Clubs
Xuvenil
Mocidade entre 14 e 18 anos, ambas as idades incluídas.
08/10/2026
Os xoves, cada quince días, en horario de 18.00 a 19.30.
Dende o 17/09/2026 ata o 08/10/2026
Require inscrición.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Únete ao Club de Lectura Xuvenil da Biblioteca Ágora!
Tes entre 14 e 18 anos?
Buscas un espazo onde compartir as túas lecturas favoritas, botar unhas risas e debater sobre temas que che interesan? Entón deixa de buscar.
Na Biblioteca Ágora propoñémosche un club un tanto diferente.
Que vas atopar no noso club?
Agardámoste!
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura para a mocidade?
Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser unha persoa experta lectora: os clubs están pensados para persoas con inquedanzas culturais, gana de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Máis informaciónActividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible