Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña móvese in-diferente 2023-24

Actividade para persoas con diversidade funcional

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Horario:

Das 9.00 ás 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos

Obxecto:

  • Mellorar a súa autonomía para desprazarse con seguridade pola cidade.

  • Desconfiar de persoas estrañas.

  • Relacionar a educación viaria co tráfico e a Policía Local.

  • Recoñecer a figura da Policía Local como persoas próximas da súa contorna nas que poden confiar.

Dado que entendemos que a estes colectivos se lles deben facilitar todos os medios posibles para que poidan acceder á comunicación, e así conseguir unha maior integración social e un avance individual para o desenvolvemento da súa personalidade, desde a Sección de Educación Viaria da Policía Local da Coruña propuxémonos o obxectivo de colaborar neste proceso de mellora da súa autonomía.

A psicopedagoga destinada nesta sección deseñou unha presentación con pictogramas e contidos adaptados, en sistemas alternativos e aumentativos de comunicación ( SAACs).

Actividades:

  • Presentación e exposición das funcións da Policía Local, procurando a interacción do grupo nunha charla aberta onde poidan preguntar ou contar as súas vivencias.
  • Visionado dos vídeos de educación viaria.
  • Comentarios guiados sobre os vídeos expostos.
  • Lentes de simulación de alcoholemia.

Cando:

Dende o 20/10/2023 ata o 15/06/2024

Ver condicións xerais do programa

Inscricións:

Dende o 15/09/2023 ata o 15/10/2023

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Contacto:

Coordinador da actividade de Educación Viaria: Diego Someso Anguita

Policía Local - Concello da Coruña.

Tfno.: 981 184 200 Ext.: 88059

Enderezo de correo electrónico: ds.anguita@coruna.gal

Recursos materiais:

Proxector e reprodutor de vídeo

Documentos:

Coruña móvese in-diferente (842 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión