Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Escola de Participación

Cando:

Dende o 10/10/2018 ata o 18/12/2018

Inscricións:

diferentes prazos para cada obradoiro.

Horario:

diferentes horarios para cada obradoiro

Enderezo:

EIX. Espazo de Iniciativas Xuvenís. Rúa Matadero 68. 15002 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

Non hai límite de idade (agás para o curso de Metodoloxía para a participación xuvenil). Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna, ademais da copia do DNI da persoa que autoriza. Descargar aquí .

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil 

Edif. Fórum Metropolitano

R/ Río Monelos, 1

15006 - A Coruña

Tel.: 981 184 294 

cmix@coruna.es

Documentos:

Programa Escola de Participación 2018/2019 (67 KB)

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Participación e Innovación Democrática pon en marcha un novo programa de apoio ás entidades e os colectivos informais da cidade: a Escola de Participación.

FORMACIÓN PARA A CIDADANÍA:

A Escola de Participación é un espazo de formación e aprendizaxe para entidades e colectivos informais da nosa cidade.

A Escola pon a disposición da veciñanza os seguintes cursos:

Dirixido a persoas con interese no eido da participación e innovación social

Datas: 4, 11 e 18 de decembro

Inscrición: Ata o día 29 de novembro ou ata esgotar as prazas

Dirixido a mozos e mozas de 16 a 30 anos cun perfil vinculado ao ámbito da dinamización xuvenil, ao mundo asociativo, etc.

Datas: 13, 20 e 27 de novembro 

Inscrición:  Ata o día 10 de novembro ou ata esgotar prazas

FORMACIÓN PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO:

Proposta formativa dirixida ás persoas que están pensando en crear entidades non lucrativas, ou que xa pertencendo a estas, necesiten formación en aspectos específicos na xestión das súas asociacións.

Neste obradoiro abordaránse en conxunto os aspectos fundamentais a ter en conta á hora de crear unha asociación: figura xurídica, procedementos necesarios para a súa constitución, aspectos básicos de funcionamento, obrigas legais, financiamento, etc

Datas: 10 de outubro  

Inscrición:  Ata o día 8 de outubro ou ata esgotar prazas

Neste curso abordarase a lexislación vinculada a protección de datos en entidades sen ánimo de lucro e estableceranse os procedementos necesarios para un tratamento correcto destes.

Datas: 15 de outubro

Inscrición:  Ata o 11 de outubro ou ata esgotar prazas 

O curso de comunicación para entidades está deseñado para permitir as persoas representantes dos diferentes entes asociativos traballar cunha comunicación fluida e eficaz dende o principio, mellorando a comunicación coa sociedade, facilitando a captación de novas persoas socias, e facendo máis cómoda a comunicación interna das persoas que pertencen á asociación.

Datas: 17 de outubro

Inscrición:  Ata o 15 de outubro ou ata esgotar prazas 

Neste curso abordaráse a análise dos contidos teóricos vinculados a sinatura dun convenio por parte dunha entidade, e plantexarase un caso práctico basado en experiencias reais na cidade da Coruña.

Datas: 22 de outubro

Inscrición:  Ata o 18 de outubro ou ata esgotar prazas

O obxectivo deste curso é dotar ás persoas participantes de competencias básicas á hora de realizar e presentar un proxecto e a abordar a súa xestión.

Datas: 24 de outubro

Inscrición:  Ata o 22 de outubro ou ata esgotar prazas 

O obxectivo do curso é proporcionar ás persoas pertencentes as entidades de ámbito social dunha visión teórica das posibles fontes de financión da asociación.

Datas: 31 de outubro

Inscrición:  Ata o 29 de outubro ou ata esgotar prazas

O obxectivo do curso é abordar as obrigas fiscais dunha entidade non lucrativa, así como do repertorio básico de consultas tributarias asociadas.

Datas: 7 de novembro

Inscrición:  Ata o 5 de novembro ou ata esgotar prazas

O obxectivo deste curso e abordar a solicitude dunha subvención ante a administración pública, partindo dun suposto práctico.

Datas: 14 de novembro

Inscrición:  Ata o 12 de novembro ou ata esgotar prazas

O obxectivo deste curso e abordar as obrigas contables para as entidades sen ánimo de lucro.

Datas: 21 de novembro

Inscrición:  Ata o 19 de novembro ou ata esgotar prazas 

O obxectivo deste curso é dar a coñecer a lexislación neste ámbito, e avanzar nas dinámicas de funcionamento das entidades vencelladas á igualdade de xénero.

Datas: 28 de novembro

Inscrición:  Ata o 26 de novembro ou ata esgotar prazas 

NOTA: Os obradoiros son gratuítos e as prazas limitadas. Esgotadas as prazas, abrirase unha listaxe de agarda para cada obradoiro.

Non perdas

  • Nocturnia outubro-decembro 2018. Programa de ocio alternativo

    Cando:

    Dende o 26/10/2018 ata o 15/12/2018

    Inscricións:

    con diferentes prazos de inscrición para cada actividade.

  • Antenas de Información Xuvenil curso 2018-2019

    Cando:

    O programa AIX desenvolverase de novembro de 2018 a maio de 2019

    Inscricións:

    Ata o 24/10/2018

    ata as 20.00 h
  • Axudas da UDC para o transporte

    Inscricións:

    Ampliación do prazo de presentación de solicitudes ata as 14:00 h do 23 de outubro de 2018.

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?