Concello da Coruña

Concello da Coruña

Educación viaria coa Policía 2023-24

O programa de Educación Viaria do Concello da Coruña, é unha actividade dirixida e realizada pola Policía Local da nosa cidade. Procura mellorar a seguridade viaria dos escolares mediante unha formación adecuada e adaptada ás necesidades e diversidade dos grupos, destacando a transmisión de valores e actitudes de condutas cívicas, e por tanto, viarias.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP, e EE.

Obxecto:

  • Aprender coñecementos relativos ao tráfico adaptados a cada idade: sinais, normas...
  • Adquirir hábitos correctos relacionados coa seguridade viaria como peóns, pasaxeiros de vehículos a motor ou ciclomotores e como condutores de bicicletas.
  • Coñecer a contorna urbana e arredores do seu centro educativo.
  • Tomar conciencia dos riscos de condutas imprudentes no tráfico.
  • Reflexionar sobre a mobilidade sostible: a contaminación medioambiental e acústica provocada polo tráfico.
  • Achegar a figura da policía local como alguén próximo que lles ensina a moverse pola cidade de xeito seguro.

Todas as persoas somos usuarias das vías públicas. O tráfico e a nosa mobilidade en xeral, ben como peóns, condutores ou pasaxeiros, é unha das vantaxes do progreso, pero aínda temos que traballar para minimizar os inconvenientes que tamén leva: as vítimas por accidentes e a deterioración ambiental.

A Policía Local, é a organización profesional e pública con formación especializada en tráfico e mobilidade, así como os únicos con competencias neste ámbito dentro do centro urbano, por tanto, a lei encoméndanos unha das funcións máis importantes: a prevención. A Educación Viaria é a mellor prevención que existe, así o demostran as estatísticas, xa que os países con menos sinistralidade son os que máis esforzos dedican a formación en Educación Viaria. Por isto, dispoñemos dunha policía con formación en psicopedagoxía que se encarga do deseño e implementación dos programas de Educación Viaria dirixidos ao alumnado da nosa cidade. Estes programas están deseñados para adaptarse ás necesidade e diversidade dos grupos. Buscan o fundamento dunha mellor Seguridade viaria para todos e todas.

Dispoñemos de varias modalidades en función das idades dos grupos:

  1. "Charlas de sensibilización" para alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.
  2. "Coruña móvese in-diferente" para asociacións e centros educativos de persoas con diversidade funcional.
  3. "Os parruliños coñecen a rúa" para alumnado de Educación Infantil de 3 a 5 anos.
  4. "Multa ou flor" para alumnado de Educación Primaria.
  5. "Rodando pola cidade de cristal" para alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e alumnado da ESO.
  6. "Visitas guiadas á Sala de Control Semafórico" para todas as idades.

Condicións do programa

É un programa flexible, que se pode adaptar ás limitacións horarias dalgúns cursos ou centros.

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Contacto:

Servizo municipal de Policía Local

Diego Someso Anguita

Tfno. 981184200 Ext.: 88059

Móbil: 673 066 007

ds.anguita@coruna.gal

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión