Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Aviso

Debido á actualización da aplicación de xestión de inscricións en actividades e cursos, esta tarde a partir das 16:00 h. non se poderán realizar inscricións web.

Axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove

Inscricións:

Ata o 04/03/2019

Requisitos:

  • Grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán de estar empadroadas nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentación da solicitude. Non poderá modificarse a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.
  • Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas, no momento de presentación da solicitude, no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, regulado no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, e cumprir a legalidade vixente no referente ás idades nas asociacións xuvenís (Real decreto 397/1988).
  • Solicitudes: presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A presentación electrónica será obrigatoria para as asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións. 

Remuneración / Dotación:

Financiarase 100% do proxecto presentado (máximo 5.000 euros). 

Páxina web:

Sede electrónica: procedemento BS306B

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar. 15781  Santiago de Compostela

Teléfono: 981 957 057 / 981 544 866

Enderezo electrónico: institutoxuventude.ctb@xunta.gal

www.xuventude.net

Xefatura Territorial da Consellería de Política Social

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º. 15008 A Coruña

Teléfono: 881 881 238

Publicación: DOG 04/02/2019

A Consellería de Política Social convoca as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019, co obxecto de apoiar proxectos nos cales a mocidade participe de forma activa e directa en actividades concibidas por ela mesma e das cales ela sexa a súa principal protagonista.

Enténdense por iniciativas xuvenís os proxectos liderados pola mocidade galega, nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, a través da participación activa na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas. Áreas de atención prioritaria: 

  • Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
  • Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
  • Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.
  • Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
  • Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
  • Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
  • Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
  • Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
  • Dinamización da lingua galega entre a mocidade.

Non perdas

  • Xornadas de mocidade e participación xuvenil "As políticas de xuventude: retos e metas"

    Cando:

    22/02/2019

    Inscricións:

    dende o 15/02/2019 ás 17:00 h. ata o 21/02/2019 ás 12:00 h.

  • Nocturnia febreiro-xullo 2019. Programa de ocio alternativo

    Cando:

    Dende o 22/02/2019 ata o 06/07/2019

    con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
  • Escola de Participación 2019

    Cando:

    Dende o 18/02/2019 ata o 21/10/2019

    Inscricións:

    diferentes prazos para cada obradoiro.

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?