Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Formación profesional básica

A Formación Profesional Básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais  de duración variable.

Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.

Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

CONDICIÓNS DE ACCESO:

  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
  • Ser proposto/a polo equipo docente.
  • Consentimento na nai, pai ou titoras/es legais.
  • Ter cursado o 3º curso da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado o 2º curso.

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

TITULACIÓNS:

Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

Éste título permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio (o perfil de cada título indica os ciclos de grao medio con preferencia de acceso).

Adicionalmente, até a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, as persoas que obteñan un título de formación profesional básica poderán obter o título de educación secundaria obrigatoria (ESO) sempre que, na avaliación derradeira do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzaron os obxectivos desta e adquiriron as competencias correspondentes.

ONDE PODES CURSAR UN CICLO FORMATIVO BÁSICO:

Nas seguintes ligazóns poderá consultar a oferta de ciclos formativos de réxime ordinario dos centros públicos e aqueles ciclos concertados dos centros privados (grao profesional básico = CB*****) para o curso 2017-2018:

Resumo Ciclos Básicos de FP e oferta na Coruña (246 KB)

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?