Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Xuventur. Programa de educación non formal en aloxamentos turísticos no medio rural

Inscricións:

Dende o 14/09/2018

ata esgotar prazas

Prezo:

O programa é gratuíto, e inclúe: aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado). Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento. O desprazamento ata os aloxamentos vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Requisitos:

  • Xente nova que teña entre 18 e 30 anos no momento da solicitude. 
  • Cada persoa solicitante só poderá elixir un programa e unha quenda.
  • Será necesario levar a tarxeta sanitaria e o DNI durante os días de realización do programa.
  • A reserva de praza efectuarase unicamente a través do formulario de inscrición na web
  • As prazas asinaranse por estrita orde de chegada. A confirmación da praza farase por correo electrónico. Unha vez confirmada a praza haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a fotocopia escaneada do DNI. Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico xuventude.programas@xunta.gal indicando no asunto o programa ao que está inscrito.

Páxina web:

www.xuventude.net

Contacto:

Dirección Xeral Xuventude, Participación e Voluntariado

Edificio Administrativo de San Lázaro 3º andar. 15707 Santiago de Compostela

Tel.  981 54 48 54

xuventude.programas@xunta.gal 

Documentos:

Folleto (2 MB)

A Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poñen en marcha unha nova edición do programa “XuvenTur”· Programa de actividades de educación non formal para desenvolver en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana.

PROGRAMAS

  • Programa 1:
    • ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo na Mariña Lucense (Ribadeo, Lugo). 
    • Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
  • Programa 2:
    • XOGANDO A EMPRENDER: Achegamento ás bases do modelo Lean Startup para o emprendemento. Fragas do Eume ( Rías Altas, A Capela, A Coruña).
    • Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
  • Programa 3:
    • "AUTOCOÑECEMENTO 360º": Actividades de acercamento á Intelixencia Emocional en Valdoviño (Ferrolterra-Eume, A Coruña).
    • Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo). 
  • Programa 4:
    • ESTADÍAS CREATIVAS: Actividades de inmersión no medio rural e  natural a través da creatividade en Seoane do Courel, Lugo.
    • Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
  • Programa 5:
    • ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo pola Costa da Morte (Carnota, A Coruña).
    • Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
  • Programa 6:
    • CORPO E MENTE: Desenvolvemento de actividades de crecemento persoal e desfrute no medio rural na aldea de Covelo (Baixo Miño,  Pontevedra)
    • Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
  •  Programa 7:
    • DESCOBRE O XURÉS: Desenvolvemento de actividades de inmersión e coñecemento do Parque Natural do Xurés. Limia (Lobios, Ourense)
    • Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
  •  Programa 8:
    • ESTADÍAS DE EMPRENDEMENTO NATURAL: Actividades de emprendemento no rural e novas tecnoloxías no contorno dos Ancares (Cervantes, Lugo)
    • Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?