Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Inscricións:

Ata o 22/06/2018

O alumnado que se incorpore ao centro fóra deste prazo, disporá dun mes dende o día seguinte ao da formalización da matrícula

Requisitos:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO).
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE).
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
  • O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar. 
  • As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán que devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18. Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.

Remuneración / Dotación:

Contía das axudas para adquirir libros de texto:

- Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

  • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.
  • 2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 90 euros.

- Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

- Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

- Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:

  • Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
    • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.
    • 2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 90 euros.
  • Alumnado de ESO:
    • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 180 euros.
    • 2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 104 euros.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Páxina web:

Sede electrónica: procedemento ED330D

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

San Caetano s/n. 15771  Santiago de Compostela.  Teléfono: 981 546 523 / 981 546 521

Xefatura Territorial: Rúa Vicente Ferrer, 2, 7º. 15008 A Coruña. Tel. 981 18 47 01

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Publicación: DOG 21/05/2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Non perdas

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?