7 resultados
02/05/2024
En maio proxéctase no Fórum Metropolitano, dentro do ciclo “O documental do mes”, a película dirixida por Rosine Mbakam "Mambar Pierrette" (Bélxica, 2023), un documental que narra a historia de Mambar Pierrette, unha modista de barrio da cidade camerunesa de Douala á que unha longa fila de clientes acoden para preparar a súa roupa polo comezo do novo curso escolar.
Os días 17/04/2024, 08/05/2024, 05/06/2024
O Museo de Belas Artes da Coruña e a Asociación de Amigos do Museo organiza o ciclo de cine "Museos de Cine", que ten como obxectivo amosar a través das cámaras o que hai detrás destas grandes institucións culturais. Nesta primeira edición descubriremos as salas do Museo del Prado, da National Gallery e do Museo do Hermitage.
Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024
O Espazo Xuvenil O Remanso organizan unha serie de actividades durante o mes de abril. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Dende o 02/04/2024 ata o 30/04/2024
A Filmoteca de Galicia presenta a súa programación para o mes de abril, que continúa cos ciclos dedicados ao cineasta finlandés Aki Kaurismäki e á cineasta de vangarda Su Friedrich, presenta o ciclo "50 anos do 25 de abril" e o ciclo de películas restauradas "Cine, rexistro vivo da nosa memoria", ademais dos filmes integrados nas habituais seccións "Materiais para unha historia do cine en Galicia", "Fóra de serie" e "Filmoteca Jr".
Dende o 05/04/2024 ata o 27/04/2024
A sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano presenta no mes de abril o ciclo de cinema "Xabier P. Docampo na memoria"
Dende o 04/04/2024 ata o 27/04/2024
A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta no mes de abril o ciclo de cinema "A outra beira"
Os días 11/01/2024, 15/02/2024, 14/03/2024, 11/04/2024, 23/05/2024, 13/06/2024
O Teatro Colón presenta o ciclo de cinema "As mellores películas da historia", proxeccións en pantalla grande, V.O. con subtítulos e formato 35 mm. de seis dos considerados mellores filmes da historia pola prestixiosa publicación británica Sight & Sound. O ciclo, coordinado por Javier Trigales, permitirá revisionar un destes grandes clásicos ao mes, que serán analizalos nun coloquio posterior da man de grandes expertos e expertas.
resultados 7
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Ata o 08/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible