Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

73 resultados

  • Xuventude Crea

    Inscricións:

    Dende o 11/09/2024 ata o 10/10/2024

    Cos premios do programa Xuventude Crea, a Consellería de de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, trata de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de contido, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, DJ (disc-jóckey), fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

  • Máis aló da lente

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2024

    A escola de fotografía Fotonistas, xunto a Cultura Inquieta e a ortopedia en liña Ortoweb, lanzan o concurso "Máis aló da lente".

  • XXXII Certame de Artes Plásticas Art Nalón

    Inscricións:

    Ata o 11/10/2024

    O Concello de Langreo, en colaboración co Instituto Asturiano da Mocidade, lanzou a convocatoria do XXXII Certame de Artes Plásticas Art Nalón co dobre obxectivo de fomentar a creación artística dos mozos e servir de escaparate a esa produción. O concurso ten catro modalidades: pintura, escultura, debuxo e gravado.

  • V Concurso María Balteria de Creaciones Artísticas

    Inscricións:

    Ata o 04/10/2024

    A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, dependente da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade, convoca un concurso coa finalidade de darlle difusión, publicidade e visibilidade ao protocolo ante situacións de acoso da UDC a través do deseño dun cartel, vídeo, podcast, microrrelato ou micropoema.

  • XII Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño

    Inscricións:

    Ata o 04/10/2024

    A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC convoca o XII Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño co obxecto de incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de grados e masters.

  • XXIX Concurso fotográfico sobre o Camiño de Santiago

    Inscricións:

    Ata o 03/10/2024

    A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Zaragoza, convoca o XXIX Concurso fotográfico sobre o Camiño de Santiago.

  • Concurso Fotográfico Calendario 2025 #Arteixoémar

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2024

    O Concello de Arteixo convoca o concurso fotográfico #Arteixoémar” para seleccionar as fotografías que ilustrarán o calendario municipal do 2025. A temática desta edición será a relación de Arteixo co mar.

  • Concurso de relatos #díasinolvidables

    Inscricións:

    Ata o 22/09/2024

    Zenda Libros, en colaboración con Iberdrola, organiza o concurso de relatos #díasinolvidables sobre o tema da volta ao cole, co obxectivo de promover a escritura achega do recordo duns anos inesquecibles para nenos e maiores.

  • Concurso de relatos "#HoxeEscriboEn 2024"

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2024

    (prazo ampliado)

    A Biblioteca Provincial e a Sección de Turismo da Deputación da Coruña convocan a edición 2024 de #HoxeEscriboEn, o cuncurso de microrrelatos que ten como obxectivos fomentar o talento creativo e a difusión do patrimonio dos concellos da provincia da Coruña.

  • IX Certame de fotografía e outras expresións gráficas contra as violencias machistas

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2024

    A Deputación de Albacete convoca o IX Certame de fotografía e outras expresións gráficas contra as violencias machistas, cuxa finalidade é recompensar aqueles traballos que mellor contribúan á información e sensibilización para a erradicación de calquera forma de violencia contra mulleres.

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión