Consideramos prioritario na formación ensinarlle ao alumnado a reflexionar sobre as consecuencias de condutas imprudentes coa finalidade de sensibilizalo sobre a realidade que supoñen os accidentes de tráfico e, deste xeito, que chegue a asumir compromisos de comportamentos viarios apropiados.
Policía Local
Complementaria
Só da Coruña
Alumnado de ESO, BACH e FP
Ordenador con proxector e reprodutor de vídeo
Dende o 20/10/2023 ata o 15/06/2024
Ver as condicións xerais do programa
Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023
Inscrición para os centros
Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"
Das 9.00 ás 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos
Os grupos de idade que abarcan estas dúas etapas educativas, secundaria e formación profesional, comprenden aqueles considerados polas estatísticas como "grupos de risco". Tendo en conta os aspectos psicolóxicos e as características desta idade (etapa de autoafirmación, inestabilidade emocional, exhibicionismo, pouca experiencia na condución de ciclomotores, gran capacidade para asumir riscos sobre todo condicionados por estímulos externos como o grupo de amizades...) a nosa intervención vai dirixida a conciencialos para evitar estas condutas de risco. Por iso, centrámonos principalmente na transmisión de valores de prudencia, protección e convivencia dende o respecto á normativa e ás demais persoas.
O noso discurso nestas idades está na liña de relacionar a conduta cívica e a conduta viaria, tal e como o aseveran estudos psicolóxicos. É dicir, quen ten unha conduta cívica en todos os ámbitos da convivencia (no barrio, coa veciñanza, á hora de respectar as ordenanzas de limpeza, de horarios...), estes estudos refutan que a dita conduta correlaciona coa conduta viaria, e por tanto, isto tradúcese nunha redución significativa da sinstralidade neste grupo de poboación. Deste xeito, nas nosas clases de educación viaria tratamos tamén temas como o botellón e a transcendencia que determinadas condutas como as desfeitas no mobiliario público e privado ten con respecto ao resto da poboación.
Coordinador da actividade de Educación Viaria: Diego Someso Anguita
Policía Local - Concello da Coruña.
Tfno.: 981 184 200 Ext.: 88059
Enderezo de correo electrónico: ds.anguita@coruna.gal
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible