Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Título Oficial de Inglés "That´s English"

Nivel de estudos
Ensinanzas de idiomas
Información xeral

That’s English é o primeiro curso de Inglés do Ensino Oficial de Idiomas a Distancia, creado polo Ministerio de Educación, en colaboración coa BBC inglesa e TVE, coa participación das Comunidades Autónomas. É o único curso que che permite alcanzar os Certificados de Nivel Básico e Nivel Intermedio da Escola Oficial de Idiomas.

Funcionamento: Proporciónase material didáctico para mellorar o nivel de comprensión (libros, cadernos de actividades, CD’s, DVD’s) que inclúen as diferentes unidades de traballo relacionadas cos programas de TV e os exercicios de aplicación e autoavaliación. A través de titorías semanais, nas EOI practicarase inglés e recibirase o asesoramento dun titor ou titora. Ao terminar cada módulo, realizarase unha proba presencial para comprobar os progresos. 

Requisitos

Cumprir os 16 anos de idade antes do 31 de decembro do ano no que pretende matricularse, ou ser maior de 14 anos e non cursar inglés na ESO.

Opcións de acceso:

  • Acceder ao nivel básico I. Para iso simplemente deberá formalizar a súa inscrición.
  • Acceder ao curso que lle corresponda de acordo cos estudos cursados previamente, na modalidade presencial.
  • Poderase acceder ao 1º curso do nivel intermedio se está en posesión do título de Bacharel, sendo o inlgés o idioma cursado como primeira lingua estranxeira.
  • Realizar a proba VIA para acceder directamente aos niveis Básico II, Intermedio I ou Intermedio II. V.I.A. é unha proba que permite acreditar os coñecementos que a persoa posúe e incorporarse, de acordo con eles, ao curso que lle corresponda.
Plano de estudos

9 módulos, integrados en dous niveis: básico e intermedio ( pódense cursar en 4 anos).

*No paso dun nivel a outro, poderase realizar unha proba que será a que outorgará o certificado correspondente (básico ou intermedio), é dicir:

  • Superado o módulo 5 proba específica, o certificado do Nivel Básico.
  • Superado o módulo 9 proba específica, o certificado do Nivel Intermedio.
Observacións

A inscrición realízase nas Escolas Oficiais de Idiomas.

Máis información

Web www.thatsenglish.com ou teléfono de información 902 30 41 30

Nos centros onde se oferta:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión