Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xaneiro de 2015

Coruña21 xa ten o seu circuíto para o 2015

Co propósito de conxugar a mellor carreira posible con garantir a mobilidade da cidade, presentámosvos o novo trazado para a sétima edición do noso medio maratón. A Coruña é unha península rodeada por mar, o que nos permite presumir de estampas preciosas para o runner. Nesta cita visitaremos algunhas delas xa habituais nas nosas probas, pero tamén algún tramo inédito. Con todo a principal novidade é... unha volta!

O próximo 22 de febreiro é a data na que se dará a saída ao noso Medio Maratón Coruña21. As primeiras zancadas partirán ás 10.00 horas dende o novo Parrote, onde unha hora máis tarde comezarán a chegar os corredores de novo para cruzar a liña de meta.

Precisamente, o trazado é unha das principais novidades desta sétima edición, que trata de sortear as limitacións das obras do túnel da Marina, conservando na medida do posible un deseño chairo e rápido. Coma todas nosas grandes carreiras o circuíto estará homologado pola RFEA (Real Federación Española de Atletismo), outorgando así oficialidade ás marcas.

A saída está situada na entrada do novo Paseo do Parrote e transcorre polos Cantóns o primeiro quilómetro, continuando por Linares Rivas. Xira á dereita por Ramón y Cajal para chegar á rotonda de Lonzas e volver. No quilómetro sete introdúcese na zona portuaria de San Diego e regresa pola praza da Palloza e Primo de Rivera chegando á praza de Mina, completando así o ecuador da proba. Posteriormente, colle dirección paseo marítimo bordeando o Instituto Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra. Incorpórase ao Paseo Marítimo en dirección Millennium, onde xira 180º para volver polo propio Paseo Marítimo en dirección Torre de Hércules, deixando á marxe dereita edificios como a Domus e á esquerda a Casa dos Peixes. No quilómetro dezaoito transita aos pés da Torre de Hércules. A partir de aquí, e nun final moi rápido xa utilizado en Coruña10, o trazado segue pola zona de Adormideras, chegando ata o Castelo de San Antón e finaliza no Parrote, nunha zona moi próxima á saída.

Este circuíto é a primeira sorpresa desta edición de Coruña21 pero haberá moitas máis, que iremos desvelando nos próximos días. A información para a inscrición tédela neste enlace.

Este ano #lamitadmolamás e faise nunha única volta!

Documentos relacionados

  • Plano percorrido Coruña21 (3 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión