Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de abril de 2018

Os Museos Científicos outorgan a estudantes de Primaria e Secundaria o XIX Premio Luís Freire, “que promove a investigación científica entre os e as máis pequenas”

Un proxecto para averiguar se os caracois de xardín poden seguir rastros de comida e unha investigación sobre a aplicación dos métodos de ensino gregos ás novas tecnoloxías obtiveron os primeiros premios nas dúas modalidades deste galardón

Un proxecto para averiguar se os caracois de xardín poden seguir rastros de comida, e unha investigación para estudar a eficiencia da combinación do método de ensino clásico grego coas novas tecnoloxías obtiveron os primeiros premios nas dúas modalidades do XIX Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola, promovido polos Museos Científicos da Cidade. En concreto, o CEIP Vicente Otero Valcarcel, de Carral, obtivo o primeiro premio en modalidade de Ensino Primario polo proxecto Os caracois de xardín son capaces de seguir un rastro de comida?, mentres que na modalidade de Ensino Secundario Obrigatorio, o máximo premio foi para o Estudo da eficacia da mayéutica de Sócrates a través o formato de WhatsApp no ensino das ciencias, do Colexio Plurilingüe San José-Josefinas, de Ourense. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá na final da competición e entrega de premios que se celebrou na Domus, nun acto aberto ao público que congregou a 120 persoas. O edil salientou "a importancia de que os Museos Científicos da cidade non só sexan espazos de saber, senón que tamén promovan entre os e as máis pequenas o pensamento crítico, a divulgación científica e o interese pola investigación".O premio, no que colabora tamén a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, pretende fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas nos e nas escolares e  valora especialmente a orixinalidade, o rigor nas investigacións e proxectos e o sentido crítico, a curiosidade e a constancia que demostre o alumnado. En Primaria, o CPI Castro Baxoi, de Miño, fíxose co segundo premio, co proxecto Xerminan en tempo similar as cebolas plantadas simultaneamente pero en posicións distintas?, mentres que o terceiro premio foi para o CEIP Valle Inclán, do Grove, por Xermes. Non podemos vivir con eles, pero, sen eles tampouco?. No apartado de Secundaria, pola súa banda, o segundo premio foi para Afectan os incendios ao banco de sementes? do IES Carlos Casares, de Viana do Bolo, mentres que o terceiro recaeu no Colexio Obradoiro, da Coruña, por Como inflúen as distintas concentracións minerais dos fertilizantes no crecemento da Viola X wittrockiana?.O xurado que escolleu os proxectos gañadores estivo presidido polo xefe de produción dos Museos Científicos, Manuel Miramontes, e contou coa presenza da profesora de Educación Primaria María del Carmen Fernández de Castro, o profesor de Educación Secundaria Xacobo del Toro, a profesora da UDC Luisa María Segade e a membro da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias Manuela Méndez Baneira. O secretario foi o director dos Museos Científicos, Marcos Pérez Maldonado.Os premios para os e as finalistas son aparellos tecnolóxicos e, no caso das aulas de Primaria finalistas, visitas especiais ao Aquarium. Os traballos gañadores se presentarán, ademais, na feira científica Galiciencia, que se celebra en Ourense.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión