Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Premio "Puchi Award 2019"

Inscricións:

ata o 31/01/2019 ás 22:00 h

Requisitos:

  • Poderán participar as persoas autoras de nacionalidade española ou estranxeira maiores de idade, cunha ou máis obras orixinais e inéditas. Buscan un libro único no seu xénero, incluso un xénero en si mesmo.
  • Poderanse presentar tanto proxectos en curso como obras terminadas, nese caso deberán ser inéditas ou, polo menos, non ser publicadas previamente con ISBN e/ou distribución comercial. Os proxectos deberán acompañarse indistintamente dun pseudónimo ou do nome real da persoal autora (ou dos autores, no caso de obras colaborativas).
  • Cada autor/a ou coautor/a do proxecto deberá presentar:
    • Formulario de inscrición cuberto
    • Currículo Vitae de todos/as os/as autores/as
    • DNI, tarxeta de residencia ou pasaporte
    • Texto descritivo da obra e motivación (máximo 2.000 caracteres con espazos incluídos)
    • Necesidades de produción, se as hai, (máximo 1.000 caracteres con espazos incluídos)
    • Obra terminada ou fragmentos dela en caso de proxectos en curso
  • Os proxectos poderán estar escritos en calquera idioma, aínda que deberá proporcionarse unha tradución provisional ao inglés de polo menos dúas páxinas do traballo. Ademais, o formulario, o currículo vitae, o texto descritivo da obra e motivación e as necesidades de produción deberán presentarse necesariamente en inglés.

Remuneración / Dotación:

A persoa gañadora obterá un premio de 8.000 euros (IVE e outros impostos incluídos, en concepto de anticipo da cesión dos dereitos de edición da obra) máis a publicación da obra, que será distribuída por Fulgencio Pimentel.

Páxina web:

https://www.lacasaencendida.es/

Contacto:

La Casa Encendida

Ronda Valencia, 2

28012 Madrid

Tel.: 902 430 322

puchi@puchiaward.com

Documentos:

Bases completas (613 KB)

La Casa Encendida e a editorial Fulgencio Pimentel presentan a terceira edición do premio Puchi. A convocatoria está aberta a todo tipo de xéneros e formas: ficción, non ficción, novela, poesía, cómic, álbum ilustrado, ensaio, libro de cociña, xeografía… híbridos dos anteriores ou de calquera outro tipo.

Non perdas

  • Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos

    Cando:

    Os días 02/03/2019, 09/03/2019

    Inscricións:

    Dende o 21/01/2019 ata o 12/02/2019

  • Tes un proxecto para Nocturnia?

    Inscricións:

    Dende o 14/01/2019 ata o 24/01/2019

  • Axudas complementarias para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos

    Inscricións:

    Ata o 04/02/2019

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?