Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Certame FameLab España 2019

Inscricións:

ata o 31/01/2019 ás 13:00 horas

Requisitos:

  • Calquera persoa de nacionalidade española ou residente en España e maior de idade, que curse estudos ou exerza actualmente calquera actividade profesional ou laboral en áreas relacionadas coa ciencia e/ou a tecnoloxía e cumpra os requisitos establecidos nas bases. Exclúese a participación no certame a profesionais dos medios de comunicación ou das artes escénicas.
  • As persoas participantes deberán expresarse fluidamente en inglés para participar no certame internacional. A participación en Famelab España canalizarase a través da gravación dun vídeo no que o/a participante deberá interpretar un monólogo en castelán que teña como base un tema científico e/ou tecnolóxico, cunha duración máxima de 3 minutos nun arquivo comprimido nun dos seguintes formatos: .MP4, .AVI, .MPG, .MOV, .FLV, .WMV, sempre que non superen os 75 megabytes de tamaño. O vídeo non poderá ir acompañado de edición nin de efectos especiais e nel non se poderán utilizar presentacións tipo PowerPoint ou outros dispositivos electrónicos.
  • O monólogo presentado terá que ser inédito.
  • O certame componse de 5 fases (ver bases completas). As persoas candidatas seleccionadas en cada fase estarán obrigadas a participar nos eventos da seguinte fase para seguir participando nas posteriores etapas do concurso.

Remuneración / Dotación:

As persoas seleccionadas para a final nacional de Famelab España 2019 participarán nunha xornada formativa en inglés por expertos en técnicas de comunicación que as capacitará en técnicas de expresión e aumentará as súas habilidades comunicativas. A organización farase cargo dos gastos de desprazamento e aloxamento das/os seleccionadas/os para a MasterClass, que se realizará en Madrid unha fin de semana da primavera de 2019 e que é de obrigada asistencia.

As tres persoas mellores participantes na final nacional, recibirán unha mención especial. A primeira  persoa clasificada representará a España na final internacional no Festival de Ciencia de Cheltenham. Os gastos das entradas ao festival, viaxe e aloxamento da persoa gañadora correrán a cargo da organización de Famelab España.

Páxina web:

https://www.famelab.es/

Contacto:

FECYT, Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía

R/ Pintor Velázquez, 5, 28100 Alcobendas (Madrid)

Tel.: 914 250 909

famelab@fecyt.es

www.fecyt.es

Documentos:

Bases completas (122 KB)

British Council e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), coa colaboración da Obra Social "La Caixa", convocan a sétima edición española de FAMELAB, certame internacional de monólogos científicos, cuxo obxectivo é fomentar a comunicación da ciencia a través de novas vías de achegamento á sociedade, involucrando a todas as persoas que dun xeito ou outro traballan neste ámbito, co fin de atopar as novas voces da ciencia en todo o mundo.

Non perdas

  • Tes un proxecto para Nocturnia?

    Inscricións:

    Dende o 14/01/2019 ata o 24/01/2019

  • Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos

    Cando:

    Dende o 02/03/2019 ata o 09/03/2019

    Inscricións:

    Dende o 21/01/2019 ata o 08/02/2019

  • Axudas complementarias para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos

    Inscricións:

    Ata o 04/02/2019

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?