Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Parlamento Xove 2019

Inscricións:

Ata o 21/01/2019

Requisitos:

  • Alumnado de 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato de calquera centro de ensino de Galicia.
  • Para poder participar é preciso inscribirse por equipos formados por 4 alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato ou 4 alumnos/as de 3º e 4º da ESO, máis un profesor/a responsable que será a persoa coordinadora do equipo. Todo o equipo poderá participar en todas as actividades propostas nos encontros dialécticos, os 4 integrantes do equipo estarán presentes. A maiores, o profesor/a actuará como coordinador/a.
  • Poderán inscribirse un máximo de 48 equipos (24 en cada categoría), outorgándose as prazas por estrita orde de inscrición e facendo unha listaxe de agarda cos centros non seleccionados. Cada centro poderá inscribir dous equipos por categoría, pero o segundo deles será inscrito nunha listaxe de agarda.
  • Durante os debates, o idioma será o galego. 

Remuneración / Dotación:

  • 1º. Viaxe para os/as cinco integrantes do equipo valorada en 5.000 €.
  • 2º. Agasallo a cada un dos/das cinco integrantes do equipo. 
  • Os catro mozos e mozas integrantes de cada equipo gañador e finalista en cada unha das categorías participarán nunha fin de semana de ocio educativo organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
  • O equipo cuxo artigo de investigación fose o mellor valorado: un agasallo a cada un dos/das cinco integrantes do equipo.
  • Os/as integrantes do xurado poden facer mencións especiais daqueles/as oradores/as que lles parezan máis brillantes nas súas execucións. O alumnado distinguido con esta mención recibirá un diploma acreditativo.

Páxina web:

www.parlamentoxove.com

Contacto:

Consellería de Política Social

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º 15781 Santiago de Compostela

Tlfs. 981 545 702, 981 541 689

parlamentoxove.xuventude@xunta.gal

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha a edición de Parlamento Xove 2019. Trátase dunha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán sobre un tema. Realizarase en dúas fases: unha clasificatoria da que xurdirán oito equipos gañadores que se enfrontarán nunha segunda fase: a final.

De xeito paralelo e complementario aos debates, realizarase un campionato de artigos de investigación. Unha vez proposto o tema pola organización, os equipos poderán elaborar dous artigos con posicións opostas: un defenderá a postura a favor e outro defenderá a postura en contra.

Non perdas

  • Tes un proxecto para Nocturnia?

    Inscricións:

    Dende o 14/01/2019 ata o 24/01/2019

  • Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos

    Cando:

    Dende o 02/03/2019 ata o 09/03/2019

    Inscricións:

    Dende o 21/01/2019 ata o 08/02/2019

  • Axudas complementarias para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos

    Inscricións:

    Ata o 04/02/2019

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?