Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2014

Clase mestra de Yolanda Gutiérrez e Andrés Díaz de cara a Coruña 21

Os dous atletas impartirán un adestramento orientado a todos os corredores populares o vindeiro sábado día 15 na Praza da Cubela, detrás de El Corte Inglés. O recordman de 1.500 metros lisos e a gañadora do 2010 e 2011 e segunda na pasada edición do Medio Maratón compartirán con todas as persoas participantes consellos e segredos á hora de afrontar as sesións de traballo. O Concello da Coruña e El Corte Inglés organizarán este evento deportivo.

Coruña21 achégase e a falta de pouco máis de dúas semanas para dar o pistoletazo de saída da proba, o próximo 23 de febreiro, os corredores seguen a súa posta a punto. Á marxe dos adestramentos que cada participante estea a realizar, o Concello da Coruña e El Corte Inglés ofrécenlles agora a oportunidade aos corredores populares de gozar de forma gratuíta o vindeiro sábado 15 de febreiro dunha sesión mestra dirixida por Yolanda Gutiérrez e Andrés Díaz. Ambos os atletas atesouran un gran palmarés: Gutiérrez, do New Balance Team, foi campioa nas edicións do 2010 e 2011, e segunda o ano pasado do Medio Maratón coruñés, e Díaz, recordman de 1500 Europeo cunha marca que cumprirá o próximo 24 de febreiro 15 anos, e que aínda ninguén conseguiu bater.

Ambos dirixirán un adestramento matinal (10.30 horas) na Praza da Cubela (detrás de El Corte Inglés), aberto a todos os atletas populares que desexen mellorar e aprender con dous dos mellores corredores galegos nun ambiente lúdico. Todos os que desexen participar deberán enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es . Así mesmo, os 300 primeiros recibirán, ademais, unha camiseta.

Andrés Díaz, que xa colaborou o ano pasado na Exporunning de Coruña42 cunha conferencia sobre cómo mellorar o rendemento e evitar lesións, dará claves sobre cómo mellorar a técnica de carreira, empregando exemplos in situ e contando coa axuda de Yolanda Gutiérrez. Así mesmo, a atleta galega do New Balance tamén compartirá a súa experiencia neste tipo de probas de Medio Maratón e os seus segredos de preparación con todos os corredores que acudan ao evento. Unha oportunidade inigualable de realizar un adestramento con dous atletas profesionais, aprender trucos sobre estiramentos, tipos de zancada, pisada e, en definitiva, gozar dunha mañá en compañía de dous deportistas de elite. Unha mostra máis de que Coruña21 quere unir a corredores amateurs con outros de primeira liña nunha festa deportiva que terá o seu punto máis álxido o día da carreira.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión