Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de cinema para todos

Impartido por Iñaki Arrubla (Cine accesible)

A quen vai dirixido?:

Dirixido a persoas interesadas na accesibilidade no cinema, e que queiran coñecer de forma xeral en que consisten os procesos de audiodescrición e subtitulado para espectadores cegos e xordos respectivamente.

Cando:

30/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/09/2014 ata o 21/10/2014

Horario:

De 10.00 a 14.00 h.

Duración:

4 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto con inscrición previa (prazas limitadas).

Requisitos:

Enviar o formulario de inscrición a corunafilm@coruna.es antes do 21 de outubro.

Documentos:

Formulario de inscrición (209 KB)

O taller está estruturado en catro partes:

1ª PARTE

  • Que é a accesibilidade no cine?
  • Exposición e historia do proxecto Cine accesible.
  • Introdución ao subtitulado para persoas xordas e á audiodescrición para persoas cegas.
  • A norma de subtitulado UNE 153.010
  • A norma de audiodescrición UNE 153.020

2ª PARTE

  • A audiodescrición: Visionado e análise da obra, creación do guión, revisión do guión, locución e montaxe, revisión final.
  • Técnicas de audiodescrición: Que se audiodescribe? Como se audiodescribe? Canto se audiodescribe? Os xéneros, a velocidade, os silencios, as elipses… Descrición de personaxes. A música e os efectos sonoros. Créditos iniciais e finais.

3ª PARTE

  • Prácticas cos alumnos.
  • Visionados de secuencias de aproximadamente de 3 a 5 minutos.
  • Audiodescrición dunha secuencia por parte do alumnado.

4ª PARTE

Correccións das prácticas, explicacións e conclusións.

 

Iñaki Arrubla é socio fundador da produtora “Navarra de Cine S.L.”, dedicada á produción cinematográfica e audiovisual. Ademais, é xefe de prensa do Festival de Cine de Pamplona (Iruñeko Zinemaldia) e responsable de adaptación de películas no proxecto Cine accesible®: produción de accesibilidade (audiodescrición e subtítulos de cores) para películas de estrea para cine e DVD. Tamén traballou como crítico de cinema en numerosos medios de comunicación.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión