Cult-movies ano 5
Para público en xeral
Dende o 05/07/2017 ata o 27/07/2017
Xa rematou
mércores e xoves ás 22.30 h
* Pídese puntualidade (unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala)
3´00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2´00 euros)
* Para acceder aos descontos é necesario presentar o documento que acredite ser beneficiario del.
981 184 293
O quinto ano de "CULT MOVIES" trae unha novidade importante: as sesións pasarán a proxectarse no seu formato orixinal analóxico, en 35 mm, polo que o son do proxector acompañará as persoas espectadoras mentres gozan dunha experiencia máis sensorial, táctil e verdadeira. E para celebrar a efeméride e este cambio de formato, podemos afirmar que este é o programa máis ambicioso de Cinenterraza ata a data: o Fórum Metropolitano converterase durante o mes de xullo nun verdadeiro lugar de peregrinación para as persoas cinéfilas coa proxección de varios dos títulos máis míticos dos anos 60, 70 e 80.
Desde a obra máis aterradora de Roman Polanski ata a mítica Blue Velvet de David Lynch, o ciclo brindaranos a oportunidade de revisionar en todo o seu glorioso esplendor o cinema de mestres como Sam Peckinpah, Jean-Luc Godard, Martin Scorsese ou Francis Ford Coppola, ademais de descubrir (ou redescubrir) auténticas xoias como Elvira Madigan ou Tulitikkutehtaan tyttö. Películas descomunais que gozaremos baixo a luz das estrelas no noso vestíbulo de cristal, e acompañados dun grupo de invitados/as do mundo do cinema, a fotografía, o cómic e a arte en xeral cos que charlaremos unha vez finalizada a proxección.
Benvidos á lenda.
Javier Trigales
VENDA DE ENTRADAS:
- VENDA EN DESPACHO DE BILLETES: media hora antes de cada proxección (só se quedan entradas dispoñibles)
- VENDA ANTICIPADA: na conserxería do Fórum Metropolitano, de luns a xoves de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible