Concello da Coruña

Concello da Coruña

Elaborar un mapa acústico: comparacións entre un espazo non degradado e un espazo ruidoso 2023-24

Actividades na aula: obradoiro. Duración aproximada: 60 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer que é o ruído. As distintas percepcións do mesmo. Diferenzas entre xeracións, países e cidadáns.
  • Coñecer cando o ruído é completamente insán.
  • Chegar a un consenso a respecto do ruído na cidade

Contidos

Os distintos indicadores técnicos sobre o ruído determinan cando o ruído é intolerable e supón un prexuízo vital evidente, degradando a nosa saúde. A respecto diso hai un consenso científico e unhas medidas aprobadas polos gobernos, institucións internacionais políticas e científicas. Repasaremos estas cuestións e coñeceremos a realidade da nosa cidade que plasmaremos no noso mapa de ruído.

Desenvolvemento da actividade

Os mapas de ruído son bases técnicas sobre as que abordar as políticas de saúde atmosférica na parte acústica do problema. Como se elaboran e realizar o noso, a partir de distintos indicadores servidos na aula, será a tarefa a desenvolver neste obradoiro.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Recursos materiais:

Follas de indicadores de decibeles, fichas técnicas, planos, situacións de puntos quentes nos distintos barrios...

Aula, pantalla de proxección, computador portátil, proxector LCD, fichas e táboas de comparativas, mapa urbano e de barrios.

Programas relacionados

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión