Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Axudas complementarias para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos

Inscricións:

Ata o 04/02/2019

Requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2018/19 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
  • Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.
  • Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
  • Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.
  • As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Remuneración / Dotación:

As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:

  • 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1 (Dinamarca, Irlanda, Francia, Italia, Austria, Finlandia, Suecia, Reino Unido, Liechtenstein, Noruega)
  • 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2 (Bélxica, República Checa, Alemaña, Grecia, Croacia, Chipre, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Eslovenia, Islandia, Turquía)
  • 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3 (Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Malta, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Antiga República Iugoslava de Macedonia)

Páxina web:

Sede electrónica: procedemento ED417A

Contacto:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Xefatura Territorial da Coruña 

R/ Vicente Ferrer, 2-7º. Edificio Administrativo de Monelos. Telf. 981 18 47 01

http://www.edu.xunta.es

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: orientacion.sug@edu.xunta.es

Dúbidas, dificultades técnicas ou información no proceso de obtención dos formularios: teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal

Publicación: DOG 02/01/2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/19.

Non perdas

  • Tes un proxecto para Nocturnia?

    Inscricións:

    Dende o 14/01/2019 ata o 24/01/2019

  • Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos

    Cando:

    Os días 02/03/2019, 09/03/2019

    Inscricións:

    Dende o 21/01/2019 ata o 12/02/2019

  • Axudas complementarias para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos

    Inscricións:

    Ata o 04/02/2019

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?