Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/2020

Inscripciones:

Hasta el 10/07/2019

Requisitos:

ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE GRAO MEDIO

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas as persoas que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Dispor do título de graduado en educación secundaria na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente, e superar unha proba específica ou acreditar un mérito deportivo.

Para o acceso ao segundo nivel de grao medio: ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.

b) A persoa que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica.

A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de FP, pola parte común da proba de acceso a grao superior de FP, pola proba de madureza de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de artes plásticas e deseño, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinazas artísticas superiores

ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE GRAO SUPERIOR

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas a persoa que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel ou equivalente, acreditar un mérito deportivo ou cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puidesen establecer na especialidade ou modalidade correspondente.

b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel ao cal se desexa acceder.

A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, pola proba de madureza de acceso a ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinazas artísticas superiores.

Página web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Educación, Universidade e Formación Profesional. Departamento Territorial da Coruña

Edif. Adm. de Monelos, 7º andar. Rúa Vicente Ferrer, 3. (15008 - A Coruña)

Tel.: 981 184 701

Publicación: DOG 07-06-2019

Documentos:

.pdf Oferta ensinanzas deportivas en Galicia (356 KB)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de convocar as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/2020

DATAS DE INSCRICIÓN: ata o 10 de xullo de 2019

LUGAR DE INSCRICIÓN: na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico

Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:

Modalidade

Centros

Fútbol

IES Universidade Laboral (Culleredo)

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Fútbol sala

CIFP A Farixa (Ourense)

Baloncesto

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Balonmán

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Atletismo

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

IES As Barxas (Moaña)

Vela

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

  • RELACIÓN PROVISORIA DE PERSOAS INSCRITAS: o 15 de xullo nos taboleiros dos centros onde realizou a inscrición e na web www.edu.xunta.gal
  • RECLAMACIÓNS: desde o día 15 ao 17 de xullo.
  • RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS INSCRITAS: o día 22 de xullo nos taboleiros dos centros onde realizou a inscrición e na web www.edu.xunta.gal

DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

PROBA DE MADUREZA: terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a seguir:

GRAO MEDIO: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

A proba de madureza constará das seguintes partes:

  • Desenvolvemento por escrito, máximo 1 h, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.Desenvolvemento por escrito, máximo 1 h, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito.
  • Desenvolvemento por escrito, máximo 1 h, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.
  • Desenvolvemento por escrito, máximo 1 h, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos (matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía).

Cumprirá seleccionar 3 das devanditas materias e desenvolver por escrito 1 cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.

Valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria.

GRAO SUPERIOR: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

A proba de madureza versará sobre as seguintes materias comúns propias do currículo do bacharelato:

  • Desenvolvemento por escrito, máximo 1 h, das cuestións que se formulen sobre Lingua Galega e Literatura.
  • Desenvolvemento por escrito, máximo 1 h, das cuestións que se formulen sobre Lingua Castelá e Literatura.
  • Desenvolvemento por escrito, máximo 1 h, das cuestións que se formulen sobre Lingua Estranxeira (inglés/francés).
  • Desenvolvemento por escrito, máximo 1 h, das cuestións que se formulen sobre Historia de España.
  • Desenvolvemento por escrito, máximo 1 h, das cuestións que se formulen sobre Filosofía.

Cumprirá seleccionar 3 das devanditas materias e desenvolver por escrito 1 cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.

Valorarase o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

PROBAS ESPECÍFICAS PARA AS TITULACIÓNS DE TÉCNICOS DEPORTIVOS

Modalidade

Lugar da proba

Data de realización

BALONCESTO

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía)

13 de setembro ás 10.00 h.

FÚTBOL SALA

IES As Lagoas (Ourense)

10 de setembro ás 10.00 h.

ATLETISMO

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

16 de setembro ás 10.00 h.

FÚTBOL

IES Universidade Laboral (Culleredo)

11 de setembro ás 10.00 h.

IES Sánchez Cantón (Pontevedra) Inst. A Xunqueira

12 de setembro ás 11.00 h.

BALONMÁN

IES Sánchez Cantón (Pontevedra) Inst. A Xunqueira

12 de setembro ás 10.00 h.

VELA

Centro Galego de Vela (Vilagarcía de Arousa)

13 de setembro ás 11.30 h.*

*a data do exame de VELA poderá variar no caso de non darse as condicións meteorolóxicas necesarias o día establecido

No pierdas

Actividades

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?