Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Novo período de solicitude dos Locais de Ensaio

Ábrese un novo período de inscrición para optar a unha das 48 prazas que se ofertan nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña durante a quenda semestral outubro 2019 - marzo 2020.

Inscricións:

Ata o 27/09/2019

Requisitos:

Como atoparás nas bases da convocatoria, os únicos requisitos para acceder aos ensaios son:

  • Que, polo menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos
  • Que, polo menos, a metade do grupo certifique vivir actualmente na Coruña, ou ben curse estudos actualmente nun centro educativo da cidade

Páxina web:

Mellor convosco | Novo prazo ordinario de inscrición locais de ensaio

Organizador:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Contacto:

Locais de Ensaio

R/ Francisco Pérez Carballo 2 (Coliseum)

15008 - A Coruña

locaisdensaio@gmail.com

locaisdensaio.blogspot.com.es

Deberase facilitar toda a documentación requerida ao enderezo electrónico xuventude@coruna.es. As inscricións deberán achegar:

  • Solicitude debidamente cuberta, descargar aquí.
  • Fotocopia do DNI de todas as persoas integrantes do grupo
  • Certificado de empadroamento, con data de 2019, ou ben matrícula nun centro educativo da cidade para o curso 2019/2020 de, polo menos, o 50% dos/as integrantes do grupo
  • Permiso do pai, nai, ou responsábel legal de todas as persoas menores de 18 anos, asinado e achegar ademais a fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso

CALENDARIO: 

  • Lista provisional: a partir do 1 de outubro.
  • Prazo de alegacións: as persoas interesadas poderán presentar as alegacións que estimen oportunas na defensa dos seus intereses, nun prazo de 10 días naturais.
  • Listaxe definitiva: a partir do 15 de outubro, convidando por e-mail aos grupos aptos á xuntanza de adxudicación dos novos horarios, os cales darán comezo o luns 21.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?