Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
>> AVISO | ABERTA SÓ CON ACCESO Ás SESIÓNS DE PLANETARIO E CON RESERVA PREVIA. MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ.
A Casa das Ciencias é un museo interactivo, do servizo municipal Museos Científicos Coruñeses, que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985.
Situada nun palacete dentro do parque de Santa Margarita, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.
EXPOSICIÓNS
>> AVISO | Non está dispoñible a visita libre polas salas de exposicións, debido á situación sanitaria actual <<
> CEOS GALEGOS
A exposición fotográfica Ceos galegos presenta unha colección de fotografías do ceo nocturno e diúrno tomadas en diversos enclaves galegos.
> FÍSICA EN ACCIÓN
Xoga, sente, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro piso, e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas, senón facerse preguntas: ¿pode baixarse unha costa cara arriba?, ¿como se moven as dunas?, ¿que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?
> PURO SWING
A exposición Puro swing é unha colección de quince módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Súbeche a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descobre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
> A ASTRONOMÍA COMO CHA CONTAN
A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.
> PARQUE
As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarita. Proba a mover unha bóla de granito de 1500 quilos cunha soa man ou sentar xunto a unha maceira clónico do de Newton, o que lle inspirou para descubrir a lei da gravidade.
PLANETARIO
>> AVISO | Para asistir a unha sesión de Planetario é preciso reservar entradas <<
Viaxa polo espazo e o tempo; aprende a mirar o ceo por ti mesmo; e descobre todo o que esconde o firmamento. Na escuridade do Planetario asoman as estrelas visibles a primeira ollada, a Lúa e os planetas. Os programas de astronomía e achéganas sesiones en directo o universo a todos os públicos.
CARTELEIRA
11.00 h. «Da Terra ao universo». Para maiores de 10 anos. Galego.
13.00 h. «Más allá del Sol». De 6 a 12 anos. Castelán.
16.30 h. «El cielo de Cloe». De 4 a 6 anos. Castelán.
18.00 h. «Lévame á Lúa». Para maiores de 10 anos. Galego.
Os menores de 4 anos non poden acceder ao Planetario.
HORARIO
>> AVISO | O acceso á Casa das Ciencias está limitado á asistencia ás sesións de Planetario <<
> INVERNO (xaneiro e febreiro)
Luns a venres: 10.00 h. a 18.00 h.*
Sábados, domingos e festivos: 11.00 h. a 19.00 h.*
*O acceso péchase 15 minutos antes.
1 e 6 de xaneiro: pechado.
> PRIMAVERA (marzo a xuño)
Luns a domingo: 10.00 h. a 19.00 h.*
*O acceso péchase 15 minutos antes.
> VERÁN (xullo e agosto)
Luns a domingo: 10.00 h. a 20.00 h.*
*O acceso péchase 15 minutos antes.
> OUTONO (setembro a decembro)
Luns a domingo: 10.00 h. a 19.00 h.*
24 de decembro: 10.00 h. a 14.00 h.*
31 de decembro: 10.00 h. a 14.00 h.*
*O acceso péchase 15 minutos antes.
25 de decembro: pechado.
ENTRADAS
>> AVISO | Só é posible asistir a sesións de Planetario con reserva previa de entradas <<
> Xeneral: 2 euros. Planetario: 2 euros.
> Reducida*: 1 euro. Planetario reducida*: 1 euro.
*Menores de 16 anos; maiores de 65; desempregados, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Novo e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.
> Gratis
> Bono Tres Casas: 12 euros.
> Cartón Venche: 20 euros.
> Cartón Venche Mini*: 10 euros.
*Menores de 14 anos e maiores de 65.
VISITAS ESCOLARES
Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.
Novas relacionadas
Entidades
Preguntas frecuentes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible