Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Bolsas Europa FP- AcoreEuropa VI - 1ª convocatoria

Tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

de setembro a decembro de 2017, na súa 1ª convocatoria.

Inscricións:

Dende o 03/04/2017 ata o 28/04/2017

Requisitos:

  • Ter finalizados os estudos de ciclo medio de FP e ter superada a Formación en Centros de Traballo (FCT) en decembro 2016 ou en xuño de 2017. No caso dos titulados en xuño de 2017, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter rematado o ciclo e superada a FCT.
  • Ter a titulación de técnico/a medio nalgún dos ciclos formativos de grao medio impartidos nos centros asociados ó programa: IES Ramón Menéndez Pidal / IES Fernando Wirtz / IES A Sardiñeira / IES Urbano Lugrís / IES Calvo Sotelo / CIFP Ánxel Casal / CIFP Paseo das Pontes / CIFP Someso / Centro de Formación da Cruz Vermell / CPR Grande Obra de Atocha e CPR Liceo la Paz9.
  • Estar en situación de desemprego ou ter escasa experiencia profesional.
  • Inscriciónen liña na páxina web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Bolsas ACOREUROPA VI. 1ª CONVOCATORIA. Unha vez feita a inscrición, o sistema elabora un xustificante de confirmación cun número de asignación, que será o de referencia de cada expediente no proceso. Posteriormente, a documentación do expediente e copia do xustificante da solicitude, asinada pola persoa solicitante (e, no caso de menores de idade, a persoa ou persoas que teñen a súa patria potestade ou tutela), deberá presentarse nos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire a Lei 39/2015, de 2 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Remuneración/Dotación:

  • Na súa primeira convocatoria oferta 25 bolsas, coa seguinte distribución:  
    • Italia - Florencia (Firenze): 7 prazas
    • Portugal - Lisboa: 8 prazas
    • Irlanda - Cork (Corcaigh): 5 prazas
    • Austria - Viena (Wien): 3 prazas
    • Francia - Bordeos (Bordeaux): 2 prazas
  • Viaxes e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino para cada participante. 
  • Aloxamento no país correspondente durante un período de tres meses. 
  • Contrato de formación non laboral por unha empresa do país correspondente durante un período de tres meses.
  • Axuda económica para financiar a manutención durante a estadía 
  • Tutorización por persoal especializado da actividade formativa. 
  • Realización, como mínimo, de dúas xornada de preparación específica para os seleccionados para participar no programa. 
  • Organización dun curso presencial de preparación lingüística de portugués para as persoas participantes con destino en Portugal e o acceso a un curso "on line" da plataforma da EU "OLS" dos outros idiomas dos países de destino.
  • Seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil.

Páxina web:

Proxecto AcorEuropa VI -1ª Convocatoria

Contacto:

Concello da Coruña - Concellaría de Xustiza Social e Coidados 

Servizo Municipal de Educación

Casa Paredes - Avda. de la Marina, 18 - 2ª planta 15003- A Coruña

Tel.: 981 184 200 Ext.: 12114 (de 9.00-14.00 h.)

educacion@coruna.es

www.edu.coruna.es

Concello da Coruña - Concellaría de Xustiza Social e Coidados

bases-definitivas-acore-VI.pdf

O Concello da Coruña abre o prazo para a inscrición no programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI 1ª Convocatoria, que permitirá que 25 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia.

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?