Concello da Coruña

Concello da Coruña

Traballo de campo 2023-24

Obradoiro práctico. Duración 180 minutos. Práctica no Lugar de Importancia Comunitaria Encoro de Abegondo-Cecebre.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Obter os datos que permitirán levar adiante o experimento deseñado
  • Coñecer un método de captura científica para o estudo das aves

Relación co currículo escolar

Consolidar o método científico como ferramenta habitual de traballo e co deseño experimental, a interpretación de datos e a resolución de problemas

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

Instalarase un grupo de redes para a captura e anelamento científico de aves. Unha vez capturadas procederase a identificar a especie por medio de guías e á toma dos datos necesarios (lonxitude do á, peso, placa incubatriz...) para o experimento. A sesión de campo desenvólvese no Lugar de Importancia Comunitaria do Encoro de Abegondo-Cecebre

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contacto:

Puertas Afuera Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Recursos materiais:

Redes e material de anelamento. Claves, guías e fichas de identificación. Ficha de datos.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión