgación científica "Para Saber +" |
Data: último luns de cada mes, desde o 28/03/2022 | acceso libre até completar capacidade | Programación de primavera:
Contacto:Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 298 correo-e: bforum@coruna.gal | |||||||||||||||||||||
Ciclo de cine "Colón Noir" |
Data: Dende o 31/03/2022 ata o 09/06/2022 unha proxección ao mes | 3€ (2€ con carné novo, + 65 anos e/ou persoas desempregadas) venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com | PROGRAMA:
Todas as proxeccións serán en 35mm e en versión orixinal subtitulada Contacto:Teatro Colón Avenida da Marina, 7A (15001 - A Coruña) Tel.: 981 18 42 00 | |||||||||||||||||||||
Homenaxe a Pedro Brandariz | Data: 19/03/2022 | Entrada libre ata completar a capacidade. | ||||||||||||||||||||||
Concerto de Alejandro Sanz | Data: 23/06/2022 | A partires de 55€ |
Contacto:Coliseum Rúa Francico Pérez Carballo nº 2. 15008- A Coruña Tel: 981 134 450 | |||||||||||||||||||||
María Casares: Escoita e compromiso | Data: 17/03/2022 | de balde. | Nesta proposta achegarase a esta personalidade forte, potente, valerosa, e complexa. Farase unha viaxe dende Coruña a Francia e a Paris. Como billete e paisaxe da nosa travesía empregarase imaxes, retratos fotográficos da actriz, que mesmo deberan ser xa iconas da nosa cultura e formar parte do noso imaxinario colectivo. Interpretando episodios transcendentais e importantes da súa vida nas diferentes etapas, eidos, a infancia, as orixes xeográficas e familiares, o desterro... María Casares, muller galega, legado universal. Contacto:Biblioteca Fórum Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1. 15006- A Coruña tel.: 981 184 298 e-correo: bforum@coruna.gal | |||||||||||||||||||||
Sara Ferrández & Juan Pérez Floristán | Data: 15/03/2022 |
| PROGRAMA R. Schumann · Adagio e Allegro op 70 P. Hindemith · Sonata para viola e piano op 11 nº 4 G. Enescu · Peza de concerto para viola e piano H. Vieuxtemps · Elegie para viola e piano M. de Falla · Suite popular española para viola e piano Contacto:Teatro Rosalía Castro R/ Rega de Auga, 37. 15001- A Coruña e-correo: trc@coruna.gal |