Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Bolsas de carácter xeral para estudos postobrigatorios curso 2017-2018. Estudos universitarios

Inscricións:

Ata o 17/10/2017

Requisitos:

  • Poderá solicitar as bolsas desta convocatoria o estudantado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpra uns determinados requisitos de aproveitamento académico e que estea cursando algunhas das seguintes ensinanzas:
  • Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
  • Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico.
  • Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
  • Complementos de formación para acceso ou obtención do título de máster e créditos complementarios para a obtención do título de grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
  • Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.
  • Non posuír no momento de solicitar a bolsa un título de nivel igual ou superior ao dos estudos para os que se pide a bolsa.
  • Requisitos académicos: para grao e titulacións universitarias de primeiro e segundo ciclo (primeiro curso)
  • Para obter bolsa de matrícula: quedar matriculado do número de créditos que establece a convocatoria. Ter obtido polo menos 5,50 puntos na proba de acceso (fase xeral de EBAU), nota de CFGS ou outra proba de acceso.
  • Para obter o resto de contías: Quedar matriculado do número de créditos que establece a convocatoria. Ter obtido polo menos 6,50 puntos na proba de acceso (fase xeral de EBAU), nota de CFGS ou outra proba de acceso.
  • A solicitude deberase cubrir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Remuneración/Dotación:

  • Contías fixas:
  • Bolsa de matrícula: a contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o/a estudante por primeira vez no curso 2017-2018.
  • Contía fixa ligada á renda do/a estudante: 1.500,00 euros
  • Contía fixa ligada á residencia do/a estudante durante o curso escolar: 1.500,00 euros.
  • Contía variable e distinta para os/as diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do/a estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.

Páxina web:

www.mecd.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Los Madrazo 15

28014 Madrid

Tlf. 910 837 937

Publicación:

BOE 10/08/2017 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS (Identif.) 358863

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2017-2018, para estudantado que curse estudos postobrigatorios.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa