Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Idiomas do Mundo

Cando:

4 semanas de duración durante o verán de 2017 (de preferencia o mes de xullo)

Inscricións:

Dende o 10/04/2017 ata o 28/04/2017

Requisitos:

  • Residir no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal, dende o 1 de setembro de 2016. Tamén serán aceptadas residencias posteriores a esa data e anteriores ao final do prazo de presentación de solicitudes nos casos en que se acredite traslado de domicilio e centro educativo motivado por cambio de localidade de residencia ao Concello da Coruña.
  • Estar matriculado e cursando 4º de ESO ou 1º de bacharelato.
  • Ter obtido no curso anterior, en 3º ou 4º da ESO, unha cualificación media de 6 ou máis puntos e non ter ningunha materia suspensa.
  • Ter obtido no curso anterior, en 3º ou 4º da ESO, unha cualificación de 6 ou máis puntos na materia de lingua/as estranxeira/s pola/s que se queira optar (inglés/portugués/francés/alemán) e estar a cursala/s no curso 2016/2017, agás en portugués, de non se estar a cursar esta materia, a cualificación a valorar será a correspondente á materia de lingua galega e literatura.
  • Inscrición: en liña na web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se debe de imprimir. A ficha de solicitude, asinada e a documentación do expediente deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Remuneración/Dotación:

Tipo de bolsas:

  • Bolsa total. Serán beneficiarios/as de bolsa total os/as participantes seleccionados/as que non superen os 9.000,00€ anuais de renda per cápita.
  • Bolsa parcial. Serán beneficiarios/as de bolsa parcial os/as participantes seleccionados/as que superen os 9.000,00€ anuais de renda per cápita. As familias das persoas beneficiarias desta bolsa terán que facer unha achega variable en función da súa renda.

Páxina web:

Idiomas do Mundo

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18, 2º15001- A Coruña

Tel.: 981 184 200 ext. 12038 e 12043

educacion@coruna.es

www.edu.coruna.es

Servizo Municipal de Educación

O obxecto deste programa do Concello da Coruña é ofrecer a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o verán de 2017 en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?