Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Mayúscula - 24 de marzo

Última xornada de Coruña Mayúscula cunha homenaxe a José Saramago e teatro: "¡Al carajo la poesía!"

Cando:

24/03/2013 ás 23:00

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Documentos:

folleto.pdf (1 MB)

19.30 h. Diálogo
Homenaxe a José Saramago. Pilar del Río, viúva do autor e tradutora das súas últimas obras, repasará xunto a Carmen Becerra a traxectoria de José Saramago, autor e persoa. O Festival CoruñaMayúscula quere, na súa segunda edición, render homenaxe a José Saramago, un autor que cultivou a prosa, a poesía, o ensaio e cuxa obra foi traducida a multitude de idiomas e transformada en innumerables formatos.

20.30 h. Teatro
"¡Al carajo la poesía!" Unha obra de teatro da compañía Raízde4teatro que mostra o fascinante mundo das palabras, do ritmo e da estrofa, para atoparlles outros sentidos, outras formas de dicir, outros modos de escoitar. Dous actores interpretan, reinventan, recrean, achegan a poesía á vida ou a vida á poesía, buscando recuperar o pracer da palabra escrita, lida ou escoitada. Atrapan a palabra e lévana ao seu terreo: ao teatro.

A compañía Raízde4teatro foi fundada no 2009 por Carmen Castrillo, Luis Oliver e a directora Marieta Monedero, despois de coincidir en diversos espectáculos e compañías. E naceu para poñer en marcha unha proposta de traballo da directora arredor da palabra, que se concretou no 2010 no espectáculo “¡Al carajo la poesía!”.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión