Concello da Coruña

Concello da Coruña

Citizenfour de Laura Poitras

En xaneiro de 2013, Laura Poitras comezou a recibir correos electrónicos cifrados asinados por un tal "Citizenfour", que lle aseguraba ter probas dos programas de vixilancia ilegais dirixidos pola NSA en colaboración con outras axencias de intelixencia en todo o mundo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 31/05/2018 ata o 02/06/2018

Xa rematou

Horario:

xoves 20:15 h, venres 20:15 h, e sábado 17:15 e 20:15 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

Sesión do espectador (sábado 17:15 h) : prezo único 1,50 €

Contacto:

981 184 293

forum@coruna.es

Documentos:

Programa completo castelán (2 MB)

Programa completo galego (2 MB)

Cinco meses máis tarde, xunto cos xornalistas de The Guardian Glenn Greenwald e Ewen MacAskill voou a Hong Kong para o primeiro de moitos encontros cun home anónimo que resultou ser Edward Snowden. Para documentar as sorprendentes e preocupantes revelacións de Snowden, Poitras viaxou sempre cunha cámara. A película resultante é a historia que se desenvolve ante os nosos ollos neste documental.

Con: Edward Snowden e Jacob Appelbaum

Alemaña, 2014 - 114 min (VOS en castelán)

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS

VENDA DE LOCALIDADES

Venda anticipada: na conserxería do Fórum, de luns a veres de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h; sábados de 10.00 a 13.00 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión