O espectáculo está baseado no libro-disco "Fíos do querer", que combina música, baile e exploración musical.
Crianzas de 0 a 3 anos
A partir das 10.00 h do día 12 até o 17 de setembro, terán preferencia as persoas inscritas no programa Apego no Concello da Coruña. Se quedaren prazas, a inscrición abrirase ao público xeral o martes 17 de setembro ás 10.00 h.
Familias
21/09/2019
Ya ha finalizado
Desde el 12/09/2019 hasta el 20/09/2019
A partir das 10.00 h do día 12 até o 17 de setembro, terán preferencia as persoas inscritas no programa Apego no Concello da Coruña. Se quedaren prazas, a inscrición abrirase ao público xeral o martes 17 de setembro ás 10.00 h.
16.30 h
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde
Se unha vez que reservastes a praza non podedes asistir, agradecemos que nolo comuniquedes para que outra pequena ou pequeno poida gozar da actividade.
É necesario coller entrada só para a crianza co seu nome, a súa data de nacemento e un correo de contacto. Deberá ir acompañada de dúas persoas adultas responsables como máximo.
Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando Fíos do querer, envoltorio agarimoso dun home orquestra para xogar, cantar e bailar cos nenos e coas nenas de colo. Podemos ver un adiantiño por aquí.
O espectáculo está destinado a crianzas de 0 a 3 anos anos acompañadas por dúas persoas adultas responsables como máximo.
Haberá unha sesión desta actuación, que se desenvolverá na aula 8 do Centro Ágora.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible