Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cóxegas 2023-24

O programa Cóxegas é unha proposta que dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante o mes de setembro.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, matriculados en centros públicos do Concello da Coruña.

Esta oferta de actividades exponse en función dos seguintes tramos de idade:

  • Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)
  • Educación Primaria (de 1º a 6º curso).

Horario:

De luns a venres, de 16.00 a 18.00 h.

O horario de asistencia neste programa será o elixido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17.00 h (si a saída, a condición de que o participante teña marcada esa opción na inscrición).

Prezo / Custo:

15 € por participante

Obxecto:

  • Ofertar unha vía de conciliación familiar no propio centro educativo.
  • Afianzar hábitos e normas de comportamento en convivencia.
  • Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas adecuadas a cada idade

Cando:

Dende o 11/09/2023 ata o 29/09/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/09/2023 ata o 05/09/2023

Inscrición en liña na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Contacto:

Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos da Coruña

Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel. 981 202 002

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel: 981 184 200 ext: 10259

Requisitos:

Necesítase un mínimo de 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20, desdobrarase o grupo.

Os centros asignarán os espazos necesarios para o desenvolvemento do programa.

Recursos materiais:

ENTIDADES

Centros públicos de Ed. Infantil e Primaria pertencentes ao Concello da Coruña.

Programas relacionados

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión