Concello da Coruña

Concello da Coruña

THINK AND SHOUT

Marc Quintana

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/05/2017 ata o 22/06/2017

Xa rematou

Horario:

Luns a venres de 10.00 h a 14.00 h e de 17.30 h a 20.30 h.

Sábados de 12.00 h a 14.00 h.

Enderezo:

Espazo Moret Art. Rúa Uruguay 1, bajo. 15004 A CORUÑA

A mostra confórmana unha serie de obras que reflicten unha imaxe urbana e urbanizada do individuo, encadrado sempre en escenarios anónimos cun halo de misterio. Rostros ocultos emerxen de nebulosas de carbón e pastel, entre xestuais trazos con referencias ao street art, o tagging grafiteiro e a indumentaria urbanita. Destaca a coidada composición das súas pezas, que adoitan presentar unha banda monocolor que encadra a escena e espertan a curiosidade da persoa espectadora, nun intento por pescudar o porqué, o contexto, a razón subxacente destes personaxes sen faccións. O caos da contorna contrasta co hiperrealismo dos detalles, e a mestura de técnicas artísticas outorga unha plasticidade sorprendente a estas anónimas figuras, que emerxen de densas fumaredas de po de carbón.

En palabras do propio artista: "A miña obra é unha representación subxectiva da sociedade actual e de como nosa propia evolución está a levarnos á perda de valores, identidade e á deshumanización do individuo. A iconografía urbana invádenos, o insignificante adquire relevancia e a identidade do individuo desaparece aos poucos como consecuencia da nosa evolución."

-----------------------------------------------------------------

Marc Quintana (Tarragona, 1975) vive e traballa en Barcelona aínda que mantén un vínculo moi forte con Galicia. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas, viaxando entre outros lugares a Francia, ao 40ème Salon de Montrouge, París; a EE.UU. coa Gallery International en Baltimore, Maryland ou a Brasil, á Bienal 3000 MAC de Sao Paulo. A súa obra forma parte de importantes coleccións públicas e privadas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión