O Planetario da Casa das Ciencias acollerá entre abril e decembro do 2018 un ciclo de espectáculos de música electrónica
Para público en xeral
Os días 06/04/2018 ás 21:00 , 06/07/2018 ás 21:00 , 19/10/2018 ás 21:00 , 21/12/2018 ás 21:00
Xa rematou
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Unha experiencia que busca levar a audiencia a través dunha viaxe visual e sonora polo espazo, máis aló do noso planeta.
Historicamente os planetarios foron espazos abertos á experimentación e ao encontro interdisciplinar de diferentes iniciativas culturais. Neste sentido, Vortex-The Seasons é unha aposta para lle achegar ao público a interesante comuñón entre a música electrónica de corte experimental e a visualización de imaxes proxectadas sobre a cúpula do Planetario.
O ciclo contará con catro sesións, a primeira das cales realizarase o 6 de abril e presentará unha variedade de artistas e creadores musicais e visuais que compoñen pezas para esta idea singular de viaxe espacial.
O programa é o seguinte:
As sesións serán de 21.00 a 22.00 horas no Planetario da Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarida da Coruña
Entradas
Para asistir a estes espectáculos é preciso mercar unha entrada, de 4 euros.
Para comprar a entrada hai que reservala a través deste formulario electrónico.
A capacidade é limitada, con 70 prazas. Recomendado para persoas maiores de 10 anos
VORTEX-THE SEASONS 2018 conta coa colaboración de Space Food Company.
FATFISH
É un inquieto coleccionista de vinilos e DJ que destaca pola súa paixón cara a innumerables estilos, subestilos e demais mutacións da música de vangarda en xeral, desde a electrónica experimental ata a clásica. Participou en numerosos eventos por todo o país (tamén no estranxeiro) así como nos clubs máis representativos da escena underground desde os seus comezos como DJ a comezos dos noventa.
ACID FUTURE OVERDOSE
É o alias de Flavio Martín aka Ideograma aka DjF cando produce ou cando pincha. Trátase dun veterano artista da escena madrileña desde finais dos anos 80; actualmente traballa e é socio das tendas de música Is The Place e Recycled Music Center. Tamén dirixe o selo independente Prayers For The Long Life ademais de publicar noutros como Harmless Dead, Titan`s Halo, Area 51, Eleve, Freebeat, entre outros.
ARCANOID
É o alias de Luis Cantalapiedra aka dj Muerto, produtor e dj de Madrid de contrastada e dilatada carreira; actualmente reside en Donosti, onde traballa vinculado á formación musical. A súa carreira como produtor abarca diferentes estilos e está ligada aos sons analóxicos e inspirados no techno, electro, a IDM e a música electrónica experimental en xeral. Publicou en numerosos selos independentes tales como Semántica, Transhuman, Tabernacle, Caústica Waveform así como no seu propio selo Odio.
DVSV
É o aka de Diego Vila, DJ coruñés dedicado principalmente á música electrónica experimental, ao ambient e á IDM. As súas sesións tenden cara a unha marcada natureza ambiental e cinemática. Busca recrear unha atmosfera temporal única construída a base de capas nas que adoitan prevalecer as texturas sonoras sobre o ritmo.
J. OTADUY aka Yudato
É un artista visual coruñés cuxo arte é unir a mecánica coa mística (cinemista) e influenciado polo artista granadino José Val del Omar. É licenciado en realización e montaxe cinematográfica e está interesado na obra sen fin, nos desbordamentos dos formatos e duracións. A definición non procede da RAE, senón do director de cinema e inventor José Val del Omar quen, baixo outro dos seus moitos neoloxismos, soubo unir dous conceptos tan dispares como a mecánica e a mística. O artista referíase ao universo das máquinas, creado ao longo da súa vida desde unha actitude mística coa que tamén se enfrontaba á realidade, buscando ver máis aló da inmediatez que ofrece a tecnoloxía.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible