Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

"A VOLTAS": Programa formativo dirixido a entidades e colectivos non formais

Cando:

Dende o 20/11/2017 ata o 01/12/2017

Inscricións:

diferentes prazos para cada obradoiro.

Horario:

diferentes horarios para cada obradoiro.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Non hai límite de idade. Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna, ademais da copia do DNI da persoa que autoriza. Descargar aquí .

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil
Edif. Fórum Metropolitano
R/ Río Monelos, 1
15006 - A Coruña
Tel: 981 184 294
cmix@coruna.es

Documentos:

Programa A Voltas 2017 (1 MB)

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), ofrece un programa formativo dirixido ás asociacións, entidades e grupos non formais que xa están en marcha, e tamén ás persoas que están plantexándose crear novas entidades que veñan a sumarse á labor que realizan as xa existentes.

Os obradoiros son gratuítos e as prazas limitadas. Esgotadas as prazas, abrirase unha listaxe de agarda para cada obradoiro.

PROGRAMA FORMATIVO E INSCRICIÓN

De persoa física a persoa xurídica. Cal é o mellor modelo para levar a cabo un proxecto social?   (20/11/2017) 

  • Inscricións do 13 ao 19 de novembro ás 23.59 horas.

Este obradoiro vai dirixido as persoas que se plantéxan o desenvolvemento de iniciativas de ámbito social  e se atopan ante a decisión, non sempre doada, de escoller unha forma xurídica, se é que é necesaria, para dotar de continuidade ás súas propostas, fortalecer a formación de colectividades máis ou menos estables ou participar das convocatorias públicas de axudas e distintos programas de fomento social.

Comunicación en entidades  (22/11/2017)

  • Inscricións do 13 ao 21 de novembro ás 23:59 horas.

O curso de comunicación para entidades está deseñado para permitir aos/ás representantes dos diferentes entes asociativos traballar cunha comunicación fluída e eficaz dende o principio, mellorando o feedback coa sociedade, facilitando a captación de novos/as socios/as, e facendo máis cómoda a comunicación interna cos membros/as da asociación.

Curso básico de Xestión Orzamentaria  (24/11/2017)

  • Inscricións do 13 ao 23 de novembro ás 23:59 horas.

Os obxectivos deste curso son proporcionar ás persoas membros das entidades de ámbito social, dunha visión teórica da xestión orzamentaria, entendida como un ciclo de elaboración de previsión, seguimento e control, e aportar metodoloxías prácticas aplicables mediante a realización dun suposto práctico.

Creación de proxectos  (27/11/2017)

  • Inscricións do 13 ao 26 de novembro ás 23:59 horas.

O obradoiro está dirixido tanto a aquelas entidades xa creadas como ás persoas interesadas en constituir unha; os temas a tratar serían económicos, de xestión e organización por un lado e pedagóxicos e metodolóxicos por outro.

Como poñer en marcha un proxecto social autoxestionado  (29/11/2017)

  • Inscricións do 13 ao 28 de novembro ás 23:59 horas.

A palabra autoxestión define un modelo de actividade con dúas características fundamentais: está dirixido polas persoas que participan activamente na mesma, e non depende económicamente de padroados ou institucións externas. No encontro do mércores 29 abordarase a posta en marcha dun proxecto sen ánimo de lucro: dende a idea inicial, pasando pola definición de obxectivos, eleción de figura xurídica (colectivo informal, asociación, etc), ata os posibles diversos xeitos de organización interna e de auto-financiamento.

Curso básico de Fiscalidade  (01/12/2017)

  • Inscricións do 13 ao 30 de novembro ás 23:59 horas.

Os obxectivos deste curso son proporcionar ás persoas membras das entidades de ámbito social formación sobre as obrigas fiscais das ENL así como o repertorio básico de consultas tributarias asociado.

Non perdas

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?