Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

“Mi metamorfosis”

Cando:

Dende o 04/07/2017 ata o 31/07/2017

A exposición inaugurarase o 4 de xullo ás 19:30 horas e poderase ver ata o día 31 de xullo.

Horario:

  • De luns a venres de 9:00 a 21:00 h.
  • Sábados de 9.00 a 14:00 e de 17:00 a 21.00 h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde.

Páxina web:

www.coruna.es/cmix/plataforma14

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 115006 - A Coruña

Tfno: 981 184 294

cmix@coruna.es 

CMIX, Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña

“Mi metamorfosis" é a primera exposición individual da artista coruñesa Irene Parga Todoroff na que se recolle toda a obra da artista desde os seus inicios, e onde se pode ver a súa evolución obtida a base da experiencia e aprendizaxe.

A exposición está dividida en diferentes bloques, sendo o máis importante "A Coruña, cidade de guerreiros e soñadores" na que se recollen unha serie de cadros  ao oleo e fotografías sobre esta cidade. Os bloques restantes varían desde retratos ao grafito, cadros abstractos, cadros figurativos e un apartado onde se mostra o proceso de creación de murais exteriores.

"Mi metamorfosis" o reflexo do cambio, é a exploración e practica de diferentes estilos co fin de aprender novas técnicas e familiarizarse con estas formas de arte.

A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.es/cmix/plataforma14.

Non perdas

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?