A Resurrección de Nuno e unha "Comedia post Mortem" que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da ciencia ficción mais que, porén, xa está a tocar a nosa porta na actualidade. Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos soterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade? Serán quen de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade? |