Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Representación teatral: "Pedras Vivas" polo grupo teatral Noite Bohemia

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Persoas adultas, Familias

Cando:

22/12/2025

Inscricións:

Dende o 15/12/2025 ata o 22/12/2025

Require inscrición

Horario:

18.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña

Requisitos:

Para todos os públicos (a partir de 8 anos)

Contacto:

bmontealto@coruna.es

981184382

Vinde coñecer a historia das bibliotecas municipais da man da compañía teatral Noite Bohemia.

Pedras vivas é unha peza teatral que nos leva de viaxe no tempo nun escenario natural privilexiado. A Coruña 1920, os xardíns do recheo é o lugar elixido. A literatura cobra protagonismo neste recuncho arborado á beira do mar que se converteu en escaparate para visitantes e refuxio cultural para a cidadanía. As bibliotecas municipais comezan así a súa singradura que hoxe deriva nunha rede cultural e lecer de referencia.

Noite Bohemia, a compañía teatral coruñesa que vén de gañar o premio nacional de teatro clásico, elabora da man da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda unha proposta que fai cobrar vida ás pedras dos xardíns, os xardíns da literatura e o mar. Os nomes da nosa literatura son os grandes protagonistas desta viaxe no tempo que agora se achega até os interiores desas bibliotecas que foron medrando ao longo de todo un século. Esta cita busca levar ao público dos barrios a nosa cultura.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión