| Denominación | Requisitos | Datas | Prezo / Dotación | Información | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Exposición de fotografía: Camiños | Data: Dende o 01/10/2026 ata o 16/10/2026 | De balde | Inauguración: Xoves, 1 Outubro 2026 ás 18:30 h Participan nesta exposición Lestonnac Ibáñez, Manolo Graña, Eduardo Castro, Raúl Castro e Calros Silvar. Contacto:Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos nº 1 15006 - A Coruña Tel: 981 184 293 E-correo: forummetropolitano@coruna.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| VII Ciclo Butaca de Jazz | Data: Dende o 14/11/2026 ás 12:03 ata o 28/11/2026 ás 12:03 , os sábados | Entrada individual: 10 € + gastos de xestión Abono 3 concertos: 24 € + gastos de xestión | Programación:
Venda de entradas: Ataquilla Contacto:Sede Afundación A Coruña Rúa Cantón Grande nº8 15003 - A Coruña Tel: 981 185 060 E-correo: socioculturales@afundacion.org | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tes unha idea para Nocturnia? | Data: Data de inscriciónDende o 25/09/2026 ata o 04/10/2026 | TES UNHA IDEA PARA NOCTURNIA? Durante os meses previos a realizar o programa, ábrense periodos onde asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poden enviar proxectos e propostas a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Mocidade, para que participen na elaboración e no deseño da proposta, xerando así un proxecto global de participación xuvenil. Nocturnia é un programa de ocio saudable para xente moza, de 12 a 30 anos, así que as propostas e achegas deben adaptarse ao público xuvenil. COMO PRESENTO A PROPOSTA? En dous pasos: 1 - Cubre o formulario Cubre e envía o formulario (tamén o atoparás na web de Nocturnia, na de Mocidade e no IG de Nocturnia) cos seguintes datos: DATOS DE CONTACTO
IDEAS OU PROPOSTAS
ORZAMENTO
2 - Despois de cubrir o formulario Se precisas enviar un dossier con varias actividades despois de cubrir o formulario, deberás envialo por mail a nocturniacoruna@gmail.com Contacto:Correo electrónico: nocturniacoruna@gmail.com Facebook: https://www.facebook.com/nocturniacoruna | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Festa do Cinema Outono 2026 | Data: Dende o 19/10/2026 ata o 22/10/2026 | 3,50 € | O funcionamento é igual que un dia normal, polo que podes comprar as entradas que desexes no despacho de billetes. CANTÓNS - https://www.cantonescines.com/ CINESA MARINEDA CITY · ISENSE - https://www.cinesa.es Contacto:Federación de Cines de España Campoamor 9, esc dereita, 1ª planta. 28004, Madrid Tel.: 913 192 292 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Antenas de Información Xuvenil curso 2026-2027 |
|
Data: O programa AIX desenvolverase de novembro 2026 a maio 2027 | Obxectivos do programa "Antenas de información xuvenil"
Funcións das Antenas de Información Xuvenil As funcións xerais das Antenas de Información Xuvenil son:
Compromisos das Antenas de Información Xuvenil
Contraprestacións A persoa con función de Antena obterá as seguintes contraprestacións:
Documentación necesaria A documentación a presentar por cada persoa que solicita ser Antena é a que segue:
Unha vez realizada a selección, serán os Espazos de Información Xuvenil os que compartan coas Antenas seleccionadas, ao inicio do programa, unha pequena proposta de dinamización da información na que tamén se abordará:
Consulta as bases completas (adxuntas) e envíanos a túa solicitude a cmix@coruna.gal Contacto:Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña Tel. 981 184 294 WhatsApp 606 362 366 Correo-e: cmix@coruna.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Fragas do Mandeo: Voluntariado na limpeza simultánea de ríos | Data: 04/10/2026 | O punto de encontro será o Centro de Saúde de Betanzos ás 9:30 horas, coa idea de rematar ás 14:00h. Inscrición Para participar é necesario enviar un correo a correo@fragasdomandeo.org cos teus datos: nome completo, DNI, móbil, concello de residencia e data de nacemento. Así poderemos notificarche cambios de última hora, facerche un seguro de accidentes e facilitarasnos a organización. Información práctica
Contacto:Fragas do Mandeo, fondo de conservación da natureza de As Mariñas Lg. Vilar de Costoia nº 123, Porzomillos 15389 Oza-Cesuras Tel.: 981 105 903 (en horario de tarde) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Visitas guiadas ao Dolmen de Cabaleiros | Data: Dende o 25/09/2026 ata o 03/10/2026 | Este Dolmen é un dos conxuntos megalíticos máis destacados da provincia e está a ser obxecto dun proxecto de investigación arqueolóxica desenvolvido pola Universidade e financiado con fondos europeos. As visitas guiadas son abertas á participación da cidadanía e estarán comentadas polo arqueólogo Ángel Concheiro Coello, integrante do equipo que participa no proxecto de investigación. Terán lugar nas seguintes datas:
Contacto:Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña Tel.: 981 415 319 E-correo: deputacion@dacoruna.gal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Voluntariado no Monte da Fraga: Charcas con vida | Data: 08/10/2026 | Punto de encontro: Entrada principal da Facultade de Ciencias (A Zapateira). As prazas son limitadas, é necesario anotarse previamente no seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN (ata 2 días antes da actividade). Contacto:Oficina de Sustentabilidade da Universidade - UDC Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña s/n, 15071 A Coruña Tel.: 981 167 000 Ext. 5626 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ruta pola influencia cubana na Coruña | Data: 03/10/2026 | Inscrición Inscrición en liña exclusivamente mediante o formulario dispoñible en www.museobelasartescoruna.xunta.gal , a partir do martes 29 de setembro ás 10.00 horas. O envío do formulario non garante a reserva de praza. Unha vez cuberto, recibirá un email por parte do Museo para formalizar a inscrición. Contacto:Museo de Belas Artes da Coruña R/ Zalaeta, 215002 A Coruña Tel.: 881 881 700 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Defensa persoal para mocidade: Kajukenbo |
Data:
| 1ª clase gratis, posteriormente 30 € ao mes. | Nos adestramentos traballarase tanto a parte técnica do Kajukenbo, centrada na aprendizaxe e aplicación de diferentes técnicas de defensa, como unha parte de kickboxing, con exercicios de golpe, desprazamentos e traballo físico. Irase adaptando a intensidade e os exercicios ás características de cada grupo, polo que non é necesario contar con experiencia previa para comezar a practicalo. Contacto:Rúa Lamelas, 49B, 15008 A Coruña Tel.: 881 304 389 E-mail: info@evofitgimnasios.com | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Sons e saberes no Monte dos Crutos | Data: Dende o 24/09/2026 ata o 26/09/2026 | Gratuíto. | Programa: Xoves, 24 de setembro:
Venres, 25 de setembro:
Sábado 26 de setembro:
Aquelas actividades que requiren inscrición previa poden reservarse a través do correo electrónico contacto@temponovo.gal ou do teléfono 651 498 212. Contacto:Asociación Tempo Novo Tel.: 651 498 212 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Concerto de "Aitor Vázquez Torres", gañador do Premio Composición Musical Andrés Gaos | Data: 26/09/2026 | De balde. É necesario retirar previamente unha invitación en ataquilla.com | Contacto:Deputación Provincial da Coruña Avenida Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña Tel.: 981 080 300 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Xornada de bautismos de escalada | Data: 26/09/2026 | 5 € por persoa. | A Agrupación de Montañeiros Independentes abre unha nova xornada de de bautismo de escalada na súa sala. As prazas son limitadas.
Contacto:Rúa Padre Sarmiento, 8, 15005 A Coruña Tel.: 667 96 72 27 E-correo: info@amimontanismo.es | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Alén do Castelao: Xornadas profesionais de BD 2026 | Data: Dende o 29/09/2026 ata o 30/09/2026 | Durante dúas tardes consecutivas haberá clases maxistrais e obradoiros nos que intervirán persoas cun amplo percorrido no mundo da BD, achegando información e experiencias subliñables e contestando dúbidas e cuestións do público asistente.
A inscrición é gratuíta, e está dispoñible desde o 16 de setembro. Contacto:Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña Tel.: 981415319 E-correo: deputacion@dacoruna.gal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| AgoraSón, outono 2025 | Data: 23/10/2026 | gratuíto con invitación* *as invitacións (sen numerar e un máximo 2 por socia/o) repartiranse, ata esgotárense, nas Bibliotecas Municipais da Coruña co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs, etc.) dende o mércores 14 de outubro no horario de apertura de cada biblioteca. | A Banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres (Xiana Lastra, Andrea Porto, Estela Rodríguez, Iria de Cabo e Paula Rego) que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. «Bailando as rúas», «Fábrica de luz», «Hasme oír» e «Xabón Lagarta» son os catro traballos discográficos que tiñan publicados ata o ano pasado. En 2025 sacaron «Lovismo». Icía Varela e Haruna Chatani A pandeireta que une culturas. A cantareira galega Icía Varela e a música Haruna Chatani ofrecen unha proposta artística moi singular na que se mesturan as sonoridades tradicionais de Galicia e do Xapón, creando pontes entre culturas a través do koto (arpa xaponesa) e da pandeireta. Contacto:- Servizo de Normalización Lingüística Centro Ágora: Lugar da Gramela, 17 (15010 - A Coruña) tel.: 981 18 42 00 ext. 34311 / 34310 correo-e: lingua@coruna.gal - Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| XIX Limpeza Simultánea de Ríos: Limpeza do río Lagar | Data: 02/10/2026 | Inscrición NESTE FORMULARIO Punto de encontro: Entrada principal da Facultade de Economía e Empresa. Contacto:Oficina de Sustentabilidade (OdS) UDC Tel.: 981 167 000 Ext. 5626 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| El último rally | Data: 05/10/2026 | De balde | O documental, de 83 minutos de duración, está dedicado á figura do piloto coruñés Carlos Piñeiro, veciño do barrio da Gaiteira, e repasa a súa traxectoria deportiva e a pegada que deixou no automobilismo galego. Contacto:Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos nº1 15006 - A Coruña Tel: 981 184 293 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| "Mozos para Mozos: Educando en Dereitos Humanos e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible" - Helsinqui España |
| Data: | Consta de dúas fases:
Inscrición: formulario Contacto:Helsinqui España - Dimensión Humana Rúa de Sta. Cruz de Marcenado, 11, 2ºA 28015 Madrid (España) Tel.: +34 915 33 54 55 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| XXVIII Ciclo "Concertos de Outono" no Museo de Belas Artes |
Data: Os domingos 27 de setembro, 11 e 18 de outubro e 22 e 29 de novembro de 2026. | Entrada libre até completar aforo. | Programación 27 de setembro Haruna Takebe · Piano Concerto en colaboración co Festival Vertixe 14. 11 de outubro Dúo Aria Nostra Lis Teuntor · Soprano Julián Jesús Pérez · Piano 18 de outubro Laura Lorenzo · Frauta Brais González · Piano 22 de novembro Elisa Vázquez Doval · Piano 29 de novembro Dúo Marco Marta Vélez · Violín Constantino Pérez · Piano Contacto:Museo de Belas Artes da Coruña R/ Zalaeta, 215002 A Coruña Tel.: 881 881 700 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| XIII Carreira Enki 2026 | Data: 17/10/2026 | 1) Xeral: 8€. 2) Menores de 10 anos e persoas con discapacidade: 6€. | A XIII Carreira ENKI pola inclusión é unha proba lúdica e non competitiva de obstáculos, cun percorrido urbano duns 2,5 km. O circuíto deseñarase desde unha perspectiva de accesibilidade e inclusión, facilitando a participación en igualdade de oportunidades. Os obstáculos serán voluntarios e contarán con alternativas accesibles e sinalizadas. Lugar: Explanada do Parrote. R/ Paseo do Parrote, s/n. 15001- A Coruña INSCRICIÓNS As inscricións abriranse o 4 de setembro ás 12:00 h e permanecerán dispoñibles ata completar o número total de dorsais habilitados pola organización.
As inscricións finalizarán no momento en que se esgoten os dorsais dispoñibles, aínda que non se alcanzase unha data límite anunciada previamente. A inscrición considerarase formalizada unha vez completado correctamente o proceso correspondente. Non se permitirá participar na Carreira ENKI sen o dorsal de participación. Contacto:FUNDACIÓN ABRENTE (ENKI) R/ Novoa Santos 36 Baixo, 15006 A Coruña Tel: 881 243 819 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ciclo Tándem no Teatro Colón |
Data: Os días 3, 4, 18 e 25 de outubro de 2026. | Dende 4€ (compra de entradas en https://entradas.ataquilla.com) | PROGRAMA:
Contacto:Teatro Colón Avenida da Mariña, 7A (15001 A Coruña) Tel.: 981 184 200 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Descubre o Lazareto e o Sanatorio de Oza |
Data: 30 de setembro, 14 e 21 de outubro de 2026 Data de inscriciónDende o 23/09/2026 ata o 29/09/2026 | De balde. | Programa: 1ª sesión: A creación do Lazareto e do Sanatorio de Oza 30 de setembro, ás 18:00 h. Contextualización histórica da creación destas institucións sanitarias. 2ª sesión: Historia e traxectoria do Lazareto e do Sanatorio de Oza 14 de outubro, ás 18:00 h. Coñeceremos a evolución e o papel destas institucións na historia sanitaria da Coruña. As dúas primeiras sesións celebraranse na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (2 horas). 3ª sesión: Proxección e memoria audiovisual no CGAI 21 de outubro, ás 17:00 h. Proxección dun curto documental sobre o Lazareto e o Sanatorio de Oza, acompañado de fotografías e comentarios de Carlos González Guitián no CGAI (1 hora). Sobre o relator: Carlos González Guitián é doutor en Historia e especialista en documentación científica e historia da medicina. Foi xefe da Biblioteca do CHUAC e coordinador de Bibliosaúde. Conta con diversos estudos sobre a historia das institucións sanitarias da Coruña. Contacto:Biblioteca Municipal de Estudos Locais R/ Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña Tel. 981 184 386 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ciclo de charlas e talleres UDC saudable | Data: Dende o 22/09/2026 ata o 22/10/2026 | De balde | O ciclo inclúe as seguintes actividades:
Coidarte desde dentro: saúde e benestar do chan pélvico A cargo de Zeltia Naia Entonado, fisioterapeuta
Cando o xogo deixa de ser un xogo: claves para previr a ludopatía A cargo de Alejandro Sánchez Balsa, terapeuta ocupacional
Pantallas, scroll e identidade: quen decide realmente A cargo de Anxo García Terrón, terapeuta ocupacional
Adiccións químicas: máis alá da substancia: comprender e abordar as adicción químicas A cargo de Rebeca Graña, educadora social Contacto:UDC Saudable Tel: 881 014 345 E-correo: gabinete.udc.saudable@udc.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| XV Encontro Artes pola Integración | Data: Dende o 15/09/2026 ata o 25/10/2026 | de balde, até completar capacidade. | PROGRAMACIÓN NA CORUÑA:
Contacto:Artes pola Integración Tel.: 663 301 765 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cineclub Bóveda: "Kuhle Wampe" | Data: 25/09/2026 | de balde, previa inscrición na web https://acalexandreboveda.gal | Contacto:A. C. Alexandre Bóveda R/ Santo André, 36, 1º (15003 - A Coruña) Tel.: 981 200 869 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| G-Night - Noite Galega das Persoas Investigadoras | Data: 25/09/2026 | Gratuito. | Obradoiro muncyt | electricidade e movementoObradoiro museo de belas artes | unha obra agochadaCharlas | dársena da mariñaObradoiro | Homo, Pongo, Pan: quen é quen na árbore evolutiva dos primates Obradoiro | Os (micro)fósiles e a paleoecoloxía Obradoiro | XINE-IA: intelixencia artificial ao servizo da saúde feminina Obradoiro | Foguetes, unha parte fundamental da exploración espacial Obradoiro | Entre Qubits e Soños Obradoiro | vivir con artrose ou dor de xeonllo: avaliación, automanexo e exercicio terapéuticoObradoiro | terapia avanzada CAR - T, potenciando a nosa resposta inmuneObradoiro | Contaminación ambiental Obradoiro | cica: ciencia para a saúde, a sustentabilidade e a enerxíaObradoiro | Formigón en familia Obradoiro | ROVs, simuladores e máis: visita a ETS de náutica e máquinas! Contacto:G-Night | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Hackathon «Creadores Culturais & Tecnólogos» |
| Data: Dende o 02/10/2026 ata o 16/12/2026Data de inscrición Ata o 28/09/2026 | Do 2 de outubro ao 16 de decembro terá lugar un hackathon no que equipos de profesionais da cultura e da tecnoloxía traballarán xuntos para desenvolver proxectos culturais que se inspiren, aborden ou promovan a relación entre cultura e intelixencia artificial. Unha oportunidade para darlle solución a retos concretos e demostrar como a intelixencia artificial pode servir de ferramenta para proxectos culturais. O hackathon arrincará cunha xornada presencial o 2 de outubro e finalizará coa presentación dos prototipos finais nunha segunda xornada presencial o 16 de decembro na que se coñecerá o proxecto gañador. Entre o 2 de outubro e o 16 de decembro os equipos traballarán de maneira autónoma e en liña no desenvolvemento dos proxectos participantes. Lugar: Museo Domus-Casa do Home Contacto:Perisocopio Tel.: 627 679 931 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Viñetas desde o Atlántico 2026 - Actividades setembro | Data: | gratuito | Venres 18
Sábado 19
Xoves 24
Venres 25
Venres 25
Venres 25
Venres 25
Sábado 26
Sábado 26
Contacto:Viñetas desde o Atlántico | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Club de lectura xuvenil na Biblioteca do Ágora |
|
Data: O club comeza o 8 de outubro de 2026. | A actividade e de balde. | Contacto:Biblioteca Municipal Ágora Lugar Gramela, 17. 15011 A Coruña Tel.: 981 189 886 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Visitas guiadas "Habana Mater. Luis Gabú" - Museo de Belas Artes da Coruña | Inscrición:
| Data: Dende o 17/09/2026 ata o 31/10/2026, os xoves e sábados | Contacto:Museo de Belas Artes da Coruña Rúa Zalaeta, 2 - 15002 A Coruña Tel +34 881 881 700 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Colón Cinema | Data: Dende o 24/09/2026 ata o 20/12/2026 | 6€
| 24 SETEMBRO- MULHOLLAND DRIVE Catalogada en varias listas como a mellor película do S. XXI, a Obra Mestra de David Lynch é un prodixio onírico que se mira en 'Vertigo' de Hitchcock para crear unha trama laberíntica onde as personalidades desdóbranse, as preguntas duplican ás respostas e o soño dunha actriz en Hollywood convértese en pesadelo. Máis que unha película, Mulholland Drive é un bellísimo misterio que se alzou co premio ao mellor director no Festival de Cannes. Coloquio con David Rubín, debuxante de cómic cunha longa traxectoria nacional e internacional referendada por multitude de premios do sector. 1 OUTUBRO- O VERDUGO O gran Rafael Azcona asina a trama dun pobre home que, obrigado polas circunstancias, herda o oficio do seu sogro (Pepe Isbert, encarnando a un verdugo do franquismo). O Verdugo é a mellor película de Luís García Berlanga e obra clave da nosa cinematografía, que, baixo o disfrace da comedia, esconde unha feroz crítica a unha España desarrollista kafkiana e deprimente. Unha lección de cinema en fondo e forma, un monumento que se mantén como o primeiro día. Coloquio con Samantha Hudson, cantante, compositora, produtora, guionista, actriz e icona 360. 22 OUTUBRO- O ESPELLO A obra máis bela e enigmática de Andrei Tarkovski é un caleidoscopio sobre as etapas dunha vida humana, unha elexía sobre recordos familiares, sensacións, emocións e soños, e un relato fragmentado sobre a arte, o amor e a culpa. As extraordinarias imaxes do espello evocan con nostalxia os fogonazos da memoria. Unha experiencia única para o espectador. Coloquio con María von Touceda, escritora e crítica de Arte. 5 NOVEMBRO- CONTOS DA LÚA PÁLIDA Baseada en varios relatos de corte fantástico do S. XVIII, Kenji Mizoguchi levanta unha obra maxistral sobre dous irmáns que buscan gloria e riqueza. Aos poucos, o sobrenatural invade a realidade e as aspiracións dos protagonistas rompen en mil pedazos mentres o cineasta déixanos varias das imaxes máis perdurables do cinema xaponés. Unha película que se experimenta como un soño cos ollos abertos. Coloquio con Antonio Muñoz Molina, un dos grandes escritores contemporáneos, Premio Príncipe de Asturias (2013) e Miguel de Cervantes (2019). 17 NOVEMBRO- TEMPOS MODERNOS A alienación do traballo nas fábricas e as maquinarias automáticas son o eixo central dunha das cimas do slapstick e da comedia en xeral. Tempos modernos, ambientada na época da Gran Depresión americana, segue vixente en pleno 2026 na súa crítica á deshumanización e ás tiránicas condicións laborais. Chaplin, con todo, sempre garda espazo para a esperanza e a tenrura. Obra Mestra. Coloquio con Janet Novás, bailarina, actriz e docente. Premio Nacional de Danza (2025). 3 DECEMBRO- O SÉTIMO SELO Ingmar Bergman constrúe nesta película unha das imaxes máis icónicas do cinema mundial: a do cabaleiro que regresa das Cruzadas e desafía á mesma Morte nunha partida de xadrez. Mentres, a Europa medieval é devorada pola peste. Este é o escenario apocalíptico que expón o cineasta sueco no sétimo selo, o seu fresco sobre a vida, a morte e o silencio de deus. Coloquio con Jordi Costa, xefe de exposicións do Centre de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB), e un dos críticos cinematográficos máis recoñecidos do país. 20 DECEMBRO- SEN TEITO NIN LEI A historia dunha vagabunda (descomunal Sandrine Bonnaire) convértese, en mans de Agnès Varda, nun dos retratos femininos máis extraordinarios do cinema. Sen teito nin lei é unha road movie sobre o desarraigamento. Á súa vez, é un sobrecogedor retrato da inhumanidade da sociedade cos que non encaixan nela. Gañadora do León de Ouro no Festival de Venecia, é unha película que lanza preguntas, interpélanos e atravésanos como só o gran cinema sabe facer. Coloquio con Lúa Ribeira, fotógrafa que explora, entre outros temas, as dinámicas de exclusión, o feminismo e movementos xuvenís. Contacto:Teatro Colón Av. da Marina, 7A. 15003- A Coruña tel: 981 184 200/ Ext. 12033 e-correo: teatrocolon@coruna.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ciclo de conferencias: "Os instrumentos de Humboldt: ferramentas para concibir unha nova visión da natureza - Muncyt | Data: Dende o 17/09/2026 ata o 15/04/2027 | Gratuíto | Programa do ciclo
Retransmisión en directo a través da canle de YouTube: https://www.youtube.com/fecytciencia Contacto:Muncyt Coruña Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1, 15011 A Coruña Tel.: 689 578 727 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Recyclos- taller autorreparación de bicicletas | Data: Data de inscrición | Contacto:Asociación MOBI-LIZA Avda.Labañou, 10- 15011- A Coruña (A Coruña). Tel: 633 922 196 (whatsapp) e-correo: amobiliza@gmail.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Clubs de lectura das Bibliotecas Municipais | Data: | De balde | Biblioteca Municipal Os Rosales Café con libros Actividade dirixida a persoas adultas que ofrece un espazo para gozar da lectura e compartir impresións con outras persoas.
O Pensatorio Espazo de encontro para persoas adultas no que reflexionar, conversar e intercambiar ideas arredor de temas de interese, a partir de textos e lecturas.
En voz alta Actividade para persoas adultas, especialmente maiores de 60 anos, na que se comparten lecturas en voz alta e se comentan os textos nun ambiente de encontro e conversa.
CONTACTO: Biblioteca Municipal Os Rosales Praza Elípitica, 1, 1º. 15011 A Coruña Tel.: 981 184 389 Biblioteca Municipal Sagrada Familia Club de lectura Espazo para persoas adultas no que compartir o gusto pola lectura e conversar sobre as obras seleccionadas.
CONTACTO: Biblioteca Municipal Sagrada Familia R/ Antonio Pereira, 1, baixo. 15007 A Coruña Tel.: 981 184 392 Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano Club de lectura Actividade para persoas adultas na que se comparten e comentan lecturas comúns, intercambiando opinións e descubrindo novas perspectivas arredor dos libros.
Fiando historias Club de lectura dirixido a persoas adultas, especialmente a persoas con problemas de saúde mental. A actividade busca fomentar a participación activa na sociedade, a comprensión dos textos e a socialización, a través da lectura e de actividades complementarias.
Lendo devagar Club de lectura para persoas adultas no que se comparten e comentan obras producidas ou traducidas ao galego. Un espazo para gozar da lectura, intercambiar opinións e conversar arredor dos libros.
Fórum Cómics Espazo para maiores de 15 anos no que compartir e comentar cómics e novelas gráficas. Un punto de encontro para intercambiar ideas, experiencias e valoracións arredor dunha mesma paixón: o cómic.
CONTACTO: Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1. 15006 A Coruña Tel.: 981 184 298 Biblioteca Municipal Ágora Club da Gramela Actividade para persoas maiores de 18 anos que se reúnen para compartir e debater sobre as lecturas propostas. Un espazo para gozar da lectura, conversar e intercambiar opinións con outras persoas lectoras.
Ágora do 13 Espazo para persoas adultas que gozan da lectura e da conversa arredor dos libros. As participantes autoxestionan as sesións, cunha bibliotecaria coordinadora que prepara a programación anual e os materiais, ademais de propoñer actividades complementarias.
Club de lectura xuvenil Espazo para mozos e mozas de 14 a 18 anos con ganas de ler, facer novas amizades e compartir experiencias. Un lugar para conversar sobre os libros, descubrir xéneros e autoras e autores diferentes e achegarse tamén a outras linguaxes dixitais e artísticas.
CONTACTO: Biblioteca Municipal Ágora Lugar Gramela, 17. 15011 A Coruña Tel.: 981 189 886 Biblioteca Municipal Durán Loriga Club de lectura Espazo para persoas adultas no que compartir e comentar lecturas comúns, intercambiando opinións e descubrindo novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
Club de lectura xuvenil "O Ensanche" Espazo para rapazada de 12 a 18 anos no que compartir e comentar lecturas, intercambiando opinións e descubrindo novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
Club de lectura infantil "Miúdo" Espazo para nenos e nenas de 9 a 11 anos no que compartir e comentar lecturas, intercambiar opinións e descubrir novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
CONTACTO: Biblioteca Municipal Durán Loriga R/ Durán Loriga, 10, baixo. 15003 A Coruña Tel.: 981 184 388 Biblioteca Municipal Monte Alto Club de lectura Actividade para persoas adultas no que a lectura serve de punto de partida para conversar, compartir opinións e facer novas amizades arredor dos libros.
CONTACTO: Biblioteca Municipal Monte Alto R/ Verea do Polvorín, 2-4, 3º. 15002 A Coruña Tel.: 981 184 382 Biblioteca Municipal Castrillón Club de lectura Actividade para persoas adultas no que compartir e comentar lecturas comúns, intercambiar opinións e descubrir novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
Club de lectura de clásicos Espazo para persoas adultas no que compartir e comentar obras da literatura clásica, intercambiando opinións e descubrindo novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
CONTACTO: Biblioteca Municipal Castrillón Praza Pablo Iglesias. 15009 A Coruña Tel.: 981 184 390 / 689 366 010 Punto de servizo bibliotecario Mesoiro Club de lectura Actividade para persoas adultas no que compartir e comentar lecturas comúns, intercambiar opinións e descubrir novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
Club de lectura infantil Espazo para nenos e nenas de 9 a 12 anos no que compartir e comentar lecturas, intercambiar opinións e descubrir novas perspectivas que enriquecen a experiencia de ler.
CONTACTO: Punto de servizo bibliotecario Mesoiro R/ Os Ancares, 15. 15190 A Coruña Tel.: 981 184 370 Ciberclub: Club de lectura virtual Ciberclub 2026-2027: faite co libro! Club virtual de lectura, para persoas adultas, das Bibliotecas Municipais da Coruña, aberto en Internet 24/7. Un espazo para compartir lecturas e participar en faladoiros con outras persoas lectoras, asumindo diferentes roles e propostas en cada lectura.
CONTACTO: Tel.: 981 184 384 Contacto:Bibliotecas Municipais Servizo de atención telefónica 010 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Explora Europa con DiscoverEU |
| Data: Data de inscriciónDende o 01/10/2026 ata o 15/10/2026 | As persoas candidatas seleccionadas recibirán bonos de viaxe para exploraren Europa entre o 1 de marzo de 2027 e o 31 de maio de 2028. Nestes meses, os/as participantes poderán utilizar o seu bono de viaxe para viaxaren en tren durante 7 días, dentro do período máximo de 30 días que elixan. Ademais, as persoas seleccionadas recibirán unha tarxeta de descontos de DiscoverEU coa que obteren descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida. | No outono de 2026, a Comisión Europea e a Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA) teñen previsto concederlles a uns 40.000 mozos e mozas bonos de viaxe e tarxetas de descontos para explorar Europa. DiscoverEU ofrécelle á xente nova de dezaoito anos a posibilidade de vivir unha experiencia única e explorar Europa, principalmente en tren, á vez que promove o seu sentido de pertenza á Unión Europea. Contacto:Agencia Nacional Española para la Juventud (INJUVE) Calle José Ortega y Gasset 71, 28006 Madrid Tel.: 91 782 78 23 Correo electrónico: erasmusplus@injuve.es Formulario de contacto Eurodesk | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Xornadas "Tres Trols" nos Castros |
| Data: 03/10/2026 | de balde Haberá regalos das editoriais Chaosium, 77 Mundos,Other Selves y HT Publishers para sortear ao comezo de cada turno de xogo. | Modalidades de participación:
LUGAR: Tobeira de Oza (Rúa da Merced, 24. 15009 - A Coruña). Contacto:Asociación Draco | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Jazz Filloa. Programación de setembro | Data: Dende o 16/09/2026 ata o 30/09/2026 | Entre 10 e 12 €/pase | Programación: Mércores 16 de setembro - DiBOA Quintet Andrey Casas, voz; Antón Ferrey, saxofón e frauta; Iago Mourinho, piano; Efrén Nova, baixo; Bruno Couceira, batería Entrada: 12 € Xoves 17 de setembro - Gdjazz & M. Gutiérrez Javier "Gdjazz" Gutiérrez, trompeta; Manolo Gutiérrez, piano Entrada: 10 € Venres 18 de setembro - Grus Comet Chefa Alonso, saxofón soprano, recitador e percusión; Fito Ares, clarinete baixo, saxofón soprano e flautas; Ber Martínez, percusión Entrada: 10 € Sábado 19 de setembro - Silvina Battista Silvina Battista, voz; Pablo Añón, saxofón; Fernando Ruiz, guitarra; Iago Mourinho, piano; Charly Drop, contrabaixo; Bruno Couceiro, batería Entrada: 12 € Mércores 23 de setembro - Morriajazz Lois Rivera, saxo alto; Alber Glea, guitarra; Miguel Piñeiro, contrabaixo; Brais Villar, batería Entrada: 12 € Venres 25 de setembro - Pablo Sax Pablo Sax, saxos; Iago Mourinho, piano; Pablo Sanamé, contrabaixo; Sergio González, batería Entrada: 12 € Sábado 26 de setembro - A Standard Conspiracy Javier "Gdjazz" Pereiro, trompeta; Suni López, piano; Pablo Patiño, contrabaixo; Antón Quintela, batería Entrada: 12 € Mércores 30 de setembro - Miguel Seoane Miguel Seoane, saxo alto; Martín Otero, piano; Xurxo Estevez, contrabaixo; Miguel Fernández, batería Entrada: 12 € Contacto:Jazz Filloa Rúa Cega 15003 A Coruña Teléf.: 638 752 540 Correo electrónico: jazzfilloa@jazzfilloa.com | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Filmoteca de Galicia: programación setembro 2026 | Data: Dende o 08/09/2026 ata o 30/09/2026 |
As sesións de entrada de balde (até completar a cabida) notificaranse no programa. A venda de entradas iniciarase 20 minutos antes de comezaren as sesións (non se venden entradas anticipadamente). Só se venderán un máximo de dúas entradas por persoa. | Contacto:Filmoteca de Galicia Rúa Durán Loriga, 10-baixo. 15003- A Coruña tel: 881 881 270 e-correo: filmotecadegalicia@xunta.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Programa de Natación Prenatal | Data: | TARIFA VIXENTE: Natación prenatal - tarifa mensual: 7,00 € (Ordenanza fiscal núm. 15, apartado 15.5) | Para a consulta de prazas libres, así como para a matrícula telemática*, é necesario acceder á plataforma en liña do Servizo Municipal de Deportes: acceso a Cronos Web. *A matrícula presencial tamén está dispoñible, como habitualmente. NOTA: as alumnas inscritas no mes en curso terán reserva de praza para o mes seguinte. Desta forma, establecerase un prazo duns días para que formalicen a inscrición. No caso de non facelo, as prazas quedarán a libre disposición.
Contacto:Servizo Municipal de Deportes Teléfono de Información Cidadá 010 | 981 184 278 - para chamadas efectuadas fóra do termo municipal - Correo electrónico: programasdeportivos@coruna.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Espazos Sonoros "Persistencias" | Data: Dende o 05/09/2026 ata o 08/10/2026 | De balde. | PROGRAMA Sábado 5 de setembro Visita guiada á igrexa de San Tomé de Monteagudo (Arteixo)
Concerto de Le Miroir de Musique, especializado na música de transición entre a Idade Media e o Renacemento.
Sábado 12 de setembro Percorrido polo Betanzos monumental
Concerto de Das Kolorit, grupo especializado na interpretación, con instrumentos históricos, de música de cámara virtuosa.
Sábado 19 de setembro Pequeno percorrido polos muíños do río das Gándaras (Vilasantar)
Concerto de Reïna Lupa, que propón unha selección de madrigais e motetes para voz solista e dúo, xunto a obras de importantes compositores da vida musical veneciana.
Sábado 26 de setembro A Pobra de Valle-Inclán: un paseo entre historia e literatura (A Pobra do Caramiñal)
Concerto de Sara Ruiz, violagambista española máis recoñecida do panorama internacional.
Domingo 27 de setembro O Forno do Forte: barro, oficio e tradición (Malpica de Bergantiños)
Concerto do Dúo Abeiro, formado por dous músicos que combinan o violonchelo e a guitarra.
Sábado 3 de outubro Visita contada por Quico Cadaval á igrexa de Santa María de Cuíña Precisamente na igrexa de Cuíña, se atopa unha interesante representación da Morte que permite achegarse a esa visión medieval na que o alén e a fin da vida estaban presentes de maneira constante. A través dunha narración en movemento, que comezará en San Nicolao de Cis e na que Quico Cadaval activa a tradición oral, a ironía, o humor e a reflexión histórica, o patrimonio transfórmase nun relato compartido.
Concerto do Grupo 1500, que aborda os cinco prantos que teñen relación coa historia do Reino medieval de Galicia.
Xoves 8 de outubro Serán Galego en Viena (3ª edición) - Galicische Nacht in Wien A serie Serán Galego en Viena naceu hai tres anos coa idea de difundir a música, a lingua e a literatura galegas nesta cidade e estreitar lazos culturais coa capital austríaca. O programa deste ano está adicado ao etnomusicólogo e investigador Jesús Bal y Gay, polo que se abordarán as súas propias pezas tradicionais galegas incluídas no seu cancioneiro e pezas do século XVI transcritas por el mesmo.
Contacto:Espazos Sonoros actividades@espazossonoros.org | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 74 Tempada de Lírica 2026 | Data: Dende o 16/09/2026 ata o 26/11/2026 | Existen eventos gratuitos e de pago Os eventos de pago poderán mecarse en Ataquilla
| SETEMBRO Viñetas desde o Atlántico: actividades no Kiosko Alfonso
OUTUBRO
NOVEMBRO Ciclo Lírica Inclusiva
Proxeccións de cine
Contacto:Amigos da Ópera Coruña Avda. Porto da Coruña nº 6. Edificio Atalaya, 15006 Tlf. 981 211 443 E-correo: asociacion@amigosoperacoruna.org | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| #LunsDeEncontros: Presentación do libro "Los cuentos de Hildur de Greikar", de Xosé Nieto & Víctor Gondra | Data: Data de inscrición Ata o 05/10/2026 | Nemus é un mundo grande. E eu, Hildur de Greikar, percorrino case de maneira total. Dende o meu fiordo natal na xeada Skallagaard, ata as melancólicas cidades do Antigo Imperio no continente oriental. Desde as amplas praderías de Oxania en setentrión, ata a colonia de Azatgrad, onde o mundo deixa de ser civilizado.Vin moitas cousas. Algunhas mundanas, outras insólitas e prodixiosas. Coñecín a toda clase de personaxes: covardes e ousados, ruíns e bondadosos, avaros e xenerosos; todos eles protagonistas das súas propias historias. Sentádevos comigo xunto a este lume acolledor. Permitide que a maxia das palabras empuxe as vosas ver ata os confíns máis remotos de Nemus. "Los cuentos de Hildur de Greikar" é unha colección de 18 historias autoconclusivas ambientadas no mundo de Nemus. Cada un dos relatos céntrase nunha rexión diferente e están escritos para cubrir multitude de xéneros; desde un retelling dun conto de fadas, a unha historia de pantasmas, un suceso pulp ou unha novela de viaxes ao estilo de Marco Polo. Nemus é un mundo de fantasía estruturado e coherente, coa peculiaridade de non estar inspirado nun universo de cabaleiros medievais, senón no mundo que naceu inmediatamente despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a nosa Idade Escura. Isto é o que sucede cando se mesturan Beowulf, o ciclo artúrico e conspiracións bizantinas cun resaibo á Terra Media e ao círculo de Lovecraft. AUTORES: Víctor Gondra Nacido en 1980 e deseñador de formación, Víctor traballou na industria dos xogos en todos os seus ámbitos, incluíndo a dirección de campañas de crowdfunding e a consultoría. Xosé Nieto Castro Chegado ao mundo dez anos máis tarde, Xosé é licenciado en Historia e compaxinou a docencia no ensino público coa confección profesional de vestimenta de inspiración histórica. En dúas ocasións (2021 e 2024) obtivo o primeiro premio na categoría adulta do Certame de Relato Breve «A Erbeda», organizado coa colaboración da Real Academia Galega. Contacto:Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano C/ Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña Tel: 981 184 298 e-correo: bforum@coruna.gal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| #LunsDeEncontros: Presentación do libro “Mírame cuando me mientas” de Lydia Parga | Data: Data de inscrición Ata o 25/09/2026 | SINOPSE: Mírame cuando me mientas é unha novela psicolóxica ambientada na Coruña que segue a Mauro e Cecilia, dous personaxes unidos por unha relación na que a obsesión, a dependencia emocional e as mentiras van deformando pouco a pouco a realidade. A historia explora todo aquilo que intentamos ocultar, incluso de nós mesmos, e a fraxilidade das relacións cando xa non sabemos distinguir o que está pasando do que necesitamos crer. Porque podemos mentir coas palabras, pero hai cousas que os ollos sempre acaban contando. Lydia Parga é autora independente da Coruña. En maio de 2026 presentou no Fórum Metropolitano Caer para ser, a súa primeira obra. Agora regresa con Mírame cuando me mientas, a súa segunda publicación e unha novela psicolóxica ambientada na cidade, centrada nas relacións, a obsesión, a dependencia emocional e as mentiras. Contacto:Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano C/ Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña Tel: 981 184 298 e-correo: bforum@coruna.gal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Inscrición na Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela |
| Data: Data de inscrición Ata o 25/09/2026 | A Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela (OCUSC) é un proxecto educativo e musical da Área de Cultura da USC que ofrece á comunidade universitaria e á sociedade un espazo de formación, práctica e interpretación musical colectiva. No curso académico 2026-27, a OCUSC desenvolverá a súa actividade nos campus de Santiago de Compostela e Lugo, a través de catro agrupacións:
Cada agrupación contará con organización, ensaios e prazas propias, sen prexuízo da realización de programas, encontros e actividades conxuntas que favorezan a cohesión e a identidade común do proxecto OCUSC. Contacto:Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela (OCUSC) Área de Cultura - Universidade de Santiago de Compostela e-correo: orquestra.universidade@usc.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Sen Numerar – outono 2026 | Data: Dende o 18/09/2026 ata o 28/11/2026 |
|
Contacto:Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1. 15006 A Coruña Tel.: 981 184 293 Correo: forummetropolitano@coruna.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Todo Público, outono 2026 | Data: Dende o 17/10/2026 ata o 05/12/2026 |
* A aplicación de descontos debe ser acreditada no momento de mercar a entrada e no momento de acceder ao auditorio no que terá lugar o espectáculo. | AS PITAS BAIXO A CHOIVA - Teatro Ghazafelhos
Ludivina e Tereixa son dúas galiñas do curral da Barreira que agardan a visita de Ricardiño, o neno que xoga con elas, pero temen que chova, pois a choiva fai que as persiga e as encerre no curral. Coa axuda do galo Chafarís e do raposo Rosende, tentarán que Ricardiño deixe de tolear coa chuvia e volva xogar con elas. Adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva. BACKSTAGE - Negro López
Un músico está a piques de dar un concerto en solitario, pero os problemas comezan xa entre bambalinas: perde as partituras, non atopa as cousas e ponse nervioso, todo baixo a supervisión dun rexedor que é un pallaso. A través do humor físico, a música e o xogo co público, o espectáculo amosa a parte máis divertida do que acontece antes de saír a escena. INVERNO NA LAVANDERÍA - K'paparota Teatro
A historia transcorre nunha lavandería dunha cidade e evoca de maneira poética o inverno e as súas sensacións. A través do xogo e da imaxinación da infancia, tece historias sobre a soidade das persoas maiores e propón escenas abertas á interpretación do público, entre o abstracto e o concreto. COA CABEZA NAS NUBES - Söa
En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo: un deles, desbordado polo traballo, tenta sobrevivir entre unha morea de papeis, mentres a súa compañeira non deixa de interrompelo para xogar. Entre ambos desátase unha divertida batalla chea de humor e acrobacias, onde se enfrontan dúas formas diferentes de entender a vida. VENDA DE ENTRADAS: - Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h - Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de función dende 1 hora antes, coa condición de que queden entradas dispoñibles. - Venda en liña: www.ataquilla.com Contacto:Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1. 15006 - A Coruña Tel.: 981 184 293 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ForuMáxico 2026 |
| Data: Dende o 12/09/2026 ata o 26/09/2026 | Entrada xeral: 6,00 € Abono 3 (3 localidades para a mesma función): 15,00 € Menores de 3 anos: 2,00 € Persoas con certificado de discapacidade e 1 acompañante: 2,00 € * A aplicación de descontos debe ser acreditada no momento de mercar a entrada e no momento de acceder ao auditorio no que terá lugar o espectáculo. | GALEROCK & MAGIC - Mago Teto
GaleRock'N'Magic é un espectáculo que percorre a historia do rock e da música galega, dende o Xabarín Club e o rock dos anos 80 e 90 ata os grupos actuais, pasando polo bravú. Combina música en directo, humor e maxia para poñer en valor a nosa historia musical desde a nostalxia, a divulgación e a ilusión. SINGULARIA - Magia en la Manga
Singularia é unha viaxe onírica a un espazo único e irrepetible, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Unha experiencia sensorial e emocional que combina misterio e imposibles para despertar a imaxinación, o asombro e a capacidade de redescubrirmos quen somos. 2 ILUSIONISTAS IMPARES - Maga Fani e Martín Camiña
Maxias esperpénticas, risas, diversión... e moito máis VENDA DE ENTRADAS: - Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h - Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de función dende 1 hora antes, coa condición de que queden entradas dispoñibles. - Venda en liña: www.ataquilla.com Contacto:Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, núm. 1, 15006 A Coruña Tel.: 981 184 293 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ciclo SON&MAR | Data: Dende o 18/09/2026 ata o 11/10/2026 | PROGRAMA Venres 18 de setembro Gabry Ponte Dos tempos de Eiffel 65 aos seus éxitos actuais, Gabry Ponte abre o ciclo SON&MAR na Coruña cunha noite de dance e electrónica á beira do mar.
*Evento só para maiores de 18 anos. Sábado 19 de setembro Tardeo Pica Pop Diversión, nostalxia e miles de piruletas gratuítas daranse cita nun evento deseñado para bailar ao ritmo dos mellores himnos dos anos 90 e 2000.
*Evento só para maiores de 18 anos. Domingo 20 de setembro Mundo juego Xornada de balde dirixida a toda a familia e que fomenta o tempo de calidade compartido entre pais e fillos co xogo como escusa. Será un enorme salón temático con xogos, videoxogos, foodtrucks e deportes durante nove horas ininterrompidas.
Venres 25 de setembro Mestiza presents: Sacro Galicia Unha noite de sons electrónicos fronte ao Atlántico, da man de Mestiza e Wake Up! Electronic Parties.
*Evento só para maiores de 18 anos. Sábado 26 de setembro Dale Flow A gran festa urbana con Omar Montes como cabeza de cartel. Reggaeton, trap e flamenco urbano á beira do mar.
*Evento só para maiores de 14 anos. Domingo 27 de setembro Orballo Cultural Neste evento de balde, a música de raíz galega, tradición, identidade e novas miradas danse a man con Baiuca, Budiño, Catuxa Salom e Guilherme Zapata, coa Torre de Hércules como testemuña.
+ info na web: https://orballocultural.gal Venres 2 de outubro EQUIS A proposta de vangarda centrada nas novas tendencias musicais contemporáneas e a cultura urbana actual.
Organizado por: https://www.instagram.com/mestizo.coruna Sábado 3 de outubro Treboa Sonora O gran escaparate do talento galego co rock e a identidade de The Rapants como primeiros confirmados.
Organizado por: https://www.instagram.com/venuesproducciones Domingo 4 de outubro MESTIZO Sport Club O concepto de tardeo que arrasa na cidade levado a outro nivel nunha experiencia colectiva e de balde que fusiona música, deporte, coctelería e gastronomía á beira do mar.
Organizado por: https://www.instagram.com/mestizo.coruna Venres 9 de outubro Bresh XXL · by Bacardí & Cola «A festa máis linda do mundo» aterra no ciclo. Bresh, o fenómeno nacido en Bos Aires que xa enche recintos en toda España e Latinoamérica, presenta unha edición XXL by Bacardí & Cola: oito horas de festa, con reggaeton, pop, cumbia e todos os himnos para cantar e bailar sen parar.
*Evento só para maiores de 18 anos. Sábado 10 de outubro One Dance · Edición Tardeo O festival dance das décadas dos 90, 2000 e 2020 chega ao ciclo na Coruña cunha edición tardeo á beira do mar. O mellor de sempre con Safri Duo, ItaloBrothers e Lasgo.
*Evento só para maiores de 18 anos. Domingo 11 de outubro WAKEUP! Festival A gran cita coa música electrónica internacional que pecha por todo o alto o ciclo Son e Mar A Coruña, cun line-up de primeiro nivel mundial que inclúe artistas como Franky Rizardo, Mau P, Nic Fanciulli e Toman.
*Evento só para maiores de 18 anos. Contacto:SON&MAR | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Praias galegas. Retrato do verán | Data: Dende o 03/09/2026 ata o 06/10/2026 | De balde | Contacto:ARGA Rúa Costa Rica nº 1 15004 - A Coruña Tel: 698 146 278 E-correo: arga@arga.es | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Mardi Gras: programación de setembro | Data: Dende o 08/09/2026 ata o 30/09/2026 | Programación setembro:
Adianto outubro:
Contacto:Mardi Gras Tr.ª la Torre nº 8 15002 - A Coruña Tel: 677 42 81 50 E-correo: salamardigras@gmail.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña | Data: Dende o 01/09/2026 ata o 30/09/2026 | gratis | CHARLA "HUMBOLDT NOS ANDES - OS ANDES DE HUMBOLDT" CON RAFAEL SAGREDO Primeira conferencia do ciclo ao redor da exposición temporal "Os instrumentos de Humboldt: ferramentas para concibir unha nova visión da natureza", que impartirá Rafael Sagredo, Doutor en Historia e Profesor de Historia e Xeografía na Pontificia Universidade Católica de Chile, recoñecido co Premio Nacional de Historia 2022 en Chile. O ciclo está coordinado por Miguel Ángel Puig-Samper e estenderase ata abril de 2027. Colaboran: Embaixada da República Federal de Alemaña e Fundación Ignacio Larramendi. XOVES 17 ÁS 19.00 H. G-NIGHT: NOITE EUROPEA DAS PERSOAS INVESTIGADORAS A Noite Europea dos Investigadores é un evento público a escala europea que mostra a diversidade da ciencia e o seu impacto na vida cotiá dos cidadáns de forma divertida e inspiradora. Promovido pola Comisión Europea desde o ano 2005 o último venres do mes de setembro, este ano, o evento terá lugar en 25 países. O MUNCYT colabora desde a súa primeira edición en Galicia con entidades dedicadas á investigación e á divulgación da ciencia. As actividades terán lugar o último venres do mes. VENRES 25. CHARLA CORBI CON MOISÉS CANLE LÓPEZ O relator será Moisés Canle López, Catedrático de Química Física na Universidade da Coruña, que traballa na comprensión dos mecanismos das reaccións químicas e na contaminación ambiental difusa, así como no desenvolvemento de tecnoloxías sostibles para tratamento de augas. Docente nos graos en Nanociencia e Nanotecnoloxía, en Química, no mestrado en Ciencia, Tecnoloxía e Xestión Ambiental e no Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental. Membro do Grupo de Innovación Educativa ChemInnova. MÉRCORES 30 ÁS 19.30 H. TALLERES INFANTÍS E FAMILIARES Os talleres están orientados a traballar utilizando métodos como a observación, experimentación ou habilidades para o desenvolvemento tecnolóxico e adaptaranse ás idades dos participantes. As temáticas das actividades tratarán distintos ámbitos da ciencia e tecnoloxía e tamén as súas conexións coa creación artística. Público infantil e familiar (6-12 anos). SÁBADOS E DOMINGOS ÁS 11.15 H. XINCANAS FAMILIARES Xogos de pistas por equipos para seguir diversos fíos temáticos e superar as probas relacionadas coa colección do museo. Este mes, poderedes descubrir os grandes inventos que temos no museo ou resolver pistas ata chegar ao reto final que abrirá un cofre do tesouro. Público familiar (6-12 anos). Algúns xogos requiren acceso a través dos dispositivos móbiles das persoas participantes. SÁBADOS ÁS 13.15 E 18.00 H., DOMINGOS ÁS 13:15 H. CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES Visitas guiadas nas que coñecer as pezas de gran tamaño da sala Maiúsculas, a cámara de tesouros do museo, o traballo de inventores, a impoñente cabina do Boeing que trasladou o Guernica de Picasso ou os obxectos da sala S. XX. A visita familiar inclúe un xogo de pistas e unha actividade experimental temática. A diario ás 12.30 e 17.00 h. SEGUNDO HORARIO DE APERTURA EXPOSICIÓNS TEMPORAIS
Contacto:MUNCYT Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña tel: 689 578 727 e-ccorreo: reservascor@muncyt.es | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividades de setembro nas Naves do Metrosidero |
| Data: Dende o 04/09/2026 ata o 26/09/2026 | Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Bótalles unha ollada!! Torneo de futbolín Torneo de futbolín por parellas Data e hora de realización: 4 de setembro, de 18:00 a 20:00 h Requisitos: É obrigatorio o emprego de casco. Teñen préstamo gratuito de skate e proteccións no propio Espazo Xuvenil Número máximo de prazas: 32 Obradoiro de camisetas Tie Dye Dálle unha nova vida á túa roupa coa técnica tie dye Data e hora de realización: 5 de setembro, de 12:00 a 13:30 h Número máximo de prazas: 10 *Nesta actividade é necesario taer a prenda de cor clara que se queira tinguir Iniciación ao skate Aprende a patinar nas Naves do Metrosidero Datas e horarios de realización:
Número máximo de prazas: 8 *Nesta actividade é imprescindible o emprego de casco. Dispónse de material de préstamo. Obradoiro Fanzine Metrosidero Elabora un fanzine dende cero empregando diferentes estilos artísticos Data e hora de realización: 12 de setembro, de 17:30 a 19:30 h Número máximo de prazas: 12 Camuflaxe creativa no Metrosidero Ven xogar á nosa versión do «Meccha camaleón» Data e hora de realización: 18 de setembro, de 19:00 a 20:30 h. Número máximo de prazas: 10 Crea o teu propio fósil con arxila Crea un fósil con arxila Data e hora de realización: 19 de setembro, de 12:00 a 13:30 h Número máximo de prazas: 8 Torneo de Ping Pong Torneo de ping pong individual Data e hora: 25 de setembro, de 18:00 a 20:00 h Número máximo de prazas: 16 Contacto:Teléfono/WhatsApp: 621.183.095 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| V Ciclo de concertos "Noites na Cidade Vella" | Data: Dende o 16/09/2026 ata o 17/10/2026 | de balde con entrada até completar cabemento. |
Contacto:Fundación Rogelio Groba R/ Rogelio Groba, nº 3. 36860-Ponteareas (Pontevedra) tel: 655 217 941 e-correo: xerencia@fundacionrgroba.com | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Sala Filomatic: setembro | Data: Dende o 28/08/2026 ata o 26/09/2026, os venres e sábados |
Contacto:Sala Filomatic R/ San José, 21. 15002 A Coruña Tel.: 626 716 307 Correo electrónico: salafilomatic@gmail.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Noite Bohemia: Actúa connosco! | Data: | Noitiña: 20€/mes ou 180 € anuais Abrente: 20€/mes ou 180 € anuais Noite Bohemia: 20€/mes ou 180 € anuais Eclipse: 30€/mes | Grupos: Noitiña (de 6 a 11 anos) Abrente (de 11 a 16 anos) Noite Bohemia (de 16 a 25 anos): teatro clásico e intensivo Eclipse (de 18 a 99 anos): goza da produción teatral e do proceso creativo Ensaios na Coruña (CEIP Curros Enríquez, IES Rosalía Mera e Círculo de Artesáns) Contacto:Noite Bohemia Tel: 699 943 600 E-correo: info@noitebohemia.com | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| A Coruña LiveXperience |
Data: Dende o 01/10/2026 ata o 28/11/2026 Consultar datas de cada concerto. | 1 de outubro - Silvia Pérez Cruz 2 de outubro- Zucchero 3 de outubro - The Amy Winehouse Band 13 de novembro - Kiko Veleno 27 de novembro - Andrés Suárez 28 de novembro - Marta Santos Contacto: | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividades de setembro no Espazo Xuvenil O Remanso | Idades: de 12 a 30 anos. | Data: Dende o 19/09/2026 ata o 26/09/2026 | PROGRAMACIÓN
Máis información e inscricións en:
Contacto:Espazo Xuvenil O Remanso Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña Tel.: 621 183 038 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| VI Liga Maker Drone |
|
Data: Dende o 08/10/2026 a maio de 2027. Data de inscriciónDende o 04/09/2026 ata o 25/09/2026 | Actividade gratuíta, con prazas limitadas a 18 centros educativos de Galicia. | A LIGA MAKER DRONE celébrase anualmente entre o mes de outubro e principios do mes de maio do ano seguinte. Nesta edición, 18 equipos integrados por estudantes de 2º ESO enfrontaranse ao reto de deseñar, programar e voar un dron capaz de resolver un problema social no menor tempo posible e co maior grao de eficacia. A Organización facilita os sistemas dron, así como a formación e orientación necesarias para construír e pilotar a solución tecnolóxica ao reto da edición. Calendario
Contacto:Liga Maker Drone Rúa Cantón Grande, 9. 15003- A Coruña tel.: 981 221 525 e-correo: info@ligamakerdrone.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Programación de setembro nos cines do Fórum Metropolitano |
| Data: Dende o 02/09/2026 ata o 26/09/2026 | Lugar: Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1. 15006- A Coruña Sala Marilyn Monroe 2 - 5 setembro 2026 Lóstrego festival de cinema fantástico 10 setembro 2026 Docs do mes - AMAZOMANÍA de Nathan Grossman Consultar programación completa: Docs do mes - setembro, outubro, novembro, decembro 2026 11 e 12 setembro 2026 Cinemanía Clásico - CITY LIGHTS (Luces da cidade) de Charles Chaplin Consultar programación completa: Cinemanía clásico 2026 16 - 19 setembro 2026 VIII EDICIÓN CICLO DE CINEMA "OS OLLOS ABERTOS" 24 - 26 setembro 2026 Estreas en V.O. - BOY FROM HEAVEN (Conspiración no Cairo) de Tarik Saleh Con Tawfeek Barhom, Fares Fares, Suecia 2022 126 minutos Non recomendada menores 16 anos Sala Fernando Rey 2 - 5 setembro 2026 Lóstrego festival de cinema fantástico 10 - 12 setembro 2026 Estreas en V.O. - LEFT-HANDED GIRL (A moza zurda) de Shih-Ching Tsou Con Janel Tsai, Nina Ye Taiwan 2025 108 minutos - Proxección en VOSE Non recomendada menores 12 anos 17 - 19 setembro 2026 Estreas en V.O. - À L'ABORDAGE! (Á abordaxe) de Guillaume Brac Con Eric Nantchouang, Salif Cissé Francia 2020 95 minutos - Proxección en VOSE Non recomendada menores 7 anos 24 - 26 setembro 2026 Estreas en V.O. - LE SIXIÈME ENFANT (O sexto fillo) de Léopold Legrand Con Sara Giraudeau, Benjamin Lavernhe Francia 2022 92 minutos - Proxección en VOSE VENDA DE ENTRADAS - Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h - Despacho de billetes Forum Metropolitano: día de proxección desde media hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles. - Venda en liña: www.ataquilla.com Contacto:IMCE - Instituto Municipal Coruña Espectáculos Avda. da Marina (Casa Paredes) 18. 15003 A Coruña Tel.: 981 184 233 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Docs do mes - setembro, outubro, novembro, decembro 2026 | Data: Os días 10/09/2026, 01/10/2026, 05/11/2026, 03/12/2026 | Prezo: 3 € Descontos Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 € ** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección. | 10 setembro 2026 AMAZOMANÍA de Nathan Grossman Documental Suecia, Dinamarca, Francia 2026 93 minutos - VO en portugués, sueco, inglés, francés, korubo subtitulado español HORARIO: xoves 20.00 h 1 outubro 2026 LES CULPABLES de Marta Durán Lozano Documental España 2026 85 minutos - VO en catalán, español subtitulado español Non recomendada menores de 12 anos e Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero HORARIO: xoves 20.00 h 5 novembro 2026 NUMAKAGE PUBLIC POOL de Shingo Ota Documental Xapón 2025 80 minutos - VO en xaponés subtitulado español HORARIO: xoves 20.00 h 3 decembro 2026 A PIETÁ de Pepe Andreu Documental España, Islandia, Lituania 2026 82 minutos - VO en islandés e inglés subtitulado español Spta para todos os públicos HORARIO: xoves 20.00 h Venda de entradas: - Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h - Despacho de billetes do Forum Metropolitano: día de proxección desde media hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles. - Venda en liña: www.ataquilla.com Contacto:Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos nº 1 15006 - A Coruña Tel: 981 184 293 E-correo: forummetropolitano@coruna.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividades da Área de Deportes da UDC para o curso 2026/27 |
| Data: |
| INICIO DE PRAZOS DE INSCRICIÓN para a comunidade universitaria da UDC:
para o público en xeral:
INICIO DA ACTIVIDADE
ACTIVIDADES E DEPORTES
Contacto:Área de Deportes da UDC tel: 881 011 915 | 881 011 914 e-correo:
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 9º Encontro de Síntese Modular da Coruña MODULARTEC | Data: Dende o 01/10/2026 ata o 03/10/2026 | Entradas a partir de 10€ | PROGRAMA Xoves 1 de outubro
Entradas en: tickets.modulartec.gal Venres 2 de outubro
Entradas en: tickets.modulartec.gal Sábado 3 de outubro
Entradas en: tickets.modulartec.gal Abono de 3 días: tickets.modulartec.gal Contacto:MODULARTEC Instagram: @modul_artec | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Obradoiro de Ioga en Familia |
| Data: Os días 17/10/2026, 14/11/2026, 12/12/2026Data de inscriciónDende o 22/09/2026 ata o 12/10/2026 | 30 € Posibilidade de bonificación do 100% | Contacto:Fundación María José Jove Rúa Galileo Galilei nº 6 - Edificio Work Center -A Grela 15008 - A Coruña Tel: 981 160 265 E-correo: info@fundacionmariajosejove.org | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cinemanía clásico 2026 |
Data: Os días 11 e 12 de setembro, 2 e 3 de outubro, 6 e 7 de novembro e 4 e 5 de decembro de 2026. | Dende 2€ | 11-12 setembro 2026 CITY LIGHTS (Luces da cidade) de Charles Chaplin Con Charles Chaplin, Virginia Cherill Estados Unidos 1931 81 minutos Apta para todos os públicos HORARIOS: Venres 11 - 20.00 h / Sábado 12 - 17.30 e 20.00 h 2-3 outubro 2026 STAGECOACH (A dilixencia) de John Ford Con John Wayne, Claire Trevor Estados Unidos 1939 99 minutos - Proxección en VOSE 1939 - Óscar ao mellor actor de repartición e á mellor bso HORARIOS: Venres 2 - 20.00 h / Sábado 3 - 17.30 e 20.00 h 6-7 novembro 2026 THE AFRICAN QUEEN (A raíña de África) de John Huston Con HumphRey Bogart, Katherine Hepburn Reino Unido 1951 106 minutos - Proxección en VOSE Apta para todos os públicos 1951 - Óscar ao mellor actor HORARIOS: Venres 6 - 20.00 h / Sábado 7 - 17.30 e 20.00 h 4-5 decembro 2026 LES COUSINS (Os curmáns) de Claude Chabrol Con Gérard Blain, Jean-Claude Brialy Francia 1959 112 minutos - Proxección en VOSE 1959 - Oso de Ouro á mellor película HORARIOS: Venres 4 - 20.00 h / Sábado 5 - 17.30 e 20.00 h VENDA DE ENTRADAS - Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h - Despacho de billetes Forum Metropolitano: día de proxección desde media hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles. - Venda en liña: www.ataquilla.com Contacto:IMCE - Instituto Municipal Coruña Espectáculos Avda. da Marina (Casa Paredes) 18. 15003 A Coruña Tel.: 981 184 233 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Exposición "Stons" de Xulia Pisón | Data: Dende o 29/07/2026 ata o 27/09/2026 | De balde. | Contacto:Elas son artistas | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O ceo está máis preto do que pensas | Data: Os días 29/08/2026, 26/09/2026 | A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha invitación na recepción da Casa das Ciencias. As invitacións repártense (máximo de dúas invitacións por persoa) media hora antes do inicio de cada sesión, ata completar a cabida. |
Contacto:Casa das Ciencias Parque de Santa Margarita s/n 15005 - A Coruña Tel: 981 189 844 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Programa ÁNKORA (Coidar ao Coidador) | É necesario inscribirse previamente no seguinte portal | Data: Dende o 14/10/2026 ata o 31/05/2027Data de inscriciónDende o 15/09/2026 ata o 29/09/2026 | 7 cotas de 2,86€/cota (gratuíto por renda ou desemprego) | ACTIVIDADES DO PROGRAMA
Contacto:Fundación María José Jove Rúa Galileo Galilei 6. 15008 A Coruña Tel.: 981 160 265 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Exposición de fotografía micropictórica | Data: Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026 | De balde. | Contacto:Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos nº1 15006 - A Coruña Tel: 981 184 293 E-correo: forummetropolitano@coruna.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Habana Mater. 2003-2023. Luís Gabú | Data: Dende o 15/05/2026 ata o 31/10/2026 | A exposición Habana Mater presenta o proxecto artístico de Luis Gabú como resultado do seu traballo persoal nas súas continuas viaxes a Cuba entre os anos 2003 e 2023. A través de 50 fotografías desprega a súa mirada sobre A Habana e o Centro Gallego desta cidade para capturar a súa visión intelectual e artística onde o silencio e a memoria son os protagonistas. É, en esencia, a presenza da ausencia. Contacto:Museo de Belas Artes da Coruña R/ Zalaeta, 2. 15002- A Coruña tel: 881 881 700 e-correo: mu.belas.artes.coruna@xunta.gal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 30 anos de Voluntariado Europeo | Comparte a túa experiencia | Cubre o formulario adxunto na súa web (entidade ou particular) e o documento de cesión de imaxes e envíao por transfer xunto co material ao correo: comunicacionane@injuve.es co asunto: VÍDEO 30 ANOS DE VOLUNTARIADO | Data: 05/12/2026 | Con motivo do 30.º aniversario do Servizo Voluntario Europeo, orixe do actual Corpo Europeo de Solidariedade, quéreselles render homenaxe a todas as persoas que formaron parte desta gran comunidade: voluntarios e voluntarias, entidades de acollida e envío, persoal técnico de mocidade e organizacións que, durante estas tres décadas, fixeron posible que o voluntariado europeo transformase vidas e comunidades. Con todo o material recibido elaborarase un vídeo conmemorativo que se estreará o próximo 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado. QUE MATERIAL SOLICITAN? Fotografías:
Vídeos:
Vídeo testemuño:
Contacto:INJUVE C/ José Ortega e Gasset, 71 28006 Madrid Tel.: 917 827 823 Correo electrónico: comunicacionane@injuve.es | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Laboratorio de Cómics, Lettering e Ilustración | Data: Dende o 12/10/2026 ata o 24/05/2027, os lunsData de inscriciónDende o 08/09/2026 ata o 09/10/2026 | 7 cotas de 2,86 €/cota (gratuíto por renda ou desemprego) | Contacto:Fundación María José Jove, FMJJ R/ Galileo Galilei, 6. 15008- A Coruña Tel.: 981 160 265 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Inscrición na Orquestra da Universidade Vigo |
| Data: Data de inscrición Ata o 25/09/2026 | Transcorridos nove meses desde a súa creación, a Orquestra da UVigo, baixo a dirección de Raquel Carrera, está formada por unha trintena de integrantes, a maior parte estudantes e ex estudantes e tamén algún representante do PDI, procedentes maioritariamente do campus de Vigo, aínda que tamén con presenza dos campus de Ourense e Pontevedra. A nivel instrumental, a formación, que realiza os ensaios no edificio Redeiras os xoves de 19.00 a 21.00 horas, conta con representación das principais familias da orquestra sinfónica: corda (violíns, violas, violonchelos e contrabaixos), vento madeira, e vento metal, ás que proximamente se sumará a percusión. Contacto:Universidade de Vigo. Sección de Extensión Universitaria tel: 986 813 626 e-correo: extension@uvigo.gal | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| XX edición de Coruña10 | Poderán participar atletas populares e federados/as. | Data: 04/10/2026Data de inscrición Ata o 27/09/2026 | Existen diferentes prezos en función do momento da inscrición:
As carreiras de menores son todas gratuitas. Existen bonificacións do 50% para:
| Inscrición en liña: Carreiras Galegas ata o 27 de setembro. Inscrición presencial: no horario comercial do centro de El Corte Inglés (R/ Ramón y Cajal - A Coruña) ata o venres 25 de setembro. Contacto:Concello da Coruña - Servizo Municipal de Deportes Palacio dos Deportes de Riazor, 1.º andar. Tlf. 981 189 800 / 010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Garufa Club: setembro | Data: Dende o 04/09/2026 ata o 26/09/2026 |
Contacto:Garufa Club Rúa Riazor, 5 (15004 - A Coruña) Tel.: 881 88 38 56 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| MELENDI - Xira Pop Rock Tour | Data: Dende o 12/11/2026 ata o 14/11/2026 | Días 12 e 13/11/26:
Día 14/11/2026: Entradas esgotadas | Venda de localidades:
Lugar do concerto: Coliseum: Rúa Francisco Pérez Carballo nº2. 15008 A Coruña | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Xornadas premio Luis Ksado |
Data: Dende o 01/10/2026 ata o 06/10/2026
| Ambos relatorios terán lugar no Centro Ágora da Coruña e o horario será de 16:30 a 20:00 horas. Ademais destas dúas masterclass, o 'Luís Ksado' realiza outras tres actividades complementarias á propia entrega de premios. A primeira é o acto de entrega do premio honorífico de fotógrafo histórico a José Suárez, que se celebrará o 5 de outubro ás 12:00 horas no salón de plenos da Deputación. No acto participarán Xurxo Lobato, Xosé Luís Suárez Canal e Natividade González. O 7 de outubro, inaugurarase a exposición das fotografías gañadoras e finalistas da edición 2026 do premio. A inauguración comezará ás 18:00 horas cunha conferencia de Miguel Muñiz e, posteriormente, exporanse as obras galardoadas no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela. E o 8 de outubro, tamén no Museo do Pobo Galego, realizarase a homenaxe a José Suárez, na que tamén participarán Xurxo Lobato, Xosé Luís Suárez Canal e Natividade González. Contacto:Avenida Porto da Coruña nº2, 15003 A Coruña Tel.: 981 415 319 E-correo: deputacion@dacoruna.gal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| O Bosco e Bruegel. Unha viaxe a mundos fantásticos | Data: Dende o 23/10/2026 ata o 24/01/2027 | Durante o transcurso da exposición, organizaranse talleres didácticos dirixidos a centros educativos, colectivos de diversidade funcional e familias. A mostra acompáñase, ademais, dun catálogo ilustrado. A exposición pon de relevo un conxunto de gravados neerlandeses do século XVI que romperon coas convencións artísticas ao centrar a atención na xente corrente e o absurdo do comportamento humano. Estes enxeñosos deseños chegaron a un público máis amplo do ámbito urbano, integrado por comerciantes, eruditos e artistas dos Países Baixos e outros lugares de máis alá das súas fronteiras. Contacto:Cantón Grande 9, 15003 A Coruña Tel.: 981 060 091 - 659 459 030 E-correo: smihalic@fbarrie.org | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Carreira da muller |
| Data: 27/09/2026Data de inscrición Ata o 25/09/2026 | O prezo da inscrición é de 13,95 € (inclúe IVE e gastos de xestión de Deporticket) e 14,95 € na última semana. Tamén se porán á venda dorsais solidarios a 20,95 € cada un (doazón íntegra) a beneficio de ACADAR. Establécense trofeos para as tres primeiras de cada categoría. | A entrega da camiseta, dorsal-chip e bolsa da corredora será en Palexco, Peirao de Trasatlánticos, s/n. Venres 25 de setembro das 16.00 ás 20.00 h e sábado 26 de setembro das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 19.00 h. Categorías: Categorías individuais (anos cumpridos o día da proba) - Absoluta - 8 a 11 anos - 12 a 15 anos - 16 a 19 anos - Sénior: 20 a 34 anos - Veteranas A (de 35 a 44 anos) - Veteranas B (de 45 a 54 anos) - Veteranas C (de 55 a 64 anos) - Veteranas D (de 65 a 74 anos) - Veteranas E (de 75 anos en diante) - Nais - Avoas - Bisavoas - Discapacitadas Categorías por equipos: - 3 irmás - 2 irmás - 2 cuñadas - Nai e filla - Nai e 2 fillas - Tía e sobriña - Parellas de feito / matrimonios - Avoa, nai e neta - Sogra e nora - 2 amigas - 3 amigas - Ximnasios e clubs de atletismo (equipos de 3 mulleres) - Empresas (equipos de 3 mulleres) - Centros escolares (mínimo 6 corredoras) - Asociacións de mulleres (Trofeo á asociación con máis chegadas á meta e aos equipos máis rápidos de 3 compoñentes) Contacto:Carrera de la Mujer Tel.: 91 347 00 93 Correo electrónico: carreradelamujer@mpib.es / inscripciones@deporticket.com (soporte de inscricións) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ciclo Principal: Outono 2026 | Data: Dende o 11/09/2026 ata o 27/12/2026 |
(*descontos: Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20% ; familias numerosas: -25%) VENDA DE ENTRADAS:
*Venda de entradas soltas a partir do 4 de setembro | PROGRAMACIÓN OUTONO 2026: - 11 e 12 de setembro: AS GARDIÁS OU O NÓ DO TECELÁN, de Nasser Djemaï (tarifa B) - 25 e 26 de setembro: UBASUTE, de Paula Carballeira (tarifa B) - 2 e 3 de outubro: EL INVENCIBLE VERANO DE LILIANA, de Cristina Rivera Garza, adaptación teatral de Amaranta Osorio (tarifa E) - 16 e 17 de outubro: ADOLESCENCIA INFINITA, de Pont Flotant (tarifa A) - 6 e 7 de novembro: LA DESCONQUISTA, de Ron Lalá (tarifa A) - 13 e 14 de novembro: EL ENTUSIASMO, de Pablo Remón (tarifa entusiasmo) - 20 e 21 de novembro: VIOLENCIA, de Fran Kranz (tarifa E) - 28 de novembro: LA BARRACA de Blasco Ibáñez adaptación de Marta Torres (tarifa E) - 11 e 12 de decembro: LIBRES!!! UN CABARET ANARCOSICALÍPTICO, de Esther F. Carrodeguas (tarifa E) - 13 de decembro: BLACK BOX-UNHA SAGA ÉPICA, de Gabriel Calderón, Hugo Torres (tarifa B) - 18 e 19 de decembro: EL BARBERO DE PICASSO, de Borja Ortiz de Gondra (tarifa Picasso) - 27 de decembro: EL REY DE LA FARÁNDULA, de Ángel Ruiz (tarifa E) Contacto:Teatro Rosalía de Castro R/ Rego de Auga, 27. 15001 A Coruña Tel.: 981 184 200 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| TRC Danza Outono 2026 | Data: Dende o 19/09/2026 ata o 04/12/2026 |
(*descontos: Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20% ; familias numerosas: -25%) VENDA DE ENTRADAS:
| PROGRAMACIÓN OUTONO 2026:
Contacto:Teatro Rosalía de Castro R/ Rego de Auga, 37A (15001 - A Coruña) Tel.: 981 184 200 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Erasmus Days | Data: Dende o 12/10/2026 ata o 17/10/2026 | As Xornadas Erasmus son unha celebración internacional de seis días do programa Erasmus+, onde persoas de todo o mundo están convidadas a reunirse e organizar ou participar en eventos que celebren os proxectos e oportunidades que ofrece Erasmus+. Para estudantes, profesores, formadores, profesionais e, en xeral, para toda a cidadanía, as Xornadas Erasmus representan unha oportunidade única para promover os múltiples beneficios que ofrece o programa. Este ano baixo o lema "Aprender e crecer: competencias para o futuro" e que se centrará en particular en:
Contacto: | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Segunda edición Amazing Festival na Sala Mardi Gras | Data: ata o 22/10/2026 | Os prezos das entradas oscilarán entre os 10 e os 25 euros no caso das máis caras. Iranse desvelando os detalles de todos na web oficial salamardigras.com no apartado "Próximos concertos". Contacto:Mardi Gras, Tr.ª da Torre, 8, 15002 A Coruña. E-correo: salamardigras@gmail.com |